NOVA FANTASIA | Ad Litteram » Terror

O Corvo
Calificación:

Edgar Allan Poe

Urco Editora. Col. Gótica (2007)

O que se pode comentar dun clásico agás suliñar a súa nova publicación? Pois pouca cousa. Este libriño, case un folleto, é o primeiro esforzo da Urco Editora por atraer o galego ao xénero fantástico, un esforzo que habería que considerar titánico tendo en conta as actuais tendéncias que seguen a encadrar mesmo un poema coma este nun suposto pero inexistente xénero infanto-xuvenil, ou “de aventuras” para rapaces.

Esta edición conta co incentivo de ser bilíngüe, polo que non hai ren que temer ao respeito de perdas na tradución, sempre complicada no caso da poesía. The Raven é un poema narrativo, publicado por primeira vez en 1845 polo mestre do terror Edgar Allan Poe. A súa musicalidade, a súa linguaxe estilizada e a súa atmosfera sobrenatural axiña convertírono nun clásico irrepetíbel.

Nel nárra-se a história dun misterioso corvo que visita a un home que ven de perder á súa muller e que está preto da loucura por este motivo. O corvo entra na súa habitación e pon-se a repetir unha e outra vez a frase “Nunca mais” (Nevermore).

O poema foi axiña reeditado, parodiado e ilustrado por autores da talla de Gustave Doré ou Édouard Manet (no caso que nos ocupa, por Doré) e converteu-se nun dos máis famosos xamais escritos en calquera idioma. No número 5 de NOVA FANTASIA (verán de 1998) xa fixeramos unha ampla análise e reportaxe verbo dun dos clásicos que non poden faltar nos andeis de calquera que se prece afeccionado á fantasía, así que alí vos remitimos por se ainda desexades máis información.

Charlie
Calificación:

Fran Morell

Edicións Kékeres, 2001

Idioma: Español

Ao acometer unha crítica literaria, el é preciso reparar no público ao que vai dirixida e fixar un obxectivo a transmitir a partir da lectura e análise da obra. Teño ante min a difícil tarefa de facer un comentario sobre unha novela do editor da revista na que vou publicar. Isto implica un primeiro lector da máxima relevancia que o vai someter a atención particular, pois que ten parte no asunto a tratar. E tamén que outros lectores poden entender que hai un certo condicionamento a favor, pois que o editor examina e acepta, ou non, o artigo. Certamente, este é un comentario laudatorio. E por iso, máis difícil vai ser convencer os lectores da miña obxectividade, independentemente do lugar de publicación ou do coñecemento previo que o comentarista ten do autor.

Velaquí os meus obxectivos principais conforme a unha segmentación dos lectores:

1. Demostrar o interese da novela e animar a lela a quen o non fixo.

2. En segundo lugar diríxome ao lector habitual de Nova Fantasía, cuns gustos e preferencias por determinados xéneros literarios. Probablemente unha boa parte teña lido xa a obra, así que con este comentario pretendo contrastar opinións con outros lectores. Se cadra acaba sendo un modo de coñecer pareceres, aspectos da novela que chamaron particularmente a atención. Os seus comentarios son moito benvidos.

3. Finalmente, teño en conta que o propio Fran Morell me vai ler, así que un outro obxectivo é que o autor considere a posibilidade de continuar o relato que comezou, aportando maiores datos e ofrecendo solucións ás diversas liñas de intriga.

Quixer, para comezar, lembrar un elemento que me parece importante no tocante a Fran Morell. Eu particularmente coñezo o seu traballo asociado ao mundo da aventura gráfico-conversacional: O día despois -había versión castelán que, por certo, fora seleccionada daquela para un concurso de aventuras en español- ten, para min, unha lembranza especial dentro dos xogos daquela época (hai 17 anos, coido): pertencía ao xénero de xogos dos que máis gostaba, estaba en galego e, ademais, tiña unha temática distinta ao predominante mundo máxico, influencia da Aventura Orixinal - a primeira do xénero, distribuída había daquela pouco en español - isto é, era verdadeiramente orixinal dentro da aínda limitada oferta de títulos dispoñibles.

