Nace Urco Editora

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Libros

The Raven Urco Editora presentará-se en sociedade o vindeiro xoves día 20 de decembro na Sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela, ás oito do serán. Neste acto falarán o responsábel de liñas editoriais de Urco, o responsábel de planificación editorial e mais Moisés Barcia, tradutor e crítico de traducións, responsábel de Rinoceronte Editora.

Dito acto tamén servirá para a apresentación do primeiro título da liña Gótica de Urco, unha edición bilíngüe e ilustrada do moi coñecido poema O corvo, de Edgar Allan Poe. Os asistentes que desexen suscribir-se ás novidades da editora recibirán este primeiro título como agasallo de benvida.

Urco Editora é unha nova iniciativa editorial que ven encher un oco histórico no sistema literário galego: a publicación de literatura de fantasía, ciéncia-ficción e terror. Até agora a escasa presenza destes xéneros na literatura traducida estaba fragmentada en distintas editoriais e coleccións, catalogada especialmente baixo os criterios de “clásicos” ou de “literatura xuvenil”. Por isto Urco é pioneira na achega sistemática destos tres xéneros ao público galego.

Os seus títulos, divididos en tres coleccións temáticas, Gótica, Fantasía e Ciéncia-Ficción, buscan en primeira instáncia sentar unhas bases sobre as orixes dos tres xéneros, coa publicación dos autores clásicos dos mesmos, e tamén doutros moitos non tan coñecidos polo grande público mais sen dúbida fundamentais para o desenvolvemento posterior desta literatura.

Nombergantes, para a esta casa editorial a novidade principal será o uso de licenzas Creative Commons para as traducións de textos sen dereitos, o traballo editorial baseado no software libre e open source e mais o recoñecemento do traballo dos colaboradores.

O final da Lenda mudou

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Eu son LendaFrancis Lawrence, director da vindeira película de ciéncia-ficción Eu son Lenda, revelou nunhas declaracións exclusivas que volveu rodar a parte final do seu filme recentemente e logo mudou o remate. “Non quero discutir realmente sobre o final, só porque non quero, eu quero que a xente saque conclusións de seu, pero se cadra haberá unha versión alternativa nalgún punto“, dixo Lawrence nunha entrevista após dunha rolda de prensa celebrada en Beverly Hills, Califórnia, a pasada semana.

Eu son Lenda, baseada na clásica novela de Richard Matheson do mesmo título, está protagonizada por Will Smith no papel do aparente derradeiro supervivinte dun holocausto vírico que deixou a New York baleira e abandoada. Lawrence mudou o remate do filme xusto antes da súa estrea, que se producirá en Galiza o día 19 deste mesmo mes.

Rodamos de novo algún material… pero non puidemos facelo até que non tivemos os efectos especiais rematados“, dixo Lawrence. “Dado que tes que agardar dalgún xeito a ter os efectos especiais, daquela podes amosarllo á xente, ver se tes algo raro, volver e facer pequenas modificacións“.

Lawrence dixo que tamén rodou de novo outros anacos do filme. “Rodamos outra vez pequenos anacos aquí e acolá“, desvelou. “Un anaquiño ao comezo, un anaco pequeno no médio, parte do final. Cousas distintas“.

Ratatouille, favorita nos Annies

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

RatatouilleO conto de ratos Ratatouille lidera as nominacións para os prémios Annie aos millores filmes de debuxos animados con 13 candidaturas, entre as cales están as de millor película e tamén para os actores que na versión orixinal emprestaron as súas voces para os persoaxes protagonistas: Patton Oswalt, Ian Holm e Janeane Garofalo.

Ratatouille, da Disney e a Pixar Animation, terá que competir no prémio ao millor filme contra a história de abellas da DreamWorks, Bee Movie, contra a divertida Surf’s Up da Sony Pictures, a crónica da antigüidade Persepolis, da Sony Pictures Classics, e contra Os Simpson, da 20th Century Fox.

Presentados pola International Animated Film Society, os gañadores dos prémios Annie en 25 categorías no cinema e a televisión anunciarán-se nunha cerimónia o vindeiro 8 de febreiro en Los Angeles.

