Capa do libroCalificación:
Títulos: Domes of Fire, La ciudad oculta e Los seres fulgentes
David Eddings
Editoriais: Voyager (1995), Grijalbo (1994)

Ainda que xa non son novidades, traemos á palestra a esta triloxía escrita por ún dos autores máis salientábeis da fantasía a nivel mundial, David Eddings.

Eddings acadou facer-se un nome dentro do mundo do fantástico cunha série de dez libros, a Belgariada, con persoaxes memorábeis, diálogos frescos e acción a tope, pero cun argumento demasiado elemental e non moi orixinal. O seu éxito levouno a crear un novo mundo, cunha triloxía (os Elénios) que tamén resultou un éxito, ainda que non tan grande coma o anterior. A triloxía que vos presentamos hoxe é a do Tamuli, a continuación dos Elénios.

Seguir lendo

Popularidade: 96% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación
Francisco Javier Illán Vivas
Editorial: Nausícaä, 2006

Se a fantasía heróica en xeral e a épica en particular describíron-se decote polos críticos máis asisados coma xéneros pouco desenvolvidos no sentido histórico, La Cólera de Nébulos non será definitivamente a novela que nos faga mudar de opinión. Dende un punto de vista claramente épico, a obra do escritor murciano Francisco Javier Illán Vivas (1958) introdúce-nos na epopéia de dous persoaxes, ún principal (Eleazar) e outro secundário (Eostes), creados coma epígonos do clásico dúo señor – escudeiro, e no que polo tanto as novidades literárias son exíguas.

Eleazar, fillo do deus Nébulos, introdúce-se xunto ao seu compañeiro na terra erma de Chandigarán, por motivos que nos son alleos, e por eses mesmos motivos resulta castigado polo seu pai celestial cunha maldición da que pouco se nos dí, agás que para erguela deberán pasar por unha série de probas. A relación dos feitos é pois a principal e case exclusiva história que se nos narra no libro, nunha edición sorprendentemente boa da Nausícaä.

Seguir lendo

Popularidade: 66% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación Calificación
Fran Morell
Edicións Kékeres, 2001
Idioma: Español

Ao acometer unha crítica literaria, el é preciso reparar no público ao que vai dirixida e fixar un obxectivo a transmitir a partir da lectura e análise da obra. Teño ante min a difícil tarefa de facer un comentario sobre unha novela do editor da revista na que vou publicar. Isto implica un primeiro lector da máxima relevancia que o vai someter a atención particular, pois que ten parte no asunto a tratar. E tamén que outros lectores poden entender que hai un certo condicionamento a favor, pois que o editor examina e acepta, ou non, o artigo. Certamente, este é un comentario laudatorio. E por iso, máis difícil vai ser convencer os lectores da miña obxectividade, independentemente do lugar de publicación ou do coñecemento previo que o comentarista ten do autor.

Velaquí os meus obxectivos principais conforme a unha segmentación dos lectores:

1. Demostrar o interese da novela e animar a lela a quen o non fixo.
2. En segundo lugar diríxome ao lector habitual de Nova Fantasía, cuns gustos e preferencias por determinados xéneros literarios. Probablemente unha boa parte teña lido xa a obra, así que con este comentario pretendo contrastar opinións con outros lectores. Se cadra acaba sendo un modo de coñecer pareceres, aspectos da novela que chamaron particularmente a atención. Os seus comentarios son moito benvidos.
3. Finalmente, teño en conta que o propio Fran Morell me vai ler, así que un outro obxectivo é que o autor considere a posibilidade de continuar o relato que comezou, aportando maiores datos e ofrecendo solucións ás diversas liñas de intriga.

Seguir lendo

Popularidade: 66% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación
Xesús Manuel Marcos
Edicións Xerais, Col. Fóra de Xogo, 2004

Selmo é un rapaz, fillo do gardián da tribo dos Arxinas. Un día a súa aldea é destruída polos valecos, un povo inimigo, axudados misteriosamente polos Alibri, quen até ese intre foran aliados dos Arxinas.

Acompañado por un representante de cada tribo e máis polo seu fiel lobo branco, Selmo terá a misión de pescudar o que aconteceu e de recuperar o Brindo de Ouro, o lendário corno máxico que infunde valor aos Arxinas e que foi roubado na invasión da aldea.

Este argumento é o de O Brindo de Ouro, un libro pertencente ao xénero da Literatura fantástica na súa verquinte máis épica e aventureira, pero dirixida pola Editorial (así o confirma a concesión do Prémio Merlín) a un público xuvenil.

Seguir lendo

Popularidade: 52% [?]




  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...