As limitacións gráficas obrigaban a un xogo textual, a descrición de escenarios e obxectos supuñan o principal atractivo. Un certo nivel -básico mais enxeñoso- de diálogo cos personaxes, completaban un modo de contar historias caracterizado pola concisión -non estenderse moito máis do que se podía ler na pantalla- e a non lineariedade -liberdade para moverse e interactuar. Así que o texto e habilidade descritiva do autor eran a principal ferramenta para facer unha aventura atractiva.

Entendo que aqueles exercicios de enxeño influíron no estilo do autor. Os escenarios, personaxes, obxectos da historia na que o lector se vai desprazando (desta volta linealmente), conforman cadansúa unidade, para formaren un todo que permite resolver o puzzle. Non puiden evitar ler Charlie como se, outra vez, estivese a xogar unha aventura. Cando tiven a novela impresa - Fran tivo a deferencia de me enviar o orixinal en versión dixital ben antes de ser publicada - procedín a unha lectura máis completa. Aínda relín transcorridos catro meses, desta volta xa co bolígrafo e folios onde ía anotando características dos personaxes, escenarios e tempo. Charlie conseguira cautivar a miña atención ata o punto de merecer un estudio máis exhaustivo.

Primeiramente hei de dicir que esta é unha novela de doada lectura, con doses de humor negro e intriga que a fan entretida desde as primeiras páxinas. E unha lectura apta para quen busque simplemente entretemento. Non ha defraudar.

Pero hai máis. E dabondo, abofé. Charlie é unha de esas obras que descobre situacións e personaxes de unha realidade á que se permite un acceso privilexiado desde a literatura -ou a arte nas súas múltiples formas- como:

1. modo de coñecemento de aquilo do que non había constancia previa ou

2. compresión do que ten xeito nomais dentro da intuición mais non é aínda sistematizable e menos aínda expresable.

O protagonista, que lle dá título á novela, Charlie, vén presentado como un ser con tendencia á pusilanimidade, sen vontade para exercer os seus dereitos na vida laboral e privada, marcado por unha evocación constante á lembranza de súa nai que lle recrimina, unha vez si outra tamén, o que debe facer, e uns pensamentos de odio e exclusión de todos aqueles que son distintos -pola súa apariencia, o seu modo de ser ou de pensar-. E, el non obstante, o Charlie nomais prentede que levar unha vida acougada e independente. Non ten maiores aspiracións. A acción, de feito, transcorre no momento no que decide refacer a súa vida afastándose do ambiente no que vive.

Un narrador omnisciente selectivo presenta os aspectos máis relevantes da biografía de Charlie ata o momento en que adquire unha vivenda no extrarradio de Nova Iorque e, co protagonista, vai descubríndolle ao lector o seu novo lugar de residencia e os seus habitantes.

O uso de tipografías e formatos distintos aporta claridade e constitúe un elemento distintivo na novela: o estilo directo dos diálogos, o narrador omnisciente e as intercalacións de fontes escritas. Cada un coa súa propia tipografía -ou mesmo tipo pero uso de cursiva no caso dos diálogos. Habería que engadir o uso de paréntese para unha voz que interrompe os pensamentos de Charlie, aportando distintos puntos de vista e dando ordes, como un outro eu, ou un ente capaz de falar directamente desde a mente do personaxe principal. Recoñezo que non estou ao tanto da literatura contemporánea, nin son especialista en literatura, mais gosto de ler, e algo teño lido, e podo dicir que, no que a min respecta, non teño visto un uso tan bo dos tipos e estilos de letra, tan ben feito e tan determinante na propia lectura da novela como desde que, aínda adolescente, lera a Historia Interminable.

E daquela, hai uns elementos de estilo que facilitan e enriquecen enormente a lectura: proporcionan variedade de puntos de vista - contrástase o que se di co que realmente se pensa, creando situacións irónicas de auténtica retranca - e doutra banda permiten, nos momentos de maior intensidade psicolóxica, a determinación da procedencia das voces -da mente de Charlie, dos personaxes externos ou de ambos os dous.

