Lovecraft en Suíza

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Fans, Libros

O cartace da exhibiciónUnha nota de interese para os nosos leitores en Suíza, que sabemos que hai moitos, é que do 18 de outubro ao 6 de abril de 2008 a Fondation de la Maison d’Ailleurs en Yverdon-Les-Bains celebrará unha exposición titulada An Exhibition of Unspeakable Things - Works inspired by H. P. Lovecraft’s Commonplace Book e adicada ao clásico escritor de terror H.P. Lovecrft, en lembranza do 70 cabodano do seu pasamento.

Nesta exposición, un cento de artistas (H.R. Giger, Paul Carrick, Jeff Remmer, Guy Davis…) amosarán o seu punto de vista sobre “as profundidades abisais evocadas polos relatos do mestre de Providence para explorar todo aquilo que debería ficar innomeado“, segundo define o mesmo museu.

O escritor americano Howard Phillips Lovecraft (1890-1937) é sen dúbida ún dos máis importantes autores de ciéncia-ficción do século XX. Coma creador dunha brillante e terrorífica cosmogonía, o termo “escritor de culto” semella que fora acruñado expresamente para el.

Lér mais

Chucky de novo en acción?

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Chuky o boneco diabólicoDavid Kirschner, o co-produtor de toda a vida dos filmes de terror do boneco diabólico, revelou que os fans poden agardar a ver outra vez ao seu xoguete asasino favorito, Chucky, de novo en acción nun futuro próximo: non nunha secuela, senón nun remake do filme orixinal de 1988. Chucky viu-se por última vez na película A semente de Chucky.

Estamos a falalo con Don Mancini, que escribiu todos os filmes connosco, dende o comezo” dixo Kirschner nunha entrevista mentres promocionaba o seu último filme, Martian Child. “O seguinte que imos facer é regresar realmente cara atrás e refacer o primeiro. E imos facelo ainda millor e facer unha versión moi terrorífica do primeiro filme, que coido que xa é moi terrorífico tal coma é“.

Kirschner desvelou que o guión orixinal non se utilizará palabra por palabra pero que se reterá moito del. “Coido que estará moi preto del, iso seguro“, dixo. “Pero hai algunhas outras cousas que estamos a explorar tamén e algúns xiros que non queremos que a audiéncia agarde, coma un par de mortes e como coidas que estás a ir nunha dirección pero estás indo na outra coma resultado de sabelo e ser xa unha franquía moi popular“.

Wallace dirixirá o Arcanum

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

O guionista reconvertido a director Randall Wallace ven de se embarcar no proxecto de The Arcanum, un filme de aventuras fantásticas escrito por Thomas Wheeler e producido pola empresa de Paul Brooks, a Gold Circle.

Adaptada da primeira novela de Wheeler, o filme está ambientado no ano 1919 e vai sobre o escritor Arthur Conan Doyle, quen dirixe unha asociación secreta chamada o Arcanum, entre cuxos membros están o meigo Harry Houdini, a princesa vudú Marie Laveau e mais o escritor de terror H.P. Lovecraft, todos xuntos e unidos para loitar contra unha poderosa forza sobrenatural que ameaza ao mundo. Wheeler atópa-se arestora realizando unha produción en Polónia, após da cal escomezará cos cástings.

Wallace fora nominado para o Oscar ao millor guión polo filme Braveheart. Entre os seus cretos coma director atópan-se Cando eramos soldados ou O home da máscara de ferro.

Wahlberg entra nos ósos

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

A capa do libroTan só un día antes de que escomezara a rodaxe, Mark Wahlberg ven de sustituir a Ryan Gosling en The Lovely Bones, a agardada adaptación da novela homónima de Alice Sebold que Peter Jackson dirixe para a DreamWorks.

Wahlberg fai-se co papel de Jack Salmon, o aflixido pai dunha nena. Gosling marchou após de gañar 9 kilos e deixar-se medrar a barba para a rodaxe. As fontes consultadas afirman que a súa saída obedece a diferéncias creativas.

Após de ler o guión, Wahlberg comprometeu-se axiña o 21 de outubro. El e Rachel Weisz interpretan a unha parella cuxo mundo fica rachado en anacos após de que a súa filla morra asasinada. A nena vixiará dende entón aos seus pais e mais ao seu asasino dende o ceo. Jackson escribiu o guión xunto á súa muller, Fran Walsh e Philippa Boyens, as súas colaboradoras nas mesmas tarefas en O Señor dos Aneis e King Kong.

O filme escomezou a se rodar o mércores en Pennsylvania, onde Wahlberg xa fixera o papel protagonista en The Happening, o filme de M. Night Shyamalan para a Fox.

A secuela de O código Da Vinci chegará en decembro de 2008

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

O Código da VinciColumbia Pictures quere por en marcha o antes posíbel a rodaxe de Anxos e demos, baseada, igual que O código Da Vinci, nunha novela de Dan Brown e protagonizada, tamén, polo simboloxista e investigador Robert Langdon.

A premura débe-se a que o pacto da Columbia Pictures coa WGA (Writers Guild America), a asociación de guionistas, expira a finais deste mes. Ademáis, trascendeu que a estrea fixou-se para o 19 de decembre de 2008.

Robert Langdon porá-se após da pista dunha sinistra sociedade secreta que descubriu una arma moi poderosa. Anxos e demos é, de feito, unha precuela do popular e polémico best seller de Dan Brown. Foi publicada en 2000, e é a terceira novela que escribiu, pero a primeira na que aparecía o personaxe de Robert Langdon e, polo tanto, anterior a O código Da Vinci.

Lér mais

Costner e Baquero nun filme español

28 de Outubro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Kevin Costner será un pai cuxa filla (Ivana Baquero, a nena de O labirinto de Pan) escomeza a amosar un comportamento terrorífico no novo thriller sobrenatural da produtora Gold Circle, The New Daughter.

O director español Luis Berdejo debutará após das cámaras neste filme.Costner interpreta a John James, un pai que se muda a unha granxa cos seus dous fillos após dun doroso divórcio. Axiña, a súa filla escomezará a se comportar dun xeito terrorífico, e o seu pai sospeitará que un túmulo mortuório que hai após da súa casa ten algo que ver neses feitos. Con esta película, Ibana Baquero escomeza a súa carreira en Hollywood e rodando en inglés.

The New Daughter foi adaptada por John Travis a partir dun conto de John Connolly publicado en 2005 no libro Nocturnes, unha escolma de relatos de terror. A rodaxe escomezará no primeiro cuarto do ano que ven.