Entre outras nominacións, Ratatouille obtivo as de millor director para Brad Bird, quen tamén foi o guionista e está igualmente nominado nesa categoría. O filme de superheroes de Bird Os Incríbeis, tamén da Disney e a Pixar, gañou os prémios Annie e Oscar en 2004.

A película premiada nos Annie sempre gañou o Oscar da Académia de Hollywood, até que o ano pasado rachou-se a tradición, cando a comédia de coches Cars obtivo o Annie, pero foi batida polo musical de pingüíns Happy Feet na gala dos Oscars.

Éxito na billeteira de [REC]

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

A película [REC], dirixida por Jaume Balagueró e Paco Plaza, xa recadou máis de 3 millóns e médio de euros dende que se estreou o pasado 23 de novembro. Isto sinifica que máis de 620.000 espectadores viron o filme.

Con estas cifras, [REC] converte-se na segunda película máis vista durante a pasada fin de semana, só por atrás de Bee Movie, se ben a sua média por cópia é superior.

Con 272 cópias, a recadación média por pantalla de [REC] foi de 5.962 euros, mentres que Bee Movie, con 421 cópias, recadou 4.434 euros de média. Séguen-lle no ránking Encantada e Beowulf.

O excelente funcionamiento comercial de [REC] supón un notábel éxito para esta producción totalmente española, que xa é unha das películas máis vistas do ano e volve poñer en pé o novo mito, de que o cinema español rexurde (ou resiste) a base de filmes de terror.

A noiva cadáver chega por nadal

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema, Fans

A noiva cadáverNos últimos anos, a indústria cinematográfica e concretamente o mundo da animación consolidou-se coma unha das formas artísticas máis salientábeis. A Fundación Caixa Galicia escolleu a época navideña para levar á sua sede de Vigo a exposición A Noiva Cadáver: do debuxo ao monicreque, unha mostra que revela o talento creativo baixo o que se creou a película do realizador americano Tim Burton.

Esta exposición, integrada básicamente por maquetas, reproducións dos bonecos orixinais e debuxos que formaron parte do storyboard, foi comisariada e desenvolvida por Manuel Meijide e Luís Hernández, da Universidade da Coruña. A Fundación Caixa Galicia estreouna na súa sede da Coruña durante o verán do ano pasado e chegará a Vigo este nadal. A exhibición abrirá o 21 de decembro e ficará na cidade até meiados de febreiro ofrecendo várias actividades paralelas e visitas guiadas.

O estudo de animación Grangel Studio, creado por dous irmáns barceloneses, Jordi e Carlos Grangel, foi o deseñador principal dos persoaxes. Os Grangel levan máis de dez anos traballando para a Dreamworks, a factoría de animación de Steven Spielberg, onde colabouraron en várias películas coma Madagascar ou O príncipe de Exipto.
Lér mais

Activision e Blizzard fusionan-se

4 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Videoxogos

World of WarcraftO grupo francés Vivendi ven de anunciar a compra da empresa creadora de videoxogos Activision, por 18.900 millóns de euros, para fusiona-lo con Blizzard (compañía da que xa é propietária).

A nova empresa chamará-se Activision Blizzard e terá un volume de negócios calculado duns 3.800 millóns de euros anuais, segundo apuntou Vivendi no seu comunicado. O obxectivo é deste xeito acalar os rumores que apuntaban precisamente ao contrário, á desaparición da principal empresa europea creadora de videoxogos, o que anceiaban os seus competidores americanos.

Fundada en 1979 e con sede na localidade californiana de Santa Mónica, Activision está especializada no desenvolvemento de xogos para consolas, mentres que a Blizzard apostou máis polos videoxogos on-line para computador.

Mentres que a primera conta no seu haber con exitos coma Alien vs. Predator, Star Trek: Bridge Commander, Dark Reign ou Quake, Blizzard obtivo o favor do público grazas a xogos coma Starcraft e World of Warcraft.

O presidente de Vivendi, Jean-Bernard Lévy, asegurou que a operación permitirá ao seu grupo “crear un líder mundial nun sector cunha forte expansión“.

A creación de Activision Blizzard poderá concretarse no primeiro semestre do ano que ven.