Alien aterra en España

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

AlienO modelo orixinal de Alien, o oitavo pasaxeiro, o grande mito extra-terrestre do cinema fantástico, aterrou en València da man do seu creador, o artista suizo H.R. Giger, gañador dun Oscar polo seu traballo nesta película. Esta é a primeira visita de Giger a España.

O artista inaugurou onte unha exposición sobre a sua obra na Universidade Politécnica de València, que amosará 50 pezas de escultura, fotografía e deseño entre as que destaca, polo seu valor simbólico, a cabeza do alieníxena, que poderá contemplar-se até o vindeiro 5 de nadal.

H.R. Giger, de 67 años, é un escultor e arquitecto coñecido polas suas recargadas obras de xéneros fantásticos. Ademáis de Alien, é o responsábel do deseño en películas coma Poltergeist II e Species.

Outra das pezas de culto que poderán contemplar os seguidores da saga sobre o monstro extra-terrestre que comezou o director Ridley Scott en 1979 son os bocetos orixinais que realizou o artista para Alien 3.

Nova versión dos paxaros

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Naomi Watts protagonizará e Martin Campbell está en negociacións para dirixir a nova versión que a Universal pretende facer do clásico Os paxaros. A película está planeada coma unha nova visión do conto orixinal de Daphne du Maurier que inspirou a Alfred Hitchcock para facer o seu filme de 1963.

Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller producirán a través da súa empresa Platinum Dunes, mentres que Peter Guber e Cathy Schulman participarán coa Mandalay Pictures.

Stiles White e Juliet Snowden escribiron unha versión do guión que ainda esá en desenvolvemento, polo que poderían contratar-se a máis guionistas en breve.

Outing para o meigo Dumbledore

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Libros

Albus DumbledoreA novelista inglesa J.K. Rowling ven de sacar do armário a un dos principais personaxes da exitosa série literária de Harry Potter, ao dicir aos seus seguidores en New York que o meigo Albus Dumbledore, director da escola Hogwarts, é homosexual.

Durante a sua primeira xira polos Estados Unidos en sete anos, Rowling confirmou no Carnegie Hall na cidade dos rañaceos o que algúns afeccionados sospeitaran, que ela “sempre pensou que Dumbledore era homosexual“.

Rowling dixo que Dumbledore namorou-se do encantador meigo Gellert Grindelwald, pero que cando Grindelwald interesou-se máis polas artes escuras que polo ben, Dumbledore ficou “terribelmente desilusionado” e foi a destruir ao seu rival. Ese amor, afirmou a novelista, era a “traxédia secreta” de Dumbledore.

Namorar-nos pode cegar-nos até certo punto“, sostivo. A audiéncia ficou en siléncio após da revelación, pero axiño estoupou nun aplauso. Rowling, de 42 anos, dixo que se ela souber que esa sería a resposta, revelaría antes os seus pensamentos sobre Dumbledore.

Lér mais

As igrexas utilizan Halo 3 para atrair aos rapaces

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

Os tempos nos que a igrexa organizaba grupos de rapazolos para sair de excursión ou facer actividades comunais ao aire libre xa pasaron de moda. Agora os pastores deben adaptar-se aos novos estilos de vida da mocidade, como así acontece con moitas igrexas americanas que decidiron organizar veladas de Halo 3 para atrair novos fregueses.

O polémico videoxogo, que bateu récords de vendas nas suas dúas primeiras entregas e saiu á venda o pasado 25 de setembro, é unha violenta aventura épica no espazo na que os xogadores tomarán o control do Xefe Mestre nunha misión contra os Covenant e os Flood para salvar á humanidade.

Lér mais

Actores á procura da (Liga da) Xustiza

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

George Miller, o director da vindeira produción sobre a Liga da Xustiza de América, voóu dende a súa Austrália natal até os Estados Unidos a pasada fin de semana para participar nuns cástings nos que procuraba actores novos para o seu longamente agardado filme de super-heroes.

O maratón de cástings escomezou o 14 de outubro e continuou o día 15, con 35 ou 40 actores a proba por diversos papeis, incluindo Superman, Wonder Woman, Batman, Flash, Aquaman, Lanterna Verde ou o Detective Marciano. Ademáis, tamén se puxeron a proba algúns papeis de persoaxes non super-heróicos.

Entre os participantes no cásting estiveron Adam Brody (O.C.), Joseph Cross (Running With Scissors), D.J. Cotrona (Windfall), Mary Elizabeth Winstead (Destino Final 3), Michael Angarano (Sky High), Teresa Palmer (Wolf Creek), Max Thieriot (Jumper) e mais o rapeiro Common.

Lér mais

Lucas quere máis guionistas

26 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

George LucasCalquera cousa que faga George Lucas é nova de interese, e máis se está a se encontrar con guionistas para a súa longamente agardada série televisiva sobre o mundo da Guerra das Galáxias con acción real.

Fontes anónimas ás que tivo acceso NOVA FANTASIA citaron plans de Lucas para recrutar a moitos “freelancers” que pasen unha semana no Rancho Skywalker, a residéncia do cineasta, para que no mes de novembro dean con novas ideias para a série.

Seica Lucas indicou o seu desexo de incluir a guionistas doutros países e non só americanos. Estes guionistas deberán logo espallar-se e escribir os trece primeiros episódios que serían producidos e financiados por Lucas.

Cando Lucas comezou a recrutar guionistas de Hollywood por primeira vez en febreiro de 2006, a súa intención orixinal era producir 26 episódios antes de que logo se puxese a procurar un parceiro nunha canle de televisión.

Páxina seguinte »