Jude Law, Liev Schreiber e Forest Whitaker protagonizarán o filme de ciéncia-ficción Repossession Mambo para a Universal.
Schreiber (The Manchurian Candidate) será o xefe de Law nunha caixa de aforros do futuro especializada en emprestar órganos artificiais. Cando o persoaxe de Law recibe un órgano artificial, fúga-se xunto coa súa esposa, que xa debe cartos polos órganos que lle emprestaran a ela.
Eric Garcia adaptou unha novela de ciéncia-ficción de seu xunto con Garrett Lerner; Miguel Sapochnik será o director do filme, o primeiro de grande orzamento que realice. Scott Stuber e Mary Parent serán os produtores.
Schreiber tamén protagonizará o filme da Fox X-Men Origins: Wolverine, a secuela da saga da Patrulla X.
chúzame -
menéame -


Categoría:

