Norrington contra os Titáns

16 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Cartace do filme orixinalSteve Norrington dirixirá Clash of the Titans, un remake de Fúria de Titáns, a aventura mítica do ano 1981 que é relembrada entre os fans sobre todo polos seus daquela estupendos efectos especiais, que correran a cargo de Ray Harryhausen.

A Warner Brothers e mais a Legendary serán as compañías produtoras deste filme, que comezará a se rodar o ano que ven.

Basil Iwanyk producirá a través da súa compñaía Thunder Road. E no seu primeiro filme dende O Império Contraataca, Lawrence Kasdan reescribirá o guión que esbozara Travis Beacham.

Norrington non dirixía ningún filme dende que en 2003 realizou A Liga dos Homes Extraordinários.

Fleischer en Zombieland

16 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado como Cinema

Un zombiO realizador Ruben Fleischer está a negociar para dirixir a comédia de zombies Zombieland para os estudos Columbia Pictures da Sony. Gavin Polone será o produtor, a través da súa compañía Pariah Films.

O guión de Rhett Reese e Paul Wernick céntra-se no tipo máis asustadizo da Terra, que lidera un variado grupo de supervivintes nun mundo dominado polos zombies. O título refíre-se a unvello fogar funerário reconvertido nunha mórbida atracción de feira chamada Zombieland.

A Sony quere poñer este proxecto en marcha canto antes, para evitar as consecuéncias de que os actores ou os directores se poñan en folga, tal e coma xa se comeza a anunciar dende hai días en Hollywood, se non se resolver a folga dos guionistas.

Fleischer, un director que até de agora só fixo anúncios e videoclips, tamén ten na súa axenda o filme da Paramount Pictures Psycho Funky Chimp para o produtor Todd Phillips.