Nicholson contra o Joker

10 de Novembro de 2007 por Editor  
Arquivado en Cinema, Cómic

Jack Nicholson no seu papel do JokerCase vinte anos despóis de dar vida ao Joker no Batman de Tim Burton, o veterano e multioscarizado actor Jack Nicholson ven de amosar a sua disconformidade ante a elección do novo intérprete do falcatruán. O encargado de asumir esta responsabilidade na vindeira película do home morcego é Heath Ledger, ún dos protagonistas do filme Brokeback Mountain. A Nicholson amolou-lle que en The Dark Knight, a secuela da aclamada Batman Begins, nin sequer se plantexaran contar con el para o papel, ou alomenos preguntar-lle sobre un personaxe que coñece tan ben.

Estou alporizado. Eles nunca me preguntaron sobre unha secuela co Joker. Sei como hai que face-lo! E ninguén me preguntou ren“, dixo Nicholson en declaracións á MTV, nas que afirmou que pode que non acudir a el após de dous décadas “non sexa un erro, pode que sexa o correcto” pero recoñeceu asemade que é incapaz de evitar estar moi amolado porque o personaxe do Joker é ún aos que ten máis cariño.

Forma parte da miña nenez e é un papel que coido que eu sempre debería interpretar“, afirmou o actor, que non dubida en recoñecer que non ten pensado mirar unha película que, asegura, non conseguirá “captar o espírito” que tiñan os dous filmes de Batman que rodou “o xénio” Tim Burton, a “razón” pola que el se meteu na pel do Joker.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!