Así el vai sendo presentado todo un grupo de personaxes secundarios caracterizados desde a perspectiva do protagonista, case decote de modo excluínte, carraxento e negativo. A intercalación de pensamentos en estilo directo cobra importancia segundo el vai avanzando a novela: el é o modo de coñecer a psicoloxía de Charlie, en constante contradicción co seu comportamento - aparentemente correcto, mesmo condescendente de máis.

Charlie é discriminado ou rexeitado por diversos motivos: por avaricia, por apatía laboral, por ansia de cartos - do seu caseiro, do comercial inmobiliario, do garda, a bibliotecaria, o sherif, a cociñeira, o director do centro, os seus compañeiros de traballo… todos os personaxes parecen ter algo contra Charlie e de actuaren ao seu favor é pola convenencia que lles ten. Hai unha palabra en galego que entendo designa con precisión certo denominador común do proceder de estes individuos: teima. El é como se lle tiveran teima.

Mais esta teima, aínda supondo unha conxunción de vontades a actuaren na súa contra, descoñecida para Charlie e por tanto tamén para o lector, non é abondo para explicar todo o que acontece.

A parte máis importante da intriga consiste en desnovelar aquilo que é realidade e o que é producto da imaxinación - a metáfora paronomástica, case dou por certo, nalgún curruncho da miña memoria eu estou por dicir, que xa a eu lin de algún autor sen poder precisar cal. Sexa como for, eis que vén moito ao caso por canto o asunto é desfacer o enguedello que produz a novela, seguir o fio ata dar co punto inicial, coa solución, como se do labirinto do minotauro se tratar, como se a novela for verdadeiramente un novelo que nos permite atopar a saída, satisfacer finalmente a ansia de saber, poder explicar, entender o por qué dunha serie de feitos que chamaran a nosa atención.

Acó, nesta obra, acada a sua verdadeira dimensión o sentido de desnovelar presentado suso. De contado prende o interese por descubrir, averiguar, como se formos detectives, nos clásicos do xénero, hai que resolver os puzzles. Agatha Christie, Conan Doyle son os mellores exemplos que coñezo e, xunto coa serie dos tres investigadores, supuxeron tantas horas de lectura agradable na miña infancia que inevitablemente condicionan aínda hoxe en día o meu modo de ler. Nestas novelas vanse presentando os datos de maneira que o lector poida deducir, por medio do razonamento, da lóxica, quen é o culpable - pois que de determinar culpabilidades é que se trata - e a, digámolo así, fonte de satisfacción, iso que produce o disfrute da lectura, (non atopo outro modo de describir o que me estou a referir, aguardo o lector me entenda, vou seguir tentándoo con un par de exemplos máis), o que hai de elevación, de ascensión intelectual, que as obras ben elaboradas poden proporcionar; prodúcese na medida en que a solución sexa o máis inesperada posible. Iso si, e moi importante, deducible a partir dos datos que nos foran presentados. Dáselle ao lector a oportunidade de anticiparse á solución. Desde a miña experiencia particular, ese é o principal atractivo do xénero. Ter a sensación de que como lector un pode averiguar a solución do misterio e, sen embargo, abraiarse da solución do autor. Estaba aí, era tan doado…, pensa un, cando xa rematou o libro. Por iso tamén, supoño, a ampla producción destes autores: cada obra parece que nos dá a chave para entendermos o seu esquema, podermos finalmente acadar a solución na seguinte entrega. Cada novela de Agatha Christie era, para min, pensar que agora, por fin, podía entender, de seguro na próxima había acertar coa solución antes de chegar á última páxina.

Charlie tamén é isto. O lector pode estar certo de que se vai manter a intriga ata a última páxina. Pero hai tamén moitas diferencias co xénero detectivesco / policíaco. Unha vez máis, Fran Morell é orixinal. Digamos que ten de bo do policíaco, o que de mellor hai.

