Venres 13 terá nova versión
Após do triunfal remake de Halloween, obra de Rob Zombie, a vindeira actualización dunha terrorífica franquía pode ser a de Venres 13, saga case tan exitosa coma a iniciada por John Carpenter.
Ainda que ainda se descoñecen máis detalles, os rumores apuntan a Marcus Nispel (que xa realizou o remake de A matanza de Texas) coma director desta produción, que empezaría a se rodar en 2008.
O guión da fita, que actualiza as andanzas de Jason, está asinado por Damian Shannon e Mark Swift, parella que xa escribiu Freddy contra Jason. Neles confiou Michael Bay, produtor tamén da nova versión de A matanza de Texas e Terror en Amityville.


Comentários
Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!