Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación
Artifex Série Minor 8/9
Escolma de Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago
Español

De Profundis é unha producción que resulta certamente novedosa dentro do panorama fantástico en España, por canto se autodefine como “Antoloxía crítica”. ¿E que sinifica isto? Pois que xunto a cada relato, unha escolma deles que realizan Ramón Muñoz e Juan Manuel Santiago, aparece ademáis unha crítica do autor. Ben, se cadra habería que chamalo “reflexión crítica do conxunto da súa obra narrativa”, pero que se lle vai facer.

Muñoz e Santiago son dous expertos nesto de criticar: a verdade é que o fan ben, tanto, que cando rematas de ler algún conto pensando que era moi bó aí están eles para lles saca-las córes e descobrir novos matices, algo así como un acelerado curso de cata dos autores propostos, e que se sabes seguir ben, te levará a poder aface-los teus própios gustos para outros.

Seguir lendo

Popularidade: 53% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación Calificación
Vários Autores
Español

O segundo volume de Artifex Segunda Época é unha escolma de relatos fantásticos que tan só teñen en común (ademáis do seu tamaño tipo conto, por obrigadas razóns) o feito de ser escritos por autores españois, polo que e a falla doutra cousa millor, é obrigado recoñecelo como unha excepcional ocasión de como se adoita dicir, “pulsa-lo estado actual” da literatura fantástica no noso país veciño, onde a tradición é escasa pero a afección moita.

Os relatos en si conteñen un pouco de todo: comezan cunha ucronía do que puido acontecer se Felipe II visitara as súas colónias de América (a verdade é que nunca visitou nin tan sequera as de Galiza), nun exercizo algo cobizoso de fidelidade histórica, que por elo resulta un pouco aburrido inda que moi orixinal, e seguen por toda unha cheia de relatos nos que hai mundos futuros (La patinadra) e oníricos (Destino Soberbia). Mención especial merecen ó noso entender dous dos contos: Gómez Meseguer y el Ogro Santaolaya, non en van gañador de innumerables prémios o ano pasado, unha história clásica pero ó tempo incriblemente revolucionária sobre un “cazador de ogros” dos nosos tempos, e El pequeño librito de las hojas color naranja, escrita nun estilo algo descoidado pero cun argumento digno do millor Cortázar, do que seica o autor se confesa admirador.

En resume, un pequeno volume que compre lér se non xa só polo seu contido, si para botar unha ollada ampla e desapaixoada ó actual panorama español do xénero fantástico.

Popularidade: 40% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación
Título orixinal: Death in the Wings
Bram Stoker
Celeste Ediciones, 1999
Español

Para a maioría dos lectores, Bram Stoker (1847-1912) segue aser sinxelamente o home que escribiu Drácula. Esquecen así as súas restantes novelas e o seu longo repoertório de relatos curtos, a maioría deles tan intensos, orixinais e vixentes como a obra que lle deu a fama. Publicados en diferentes revistas ó longo da súa vida e moitos deles totalmente esquecidos e perdidos até que estudosos e eruditos os rescataron recentemente, os contos de Stoker amosan tamén a forte persoalidade do seu autor, as súas habilidades como narrador e a súa obsesión polo extraño, o sobrenatural e esotérico ou, sinxelamente, polo lado máis escuro do ser humán.

Seguir lendo

Popularidade: 75% [?]



Capa do libroCalificación: Calificación Calificación
Título orixinal: The house on the borderland
William H. Hodgson
Editorial Valdemar, 1998
Español

William Hodgson é sen dúbida ún dos representantes máis orixinais do que se deu en chamar o “conto materialista de terror”. A abraiante facilidade de Hodgson para recrear atmosferas anguriosas e oprimentes fascinou a H.P. Lovecraft e ós escritores do seu círculo. A propósito desta obra, dicía Lovecraft: “La casa en el confín de la Tierra - quizáis a millor de tódalas obras de Hodgson - trata dun caseirón solitário e temido de Irlanda, que constitúe o centro de espantosas forzas do trasmundo, e soporta o asédio de híbridas e blasfemas anormalidades que xurden de secretos abismos inferiores. Os vagabundeos do espírito do narrador durante ilimitados anos-luz do espácio cósmico e kalpas de eternidade, e a súa asisténcia á destrucción total do sistema solar, son algo case único na literatura fantástica. Polo demáis, ó longo da história ponse de manifesto acapacidade do autor para suxerir horrores vagos e emboscados nun escenário natural“.

Claro que isto é o que dicía Lovecraft, sempre amable en exceso cos seus colegas escritores. A verdade é que a obra ten os seus momentos, pero é aburrida e difícil de lér. Desfasada e só apta para os máis fanáticos lovecraftianos, desexosos de estuda-las orixes do mestre.

Popularidade: 52% [?]




  • Publicidade

  •  

    Enquisas
    • Que tema fantástico é o teu preferido?

      View Results

      Loading ... Loading ...