A intriga procede en boa medida da incerteza do lector para determinar con exactitude os feitos, pois ve através de Charlie e ten como únicos elementos de contraste os personaxes que entran en contacto co protagonista ou aquela información que lle chega nas intercalacións de extractos de periódicos, revistas ou o diario do antigo inquilino. Hai un recurso ao soño, os relatos oníricos como modo de aumentar a dúbida - e a posibilidade de explicación racional do que está a acontecer. Progresivamente aumentan as situacións anormais -ou paranormais - de modo que medra a verosimilitude de que Charlie ten alucinacións.

El non obstante, a propia referencia ao paranormal e a dúbida sobre o comportamento dos demais personaxes en diversas ocasións - desde o principio dá a sensación de ocultaren información e xérase ambigüidade sobre a súa veracidade e honestidade - pon o lector no dilema de situar a Charlie como un individuo san de xuízo, víctima de unha situación da que non se acada determinar toda a súa causalidade, inexplicable pero racional.

Existe así outra explicación - outra posible solución - fronte á patoloxía psicolóxica - á que Charlie, finalmente, parece querer renderse - : hai un intento por racionalizar e levar o acontecido ao ámbito do paranormal ou trascendente: os extraterrestres, o home negro, rituais satánicos. “Ellos” en definitiva. O plural de pronome de terceira persoa como significante do indefinible e un uso de maiúscula inicial que lle confire un estatus de amplitude semántica cara ao reverenciable, un tratamento de respeto que en español apenas se lle outorga á pronominalización do divino. Por se for necesario. Deste modo temos diversas solucións posibles, planteadas en distintos momentos da novela, que presentan diferentes alternativas para a resolución do misterio. Utilizando un símil procedente do ámbito televisivo, un Expediente X con varias vías de investigación.

Vaise desenvolvendo a acción ata provocar a dúbida sobre que opción é a máis correcta. O propio Charlie unha vez aceptada a patoloxía como explicación satisfactoria, ten de novo a necesidade de recorrer ao paranormal e, por fin, cando nun acto de desesperación solicita axuda a un deses personaxes aos que desprecia, hai unha posible solución, de constatación, cando menos, da existencia de “Ellos”: a cociñeira fai referencia ao pronome de terceira plural - con maiúscula inicial - sen maiores explicitacións, para xustificar precisamente un comportamento indiferente - e de desprezo - cara a Charlie. Por fin alguén máis que o protagonista atribúe responsabilidades a unha causa esóxena. Como nas mellores novelas de intriga, sabemos que hai efectivamente unha causalidade nos feitos, malgré non podermos determinar a culpabilidade. Mais acto seguido, nun final aberto, excelentemente logrado, de novo a dúbida sobre a realidade, se é certo ou non o que vén de ser escoitado. Unha causalidade endóxena, procedente da mente de Charlie. É o lector quen finalmente debe decidir e buscar unha explicación.

Velaquí, pois, a grande diferencia coas novelas de misterio. Nestas, hai un pacto establecido de que ten que haber solución. De novo eu teño apenas un coñecemento superficial do xénero, e falo por apreciacións persoais froito de aproximacións limitadas, mais paréceme que no terror, e no cinema, si é máis lugar común deixar un final aberto, pero, aínda así, previamente, hai unha solución ben lograda: nas películas de serie B, como estereotipo que son (e polo tanto cos ingredientes fundamentais), os herois (individuos normais, polo regular) logran salvarse e acaban co inimigo, aínda que é lícito, na escena final, se cadra xa despois dos créditos, que un bicho mutante latexe nun curruncho afastado mentres ao fondo a familia ou o que fica dun grupo inicialmente máis numeroso de adolescentes regresa, entre aloumiños e saloucos, á casa-. En Charlie, nin iso. Varias posibilidades sen que se decante por unha solución. Como cota máxima de compromiso, a posibilidade da constatación de que houber efectivamente unha responsabilidade e esta for coñecida por outros personaxes.

