10
Dec
1999
Calificación:

Tanith Lee
Headline Feature, 1993
Inglés
De pel branca e cabelo negro, Sovaz é fermosa e rebelde, inda que aparentemente sen alma, como se fora vampirizada por algunha forza descoñecida. Muller dun marido moi rico pero vello, é o adorno de prémio da súa colección de trofeios, inda que está a xogar cun inxénuo amante americano. E mentres os destiños deste trío maldito converxen, nalgures fóra do marco da fiestra incandescente unha creatura da escuridade prepárase para se alimentar…
Velaquí unha novela e doce relatos curtos que abarcan toda a riqueza e a variedade do talento único de Tanith Lee.
Esta fascinante e desacougante colección invoca unha nova e terrorífica luz sobre esa antiga creatura mítica, a serea… invoca con precisión o derradeiro perigo da fascinación humana co gato doméstico… introdúcenos no palpitante terror dos ladrillos e o morteiro con vida de seu… investiga a escuridade e a marabillosa lenda dos espíritos das árbores, e o tantalizante encanto doutras obsesións carnais.
Popularidade: 14% [?]
10
Dec
1999
Calificación: 
Graham Masterton
Warner Books, 1992
Inglés
Non lle levou moito a Jack Reed decedir converte-lo inmenso edifício gótico nun idílico clube de campo para xente refinada.
Pero detrás dos coidadoasamente gravados muros de “The Oaks” xaz un pasado que foi calquera cousa agás idílico. Hai sesenta anos a casa foi un manicómio, casa de sicópatas tolos, tódolos cales desapareceron unha noite, para non seren vistos nunca máis.
Agora as habitacións valeiras proporcionan o eco sen són dos berros dos tolos atrapados dentro dos ladrillos e do xeso, agardando sen descanso a través da labiríntica mansión. E agora o fillo de Jack, atrapado dentro da infernal prisión dos muros, é mantido prisioneiro por Quintus Miller, líder dos tolos.
Quintus leva os asasinos ós muros. Agora, insiste, Jack Reed debe ceibalos, ou o seu fillo morrerá…
Popularidade: 19% [?]
10
Dec
1999
Calificación: 
Manuel Yáñez Solana
Edimat Libros, 1998
Español
Nados nos bosques de Xermánia para seren heroes, combatían espidos e levaban as cabezas dos seus inimogos colgadas das toscas selas. Cando llescravaban unha lanza, arrincábana e seguían combatendo até morrer de pé. Eran os celtas, un mito, un enigna, unha maldición… ¡ou o máis extraordinário! Tódolos elóxios e tódolos reproches se lles pode facer, porque tiveron nas súas mans o mundo, e o perderon por un absurdo senso do inmediato.
Amparáronse nos druidas, que eran meigos, sacerdotes, médicos, xuices, astrólogos, adiviños e os creadores das máis fabulosas lendas que se escrebiron en Occidente. Eles ensinaron que ósxoves se lles educa como indivídios, nunca como borregos. Pero introduciron os sacrifícios humáns, ós que se emprestaban osxoves máis fermosos e valentes, co fin de que os deuses deixasen de atrmentaren ó seu povo. Tamén amaban á muller, porque a consideraban o seu igual, ou acaso, máis brava que calquera home, alomenos cando cría que os seus se atopaban en perigo.
Seguir lendo
Popularidade: 31% [?]
10
Dec
1999
Calificación: 


Título orixinal: Les celtes. Les dieux oubliés
Marcel Brasseur
Editorial ToxoSoutos. Série Keltia, 1999
Idioma: Galego
Quen sabe, ainda hoxe, que o universo mental dos Celtas, os nosos antepasados, é o producto da fusión de dúas culturas: aquela dos agricultores neolíticos dos megalitos, sedentários adoradores da Terra Nai e do deus fecundante da Tempestade, e aquela dos indoeuropeos, povo guerreiro cun panteón de cinco deuses activos?
Despregándose dende as chairas do Póntico norde, eles conquistaron o mundo, dende a Índia atá Irlanda, hai xa moito tempo… Esta gradiosa simbiose deu forma ó Occidente céltico, ese império abortado, atá que a romanización, despóis a cristianización, aniquilou atá a lembranza dun modo de pensar que foi o património relixioso común de Europa durante mil anos.
Seguir lendo
Popularidade: 31% [?]