BioShock, o millor videoxogo
12 de Decembro de 2007 por Editor
Arquivado como Videoxogos
BioShock, o videoxogo de acción de ciéncia-ficción da compañía 2K Games, foi seleccionado coma o millor videoxogo do ano 2007, o millor xogo para a consola Xbox 360 e xogo con millor banda sonora no decurso da quinta edición anual dos Prémios dos Videoxogos da Spike TV.
Desenvolvido por 2K Boston e 2K Australia para a 2K Games, BioShock é descrito coma un videoxogo de acción de disparos en primeira persoa “xenéticamente millorado” no que o xogador convírte-se nun fuxido de Rapture, unha cidade utópica submariña de estilo art-decó destruida por unha guerra civil.
Os prémios Spike serven para galardonar aos millores xogos, deseñadores, animacións e á millor tecnoloxía, música e interpretacións producidas ao longo do ano no mundo dos videoxogos.
Cage vai “Saber”
Nicolas Cage protagonizará Knowing, un thriller de ciéncia-ficción que dirixirá Alex Proyas (Eu, Robot). O filme escomezará a súa produción o vindeiro 17 de marzo en Melbourne, Austrália.
Cage interpretará a un profesor que examina o contido dunha cápsula do tempo que ven de desenterrar o seu fillo na escola de primária. Unha chea de predicións que se fan nesa cápsula e que son abraiantemente acertadas fai-lle sospeitar que o mundo vai rematar dentro dunha semana e que dalgún xeito o seu fillo está implicado nesa destrución.
O novelista Ryne Pearson fixo o primeiro guión do filme, baseándo-se nun conto de seu. Knowing foi logo reescrita por Stiles White e Juliet Snowden; Proyas e Stuart Hazeldine remataron o guión máis recente.
Unha parella de galegos, campións de Wow
12 de Decembro de 2007 por Editor
Arquivado como Fans, Videoxogos
Ferrol e Marín impuxeron a súa lei na cidade americana de Los Angeles. Javier de la Peña e Néstor García son os novos campións do mundo de World of Warcraft: Burning Crusade, o universo paralelo en liña a médio camiño entre un videoxogo e un xogo de rol.
Wts Skill, nome de guerra de Javier e Néstor, comezou a súa andaina no torneio pasando vários curtes: Primeiro a nivel estatal, e logo en Europa, de onde sairon catro finalistas que se enfrontarían a outros tantos do bando americano.
Javier (Fearwar) e Néstor (Souler) acadaron un posto na final, e venceron após de combater cos seus rivais dende o pasado día 6 sen descoidar nin un só intre “facer máis dano ca eles“. Por fin, o sábado día 8 acadaron o seu obxectivo: ser os derradeiros en ficar en pé.
O seu trunfo reportou-lles un prémio de 30.000 dólares, algo máis de 20.450 euros. Tal cantidade mudou os seus plans de futuro; segundo revela o xornal La Voz de Galicia, agora pensan realmente en se adicaren de forma profesional aos campionatos de videoxogos.
O orfanato acolle a Fuhrman
A debutante Isabelle Fuhrman interpretará o papel da filla dos persoaxes de Peter Sarsgaard e Vera Farmiga no filme de terror Orphan, que dirixirá Jaume Collet-Serra para a produtora de Joel Silver, a Dark Castle Entertainment. A Warner Brothers será a distribuidora.
David Johnson escribiu o guión desta história, baseada nun relato de Alex Mace. A Appian Way tamén está implicada na produción.
O argumento xira ao redor dun matrimónio, formado por Sarsgaard e Farmiga, que perde a un bebé e decide adoptar unha nena, a excéntrica Esther (Fuhrman). A nena, de 9 anos, semella moi inocente ao princípio, pero seica agocha un lado escuro. A rodaxe escomezará a semán que ven en Toronto (Canadá).