Ergo, como conclusión da análise previa: resúltame difícil inserir a novela de Fran Morell dentro dun xénero concreto. Moitas veces é unha premisa á hora de adquirir unha novela, dado que o lector xa sabe o que vai atopar, hai un certo apriorismo de que vai gostar, que o vai entreter, que é do que se trata. Coido que ten o mellor de varios xéneros. E cumpre sobradamente as expectativas de quen se aproxime á súa lectura para, simplemente, ter unhas horas de entretemento. Iso si, non hai final feliz nin unha solución fechada aos variados elementos de intriga. É asunto do lector resolver en por si.

Para finalizar, desexar que haxa unha pronta segunda edición -meréceo- con unha mellor calidade que a presente: na miña soltáronse varias follas de contado, iso tendo tino de non domegar especialmente o exemplar, algo que, por outra banda, gosto de poder facer con certo tipo de libros. Gostaría atopar un epílogo que resolva definitivamente a intriga. Ou mellor, tan pronto ou antes que a segunda edición, unha segunda novela, continuación da anterior, para, definitivamente, termos un final feliz e resolvermos o puzzle. Estou convencido de que boa parte dos que lean esta novela coincidirán comigo, cando menos, neste punto.

Considero que Fran Morell ten dado mostras sobradas tanto da súa calidade como da capacidade para facer unha novela máis longa. Eu é outrosí do meu entendemento estarmos diante dun grande autor.

(Comentário de Afonso Xabier Canosa Rodríguez)

Muerte entre bastidores y otros cuentos macabros
Calificación:

Título orixinal: Death in the Wings

Bram Stoker

Celeste Ediciones, 1999

Español

Para a maioría dos lectores, Bram Stoker (1847-1912) segue aser sinxelamente o home que escribiu Drácula. Esquecen así as súas restantes novelas e o seu longo repoertório de relatos curtos, a maioría deles tan intensos, orixinais e vixentes como a obra que lle deu a fama. Publicados en diferentes revistas ó longo da súa vida e moitos deles totalmente esquecidos e perdidos até que estudosos e eruditos os rescataron recentemente, os contos de Stoker amosan tamén a forte persoalidade do seu autor, as súas habilidades como narrador e a súa obsesión polo extraño, o sobrenatural e esotérico ou, sinxelamente, polo lado máis escuro do ser humán.

Nesta antoloxía, o leitor atopará várias das excursiones de Stoker no terreo do horror, a meirande parte delas inéditas en español: A cadea do destino, história de pantasmas na millor tradición gótica, As almas xemelgas, conto salvaxe e cruel que antecipa a moderna literatura de humor negro, O regreso de Abel Behenna, relato de ambiente mariño cercano ó espírito de Robert Louis Stevenson, Morte entre bastidores, crónica dun sórdido crime que se desenvolve no mundo do teatro e baseada nun suceso real, ou O home de Shorrox, un simpático cadro de costumes cheio do gracexo irlandés e algún que outro detalle macabro.

La casa en el confín de la Tierra
Calificación:

Título orixinal: The house on the borderland

William H. Hodgson

Editorial Valdemar, 1998

Español

William Hodgson é sen dúbida ún dos representantes máis orixinais do que se deu en chamar o “conto materialista de terror”. A abraiante facilidade de Hodgson para recrear atmosferas anguriosas e oprimentes fascinou a H.P. Lovecraft e ós escritores do seu círculo. A propósito desta obra, dicía Lovecraft: “La casa en el confín de la Tierra - quizáis a millor de tódalas obras de Hodgson - trata dun caseirón solitário e temido de Irlanda, que constitúe o centro de espantosas forzas do trasmundo, e soporta o asédio de híbridas e blasfemas anormalidades que xurden de secretos abismos inferiores. Os vagabundeos do espírito do narrador durante ilimitados anos-luz do espácio cósmico e kalpas de eternidade, e a súa asisténcia á destrucción total do sistema solar, son algo case único na literatura fantástica. Polo demáis, ó longo da história ponse de manifesto acapacidade do autor para suxerir horrores vagos e emboscados nun escenário natural“.

Claro que isto é o que dicía Lovecraft, sempre amable en exceso cos seus colegas escritores. A verdade é que a obra ten os seus momentos, pero é aburrida e difícil de lér. Desfasada e só apta para os máis fanáticos lovecraftianos, desexosos de estuda-las orixes do mestre.

