O corazón de Poe revive

1 de Novembro de 2007 por Editor  
Arquivado en Cinema

Edgar Allan PoeA empresa de Ridley e Tony Scott, a Scott Free Productions, vai desenvolver Tell-Tale, un filme ambientado na actualidade que tentará reimaxinar o clásico conto de terror de Edgar Allan Poe O corazón delator.

Michael Cuesta dirixirá un guión de Dave Callaham, que é un thriller psicolóxico que vai poñer ao relato de Poe contra as cordas da actual ciéncia moderna.

O filme, inspirado en Poe, estará producido por Ridley Scott, Tony Scott, así como pola empresa Social Capital de Christopher Tuffin e Martin Shore. Agárda-se que a rodaxe escomece para primeiros de 2008.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!