* * * ½   4 votos

Imaxe de MadridO novo filme de Will Smith, I Am Legend, debutará nos Estados Unidos o vindeiro 14 de decembro (o 19 en Galiza), e para preparar a chegada non só a terras americanas senón a todo o mundo, están-se a preparar unha chea de posters promocionais, nos que aparecen diferentes lugares ben recoñecíbeis de várias cidades do mundo, pero en ruínas. E entre eses lugares atópa-se a obra dun galego, o arquitecto Antonio Palacios, autor do edifício de Correios (actualmente, sede do Concello de Madrid). Ademáis, noutra das escenas tamén aparece Lisboa, coa Ponte 25 de Abril coma protagonista.

Neste filme de ciéncia-ficción, Robert Neville (Will Smith) é un brillante científico, pero nin sequera el pode evitar que un terríbel virus, creado nun laboratório, remate con toda a humanidade… agás con el. Inmune por algún motivo descoñecido, convírte-se no derradeiro ser humano do planeta, abandoado á súa sorte na cidade de New York. Pero se atopará cun pequeno problema, e é que o virus transformou ao resto da povoación en vampiros. E el é o seu principal obxectivo e inimigo.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

 

Relacionadas:

Novas relacionadas


Comentários

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • Matt Reeves, o director que se encargou do thriller de monstros Cloverfield, revelou á prensa que hai plans para facer unha segunda parte, ainda que eses plan están en repouso até que os produtores atopen unha idea que sexa tan interesante coma a orixinal. Algúns informes de prensa din que entre as ideias que se barallan está a de facer unha precuela que narre as orixes da creatura.

  • A Universal Pictures vai desenvolver un thriller de viaxes polo tempo titulado The Archive e baseado nun guión de David Auburn (The Proof). A dirección estará a cargo de James Mangold, que contará coa produción de Scott Stuber e de Cathy Konrad.

  • NOVA FANTASIA non se actualizará até o vindeiro 26 de xuño por mor das vacacións que se tomará o persoal a cargo da empresa. Lamentamos os inconvintes que vos poida ocasionar este adiamento.

  • Jack Black ven de desembarcar no proxecto da comédia sobrenatural Man-Witch da Warner Brothers. Os estudos confirmaron que Black non será o protagonista do filme, que vai sobre un home que descubre que ten poderes de meigo e remata como profesor aprendendo a nenas nun coléxio especial para meigas. As nosas fontes din que houbo problemas persoais entre o director Todd Phillips e mais o axente de Black.

  • James McAvoy negou aos nosos reporteiros que estea en conversas para interpretar a Bilbo Bolseiro no vindeiro filme de Guillermo del Toro O Hobbit, afirmando que só son rumores que aparecen de cando en vez na Internet: "Estaría interesado en ler o guión... cando o escriban", dixo McAvoy.

    •  

  • Publicidade