10
Dec
1999
Calificación: 
Título orixinal: The Nameless
Ramsey Campbell
Editorial Agata, 1988
Español
Barbara sofriu dous durísimos golpes na vida: o seu home morreu dun infarto cando ela estaba preñada e a súa pequena filla Angela foi raptada e asasinada cando só contaba catro anos de idade. O cadavre da nena apareceu destrozado e a identificación, por médio das roupas, foi incerta.
Pouco a pouco, Barbara consegue supera-la súa dóre na actualidade é unha axente literária de éxito, que vive soa e mantén unha boa relación sentimental cun editor. Até que un día… unha chamada telefónica volve altera-la súa existéncia Na distáncia, unha voz asegura ser Angela e di: “Mamá, te necesito“.
Seguir lendo
Popularidade: 25% [?]
10
Dec
1999
Calificación:

Título orixinal: Vathek, conte arabe
William Beckford
Alianza Editorial, 1993
Español
Posuidor dunha inmensa facenda que dilapidara á hora da súa morte, coñecido de Mozart e Voltaire, viaxeiro, orientalista, bibliómano e coleccionista de arte, William Beckford (1760-1848) foi un aristócrata romántico inglés cuxa vida excéntrica acabou levándoo á ruína e afundindo a súa carreira política. Autor de dous interesantes libros de viaxes, debe a súa fama, nembergantes, ós seus relatos fantásticos de curte oriental, entre os que sobresae a súa obra mestra Vathek.
Seguir lendo
Popularidade: 22% [?]
10
Dec
1999
Calificación:

Título Orixinal: Pastwatch
Orson Scott Card
Ediciones “B”. Série Nova, 1998
Español
Nun futuro non demasiado afastado, un pequeno grupo de científicos e historiadores adican as súas horas a estudia-lo pasado cunha nova máquina de observación a través do tempo, a TruSite II. Por desgrácia o seu mundo é un lugar tráxico: a espécie humana ficou reducida a unha povoación de menos de mil millóns de persoas após dun século de guerras e plagas, de sequía, de inundacións e de fame. Houbo demasiadas extincións, demasiada terra ficou envelenada e baldía. A xente que sobrevive loita por renova-lo planeta, mentres os especialistas observan o pasado na busca das causas do seu terrible presente.
Un día, nembergantes, ó contempla-la terrible matanza das tribos caribeñas a mans dos españois, que conducidos por Cristóbal Colón se dirixen a “La Hispaniola”, a observadora Tagiri descobre que a muller a quen está a estudar tamén a está a estudar a ela, e interpreta esa imaxe como unha mensaxe dos deuses.
Seguir lendo
Popularidade: 37% [?]
10
Dec
1999
Calificación: 




Título orixinal: The demond-haunted world
Carl Sagan
Editorial Planeta, 1998
Español
¿Estamos ó borde dunha nova idade escura de irracionalismo e superstición? Neste libro conmovedor, o científico de renome internacional Carl Sagan demostra, argumentándoo con brillantez, que o pensamento científico é necesário para salvagarda-las nosas institucións democráticas e a nosa civilización técnica.
El mundo y sus demonios é máis persoal e está máis cheio de histórias humanas entrañables e reveladoras que todo o escrito por Sagan anteriormente. O autor, coas experiéncias da súa própria infáncia e a apaixoante história dos descobrementos da ciéncia, mostra como o método do pensamento racional pode superar prexuizos e supersticións para deixar ó descoberto unha verdade que, con frecuéncia, resulta abraiante.
Seguir lendo
Popularidade: 39% [?]