Peter Jackson producirá O Hobbit
O gañador de vários premios da Académia, Peter Jackson, Harry Sloan, director e presidente dos estudos Metro-Goldwyn-Mayer Inc. (MGM), e Bob Shaye e Michael Lynne, co-directores e copresidentes da New Line Cinema, veñen de anunciar hoxe en común que chegaron á seguinte série de acordos:
1º. MGM e New Line co-financiarán e co-distribuirán dúas películas, O Hobbit e unha secuela de O Hobbit. A New Line distribuirá en América e a MGM distribuirá internacionalmente.
2º. Peter Jackson e Fran Walsh serán os produtores executivos de dúas películas baseadas en O Hobbit. A New Line dirixirá a produción das películas, que se rodarán simultáneamente.
3º. Peter Jackson e a New Line arranxaron todos os preitos en relación coa triloxía de O Señor dos Aneis.
Lér mais
Debuxos animados á caza do Oscar
Beowulf e Ratatouille serán dous dos filmes que mália ser de debuxos animados, participarán coma candidatos para levaren o Oscar, o prémio da Académia aos millores efectos especiais.
Deste xeito, unirán-se aos outros 13 contendentes na loita final por entraren nas nominacións. Entre estes atópan-se filmes coma Evan Almighty, O compás dourado, Harry Potter e a Orde do Fénix, Eu son Lenda, Piratas do Caribe 3, Spiderman 3, Sunshine, 300, Transformers e The Water Horse: Legend of the Deep.
A listaxe definitiva dos 15 filmes precandidatos foi proposta por un comité que tivo que escoller entre 307 filmes que optaban a entrar. O seguinte que terá que facer o comité é estreitar esta lista a tan só 7 candidatos a primeiros de xaneiro, e serán eses os que compitan na tanda final, na que só ficarán tres filmes nominados aos Oscar.
As nominacións definitivas aos prémios serán anunciadas o vindeiro 22 de xaneiro de 2008.
De Gollum a Haddock, en Tintín
Andy Serkis, o actor que deu vida ao malvado Gollum na triloxía do Señor dos Aneis de Tolkien, comprometeu-se con Peter Jackson para interpretar ao Capitán Haddock nunha vindeira adaptación de Tintin.
Steven Spielberg e Peter Jackson unirán-se para dirixir e producir tres fitas seguidas baseadas no popular persoaxe dos cómics para a Dreamworks. Os dous cineastas dirixirán alomenos unha película cadanseu, pero o estudo non comentou quen sería o posíbel terceiro encargado.
Tintin é un proxecto moi querido por Spielberg dende hai tempo. Éste tentara obter os dereitos cinematográficos da obra de Georges Remi (Hergé) durante máis de 25 anos, obxectivo que acadou só recentemente. Con isto conseguido, Spielberg, Jackson e a Dreamworks comezaron xa a desenvolver o proxecto dunha maneira moi silandeira.
Lér mais
Poxas de Terminator
O endoesquelete de Terminator 2: O día do xuizo foi mercado por case 345.00 euros o pasado 14 de decembro nunha poxa de artigos de cinema de Hollywood dominada polos altos prezos que acadaron os obxectos dos filmes da famosa franquía protagonizada por Arnold Schwarzenegger.
Noutra poxa, unha armadura vendeu-se por 75.000 euros e un modelo a escala 1:1 de Terminator por 50.000. Ambos artigos procedían do filme Terminator 3: o alzamento das máquinas.
Mentres, a cabeza a escala real dun tiranosáuro rex de Parque Xurásico foi o artigo que acadou o segundo prezo máis alto, vendéndo-se en 87.000 euros.
Nimoy, trabe en Star Trek
Roberto Orci, o co-guionista do longamente agardado filme de Star Trek que dirixe J.J. Abrams, revelou algunhas saborosas partes dese guión que se mantén baixo sete chaves e así soubemos que o relanzamento da franquía dependerá grandemente da aparición estelar de Leonard Nimoy, o primeiro Señor Spock.
Orci (Transformers) engadiu que o filme explorará a história de Star Trek que ainda non foi contada: “Había moitos, moitos elementos da história dos que faláramos só teóricamente se algunha vez regresaba Star Trek. Se es un fan do Star Trek clásico, hai unha chea de história sen explorar. Coa série orixinal, hai moito que podería ter chegado antes, o que aconteceu antes diso“.
O trabe do guión é a aparición de Nimoy no seu papel de Spock. “Coido que moita xente especulaba que deberíamos ter várias ideias, pero a verdade é que tiñamos a Nimoy. Francamente, non entendo outra maneira de o facer. Non tiñamos un plan B“.
Lér mais
Récord de Eu son lenda
Eu son lenda, o filme post-apocalíptico de Will Smith, bateu o récord que mantiña O Retorno do Rei coma película que obtén máis recadación o día da súa estrea de todos os tempos. A Lenda gañou 53,06 millóns de euros os tres primeiros días en 3.606 salas de cinema onde foi proxectada, mentres que O Retorno do Rei (2003) gañara 50.36 millóns no seu día.
Por outra banda, o filme de mistura de debuxos con acción real Alvin e os Esquios con Jason Lee acadou un abraiante segundo posto nas carteleiras americanas durante a pasada fin de semana, o que sinifica que dous filmes fantásticos coroaron por primeira vez en moito tempo os postos máis altos nas preferéncias dos espectadores á outra beira do Atlántico.

