O Guerreiro da fin de semana

21 de Novembro de 2007 por Editor  
Arquivado en Cinema

Dean ParisotDean Parisot está en conversas finais para dirixir Weekend Warrior, unha comédia de acción sobrenatural da Warner Brothers. Andrew Lazar será o produtor, a través da súa empresa filial da Warner, a Mad Chance.

Weekend Warrior, que seica terá un tón moi semellante ao de Os Cazapantasmas, vai sobre un profesor de instituto e afeccionado ás chapuzas caseiras que sen quere-lo nen bebe-lo, de súpeto convírte-se nun super-heroe.

O guión foi escrito polo actor reconvertido a guionista Bill Birch, que xa escribira The Pre-Astronauts para os mesmos estudos. Lazar, que recentemente ocupou-se de O superaxente 86, protagonizado por Steve Carell, tamén producira aquel proxecto.

Parisot xa dirixiu a exitosa comédia de ciéncia-ficción Galaxy Quest.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!