Bale en Terminator 4?

27 de Novembro de 2007 por Editor  
Arquivado en TV

Terminator 4O último rumor apunta a que o protagonista de Batman Begins, Christian Bale, é o máximo favorito en todas as apostas para se facer co cobizado papel de John Connor en Terminator Salvation: The Future Begins, a vindeira cuarta entrega na popular saga de ciéncia-ficción.

Agárda-se que o filme faga rexurdir a franquía cunha história ambientada no futuro, durante as tantas veces mencionadas pero nunca vistas guerras entre os robots da Skynet e a humanidade. A Warner Brothers planea lanzar Terminator Salvation para o verán de 2009.

O guión, obra de John Brancato e Michael Ferris, xa está rematado. Ambos os dous foran tamén os autores do libreto de Terminator 3: Rise of the Machines.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!