Os últimos rumores pola Rede, e especialmente o blog Upcoming Pixar, que informa de todo o que rodea aos famosos estudos de cinema americanos de animación, afirma que Up, un filme baseado na novela de Cervantes Don Quixote da Mancha, será unha das vindeiras películas da casa.
O clásico de Cervantes tivo xa várias adaptacións ao [...]
27
Dec2007
A Pixar prepara Don Quixote
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
24
Dec2007
Peter Berg confirmado para Dune
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
Após de sortear os rumores durante un par de meses, durante unha entrevista para unha coñecida canle musical de televisión, o director Peter Berg desvelou perante as cámaras que o trato xa estaba feito e que el será o encarregado de facer a nova versión de Dune, afirmando mesmo que de non ser pola actual [...]
24
Dec2007
Salón do manga… por ombreiro
Categoría: Fans |
Escribir un comentário
Seica o Salón do Manga de Vigo, que tiña prevista a súa celebración do 26 ao 28 de decembro, non vai ter lugar, ou alomenos non nas datas que nun princípio se anunciaran.
A Asociación Xuvenil-Cultural Ippon, que segundo se informara nun primeiro intre, estaba atrás da organización, explica nun comunicado que teñen posto na súa [...]
20
Dec2007
Os proxectos de Sam Raimi
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
O director da saga de Spiderman, Sam Raimi, regresará ás súas raíces no xénero fantástico encargándo-se do filme Drag Me to Hell, un thriller sobrenatural que escribiu xunto co seu irmán Ivan Raimi.
Após Drag Me to Hell, Raimi ten xa apuntado na axenda escomezar con O Hobbit para a New Line e mais a MGM [...]
20
Dec2007
Michael Knight, ferido
Categoría: TV |
Escribir un comentário
Justin Bruening, o protagonista do vindeiro telefilme/piloto da NBC Knight Rider [O coche fantástico], resultou ferido de consideración mentres rodaba unha escena o pasado 14 de decembro e requeriu hospitalización.
Bruening feriu-se no xoenllo mentres rodaba unha escena de loita, segundo desvelou un voceiro da NBC á prensa. De contado foi levado ao hospital, onde após [...]
20
Dec2007
Prepára-se o remake do Orfanato
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
Juan Antonio Bayona, o director do filme O Orfanato, que está estes días nos Estados Unidos co gallo da estrea naquela país do seu filme, prevista para o vindeiro día 28, revelou á prensa que xa lle ofreceron facer un remake en inglés pero que declinou a proposta.
Foi o produtor Guillermo del Toro quen lle [...]
18
Dec2007
Peter Jackson producirá O Hobbit
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
O gañador de vários premios da Académia, Peter Jackson, Harry Sloan, director e presidente dos estudos Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (MGM), e Bob Shaye e Michael Lynne, co-directores e copresidentes da New Line Cinema, veñen de anunciar hoxe en común que chegaron á seguinte série de acordos:
1º. MGM e New Line co-financiarán e co-distribuirán dúas películas, O [...]
18
Dec2007
Debuxos animados á caza do Oscar
Categoría: Cinema |
Escribir un comentário
Beowulf e Ratatouille serán dous dos filmes que mália ser de debuxos animados, participarán coma candidatos para levaren o Oscar, o prémio da Académia aos millores efectos especiais.
Deste xeito, unirán-se aos outros 13 contendentes na loita final por entraren nas nominacións. Entre estes atópan-se filmes coma Evan Almighty, O compás dourado, Harry Potter e a [...]
18
Dec2007
De Gollum a Haddock, en Tintín
Categoría: Cinema, Cómic |
Escribir un comentário
Andy Serkis, o actor que deu vida ao malvado Gollum na triloxía do Señor dos Aneis de Tolkien, comprometeu-se con Peter Jackson para interpretar ao Capitán Haddock nunha vindeira adaptación de Tintin.
Steven Spielberg e Peter Jackson unirán-se para dirixir e producir tres fitas seguidas baseadas no popular persoaxe dos cómics para a Dreamworks. Os dous [...]



