Un conto de fadas por 2,7 millóns

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Fans

J.K. RowlingUnha das sete cópias de Os contos de Beedle o bardo, un conxunto de relatos de fadas escritos e ilustrados a man pola escritora inglesa J.K. Rowling, ven de se axudicar en Londres por 1,95 millóns de libras (uns 2,7 millóns de euros).

Esta cifra, que marca o récord mundial para un manuscrito dun autor vivo e a cantidade máis alta pagada por unha obra da creadora de Harry Potter, multiplica por 39 as previsións máis optimistas da casa de poxas Sotheby’s, que estimaba que o prezo podía chegar ás 50.000 libras (case 70.000 euros).

Tráta-se da primeira obra que Rowling escribe dende a publicación en xullo da sétima e derradeira entrega da saga do famoso meigo, Harry Potter and the Deathly Hallows, e os case dous millóns de libras recadados coa sua venda irán a unha organización benéfica cofundada pola escritora, The Children’s Voice.

Pratchett ten Alzheimer

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Fans, Libros

Terry PratchettO popular escritor de novelas fantásticas Terry Pratchett sufre dunha estraña variedade do mal de Alzheimer, segundo ven de se revelar por parte dos médios de comunicación ingleses.

Nunha declaración oficial, Pratchett dixo que coa chegada das vindeiras convencións de afeccionados e pola necesidade de manter informados aos seus editores, “sería inxusto agochar a nova“.

Pratchett é o autor da saga de Mundodisco e leva vendidos máis de 55 millóns de exemplares das súas obras en todo o mundo. O escritor, de 59 anos, ofreceu a nova no sítio Web do artista que adoita ilustrar os seus libros de Mundodisco, Paul Kidby, e dixo que o seu estado actual foi o responsábel do ataque que padeceu a primeiros deste ano.

Lér mais

Poxa de artigos de CF

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema, Fans

Terminator 2Un endoesquelete a escala real procedente de Terminator 2: O día do xuizo e mais a cabeza dun tiranosáuro rex de Parque Xurásico serán as estrelas de entre os máis de 1.200 obxectos teatrais e cinematográficos que se poxarán os días 13 e 14 de decembro pola empresa Profiles in History.

Agárda-se que o endoesquelete do robot T-800 alcance máis de 100.000 dólares na poxa, segundo anunciaron os seus organizadores.

Outros obxectos á venda serán a cadeira do capitán Jean-Luc Picard da nave espacial U.S.S. Enterprise, un modelo en miniatura dun álien de Alien 3 e mais a armadura do xénio dos efectos especiais Willis O’Brien do Rei Escorpión.

Unha capa que levou posta Christopher Reeve en Superman podería chegar aos 30.000 dólares, mentres que o abrigo negro de Keanu Reeves en Matrix podería alcanzar os 15.000.

Tamén estarán dispoñíbeis na poxa unha colección de pósters de películas de ciéncia-ficción e autógrados de todos os directores que acadaron un prémio da Académia.

Na sub-hasta tamén poñerán.se á poxa disfraces e obxectos procedentes da saga de Star Trek, incluindo tricorders dos Klingon e disruptores dos Romuláns.

Avatar, adiada

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Cartace do filmeA Fox ven de adiar a data de estrea do seu filme estrela para 2009, a película épica que dirixirá James Cameron en 3D, Avatar, para o día 18 de decembro.

O adiamento permitirá dar-lle máis tempo ao ambicioso traballo de produción de efectros especiais e especialemente dará tempo aos cinemas a instalar as pantallas 3D que se precisarán para poder disfrutar do filme.

Os estudos anunciaron asemade a data do 22 de maio para a estrea de Night at the Museum 2: Escape From the Smithsonian. O anúncio foi a primeira indicación de que a 20th Century Fox seguirá adiante coa secuela da súa película Noite no Museu, que axuntará unha vez máis do director Sean Levy co actor protagonista Ben Stiller.

A Fox Animation e mais a Blue Sky Studios tamén anunciaron que a Fox decidiu producir Ice Age 3 en animación dixital 3D, cunha data de estrea prevista para o 1 de xullo de 2009.

A Fox anunciara previamente que comezaría o verán de 2009 co lanzamento do filme de Hugh Jackman X-Men Origins: Wolverine o 1 de maio.

Del Toro quere ódio

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Guillermo del ToroDespóis do éxito internacional de O labirinto de Pan, o director e produtor mexicano Guillermo del Toro vive o seu intre máis dóce. Á sua intención de adaptar Nas montañas da loucura, baseado na novela de H.P. Lovecraft, súma-se agora o proxecto de levar á pantalla grande Haters, unha novela de David Moody.

Hater, en singular, é o título orixinal da novela, un thriller de terror e fantasía. Dentro do contexto da ficción da narración, é o termo que utilizan os médios de comunicación para denominar a aqueles cidadáns que caen presas duns ataques de raiba tan furibundos que, sen ningunha explicación ou motivo, condúce-lles a agredir a toda persoa que se cruce con eles. Un andazo que semella espallar-se sen remedo e ameaza con adquirir proporcións catastróficas. Axiña, as vítimas e agresores comezarán a se confundiren e calquera pode converter-se nun dos infectados, sen importar a idade, o sexo, a condición, raza ou cultura.

Lér mais

Volverá Roger Rabbit?

13 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Roger RabbitHai anos que Robert Zemeckis, director de Quen enganou a Roger Rabbit?, manexa a ideia de rodar unha secuela, e agora tamén o produtor Frank Marshall disparou os rumores ao afirmar, na MTV, que o si definitivo ao proxecto “podería estar moi preto, temos un guión escrito pero desgrazadamente non temos ainda preparada a animación, que podería ser moi cara“.

Marshall explicou que na película orixinal só había 48 minutos con animación, mentres que na posíbel segunda parte cada ún dos fotogramas contaría con algún debuxo. “De 48 minutos animados pasaríamos a 100, e iso non sae barato“.

Marshall recoñeceu que xa realizaran algunha proba ao respeito, ainda que non entraran no deseño de ningún persoaxe en particular… ainda. “A ideia é ver até onde podemos chegar coas novas tecnoloxías“, explicou, “e compara-lo co visto na película orixinal“.

Agora, case vinte anos despóis da estrea de Quen enganou a Roger Rabbit?, explicou tamén que consultaría a viabilidade do proxecto con John Lasseter, o xefazo da Pixar, e afirmou que a Disney entraría probábelmente na produción de novo.