La secta sin nombre
Calificación:

Título orixinal: The Nameless

Ramsey Campbell

Editorial Agata, 1988

Español

Barbara sofriu dous durísimos golpes na vida: o seu home morreu dun infarto cando ela estaba preñada e a súa pequena filla Angela foi raptada e asasinada cando só contaba catro anos de idade. O cadavre da nena apareceu destrozado e a identificación, por médio das roupas, foi incerta.

Pouco a pouco, Barbara consegue supera-la súa dóre na actualidade é unha axente literária de éxito, que vive soa e mantén unha boa relación sentimental cun editor. Até que un día… unha chamada telefónica volve altera-la súa existéncia Na distáncia, unha voz asegura ser Angela e di: “Mamá, te necesito“.

A partir dese intre acontecen unha série de feitos misteriosos, como se alguén deixara pistas perversas para inducila acrér que a súa filla inda segue viva. A voz cítaa nunha casa deshabitada na que atá hai pouco, moraba unha secta “sen nome”, coñecida porque practicaba cultos satánicos e cuxos crimes lembraban ós da família Manson.

Edición barata, cheia de erros tipográficos e enormes fallos do traductor, pero que ten o seu interese pola película do ano pasado do mesmo título, que inda que se fixo en España, din que non foi mala de todo. A ver se sae en vídeo. A novela en si, como as deste autor: unha boa ideia orixinal, malos persoaxes, situacións incribles ou imposibles, moita acción tipo “Starsky e Hutch”, e un desenlace estilo “volta de rosca”.

Walkers
Calificación:

Graham Masterton

Warner Books, 1992

Inglés

Non lle levou moito a Jack Reed decedir converte-lo inmenso edifício gótico nun idílico clube de campo para xente refinada.

Pero detrás dos coidadoasamente gravados muros de “The Oaks” xaz un pasado que foi calquera cousa agás idílico. Hai sesenta anos a casa foi un manicómio, casa de sicópatas tolos, tódolos cales desapareceron unha noite, para non seren vistos nunca máis.

Agora as habitacións valeiras proporcionan o eco sen són dos berros dos tolos atrapados dentro dos ladrillos e do xeso, agardando sen descanso a través da labiríntica mansión. E agora o fillo de Jack, atrapado dentro da infernal prisión dos muros, é mantido prisioneiro por Quintus Miller, líder dos tolos.

Quintus leva os asasinos ós muros. Agora, insiste, Jack Reed debe ceibalos, ou o seu fillo morrerá…

La carretera maldita
Calificación:

Stephen King

Tít. Orixinal: Roadwork

Plaza & Janés, 1981

Tradución: Joseph M. Apfëlbaume

Idioma: Español

Barton Daves é un home disposto a non se deixar asoballar polas ruindades do progreso urbán, e inda menos se éste materialízase na forma dunha estrada que pasará por diante da súa casa e mudará a súa apacible existéncia. Así pois, Barton ármase cunha Magnum 44, un fusil dealta precisión e mesmo unha provisión de explosivos (todo o cal é ben doado de acadar no “país máis libre do mundo”), decedido a impedi-la construcción da estrada a calquera prezo.

Escrita baixo o pseudónimo de Richard Bachman, o rei do terror preséntanos unha obra que non ten ren de fantástica, e mesmo pouco de terrorífica. Porque todo o que nos dí resulta ser de actualidade. Un señor que se volve tolo por mor da autoestrada que lle van facer xusto pola metade da súa casa, e que decide proveerse de explosivos para montarse unha esceniña que non é por nada, pero semella unha festa de monxas ó lado doutras cousas que si que aconteceron na realidade, coma aquilo de Waco (Texas), ou mesmamente calquera desas masacres nos coléxios americanos que acontecen día si e día non.

Inda así, e con todo, é unha novela áxil, coma tódalas de King, doada de lér, e que paga a pena descubrir de entre a producción menos importante do mestre do terror, pero que de tela escrito calqueroutro autor, seguramente sería tamén un supervendas.