Dobkin á fronte de Flash
Corre o rumor de que o director David Dobkin (Wedding Crashers) ven de asinar coa Warner Brothers para se encargar dun filme baseado no persoaxe dos cómics da DC Flash, un proxecto anteriormente vencellado ao guionista de Batman Begins David S. Goyer e a Shawn Levy (Night at the Museum).
O filme de Dobkin estará ambientado no mesmo universo cá vindeira película da Warner sobre a Liga da Xustiza de AMérica, que ten preferéncia na rodaxe. “Está deseñado coma unha secuela da Liga da Xustiza, así que estamos a enaltecer a história e traballamos en tándem co guionista“, desvelou Dobkin á MTV.com. “Coido que teremos que agardar a ver como lle vai ao filme e que tal funciona, pero sen dúbida será un filme que saia despóis do da Liga da Xustiza“.
Dobkin engadiu que o seu Flash serña Wally West, o sucesor de Barry Allen nos cómics.


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!