O novo filme de Will Smith, I Am Legend, debutará nos Estados Unidos o vindeiro 14 de decembro (o 19 en Galiza), e para preparar a chegada non só a terras americanas senón a todo o mundo, están-se a preparar unha chea de posters promocionais, nos que aparecen diferentes lugares ben recoñecíbeis de várias cidades [...]

Jude Law, Liev Schreiber e Forest Whitaker protagonizarán o filme de ciéncia-ficción Repossession Mambo para a Universal.
Schreiber (The Manchurian Candidate) será o xefe de Law nunha caixa de aforros do futuro especializada en emprestar órganos artificiais. Cando o persoaxe de Law recibe un órgano artificial, fúga-se xunto coa súa esposa, que xa debe cartos polos [...]

Nun acto que tivo lugar o día 28 na Universidade Politécnica de Cataluña, no decurso do cal pronunciou unha conferéncia o novelista Jasper Fforde, anunciáron-se os gañadores da edicion deste ano do prémio UPC, uns galardóns que recairon en:

Primeiro prémio (ex aequo): Belcebú en llamas, de Carlos Gardini d´Angelo e Defending Elysium, de Brandon Sanderson
Mención [...]

Cantando “Fóra, demos, fóra!“, un grupo de máis de 65 guionistas de cinema de terror escenificaron un exorcismo fronte as portas dos estudos da Warner Brothers en Burbank (Califórnia) o pasado 27 de novembro, como parte da folga de guionistas de Hollywood.
Os piquetes levaban postas camisetas co lema “Guionistas de terror en folga: comemos esquirois“. [...]

Nun futuro non moi lonxano, nunha era dominada non polas nacións senón polas grandes empresas na que o hiperespazo e mais a intelixéncia artificial son normais, unha nave experimental pérde-se nun recuncho descoñecido da galáxia. Un home polémico é enviado á súa procura e rescate: William Perez William, enxeñeiro, pirata, vaqueiro, mercenário e poeta; un [...]

O último rumor apunta a que o protagonista de Batman Begins, Christian Bale, é o máximo favorito en todas as apostas para se facer co cobizado papel de John Connor en Terminator Salvation: The Future Begins, a vindeira cuarta entrega na popular saga de ciéncia-ficción.
Agárda-se que o filme faga rexurdir a franquía cunha história ambientada [...]

Alex Graves (Journeyman) dirixirá Fringe, o episódio piloto para a série paranormal da canle Fox que conta con guión de J.J. Abrams e mais os seus parceiros Alex Kurtzman e Roberto Orci.
A produción ten previsto o seu comezo en febreiro. O episódio piloto durará dúas horas, tratando sobre mistérios paranormais vistos a través dos ollos [...]

A escritora barcelonesa Ana María Matute, autora de Olvidado Rei Gudú, sen dúbida a obra mestra do xénero fantástico en español, gañou hoxe o Prémio Nacional das Letras Españolas en recoñecemento á sua ampla obra que xa mereceu numerosos galardóns. Este prémio concéde-o o Ministério de Cultura e está dotado con 30.000 euros.
O xurado estivo [...]

Segundo informa a prensa americana, Naomi Watts (O Señor dos Aneis, King Kong) ven de acadar ún dos papeis principais para acompañar a Tom Hanks en Anxos e Demos, a precuela de O Código da Vinci, que o mesmo cá anterior, será dirixida por Ron Howard. O representante da actriz non atendeu chamadas nin requerimentos [...]

keep looking »
  • Publicidade