Comeza a se rodar “As Bólas do Dragón”
Tal e coma anunciáramos hai meses, a Twentieth Century Fox vai traer á vida aos persoaxes do fenómeno manga máis impactante dos últimos tempos, As bólas do Dragón, cun filme para a pantalla grande e con actores de carne e óso, protagonizado por Justin Chatwin e dirixido por James Wong.
Chatwin (A Guerra dos Mundos) será Son Goku, o poderoso guerreiro que protexe á terra contra unha interminábel série de maléficos persoaxes que desexan dominar o Universo e controlar os obxectos místicos aos que dá nome a série. James Marsters (Buffy Cazavampiros) tamén participará, no papel dun dos malos, ainda que logo se pasa ao lado dos bós, Piccolo.
O actor, director e guionista Stephen Chow (Kung Fu Hustle) será o produtor. Wong dirixirá a partir dun guión escrito por el mesmo, ainda que baseado noutro orixinal de Ben Ramsey.
A história está baseada nos impagábeis persoaxes de Akira Toriyama, convertidos en novela gráfica, série de animación na tele e máis de 25 videoxogos.
A rodaxe escomezará a finais deste mes, coa vista posta nunha estrea agardada para o 15 de agosto de 2008.


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!