Os proxectos de Sam Raimi
O director da saga de Spiderman, Sam Raimi, regresará ás súas raíces no xénero fantástico encargándo-se do filme Drag Me to Hell, un thriller sobrenatural que escribiu xunto co seu irmán Ivan Raimi.
Após Drag Me to Hell, Raimi ten xa apuntado na axenda escomezar con O Hobbit para a New Line e mais a MGM agora que Peter Jackson, que será o produtor executivo dos filmes, xa deixou claro que non será o director.
Drag Me to Hell, un conto con moralexa sobre unha persoa non moi intelixente que recibe un meigallo, comenzará a se producir a primeiros do ano que ven. Estará financiado pola Ghost House, unha empresa que crearon Raimi e Rob Tapert hai anos coa Mandate Pictures.
Lér mais
Michael Knight, ferido
Justin Bruening, o protagonista do vindeiro telefilme/piloto da NBC Knight Rider [O coche fantástico], resultou ferido de consideración mentres rodaba unha escena o pasado 14 de decembro e requeriu hospitalización.
Bruening feriu-se no xoenllo mentres rodaba unha escena de loita, segundo desvelou un voceiro da NBC á prensa. De contado foi levado ao hospital, onde após de ser ingresado, foi dado de alta.
Knight Rider, prevista para febreiro, é a secuela da série dos anos 80 O coche fantástico que protagonizara David Hasselhoff.
Prepára-se o remake do Orfanato
Juan Antonio Bayona, o director do filme O Orfanato, que está estes días nos Estados Unidos co gallo da estrea naquela país do seu filme, prevista para o vindeiro día 28, revelou á prensa que xa lle ofreceron facer un remake en inglés pero que declinou a proposta.
Foi o produtor Guillermo del Toro quen lle fixo a oferta, segundo Bayona: “É un home moi xeneroso, el mo ofreceu, eu fun o primeiro a quen se lle fixo esta proposta de dirixir a película, pero para min era demasiado. Preciso dalgo diferente agora“.
Del Toro (o director de Hellboy) produciu e presentou O Orfanato, o filme que representará a España nos prémios da Académia do cinema de Hollywood. A fita está protagonizada por Belén Rueda e conta cun guión de Sergio G. Sanchez. Del Toro producirá tamén a versión inglesa do filme, que se fará de todos os xeitos, con ou sen Bayona, e dirixida ao público americano.
Bayona non está preocupado polos trocos que se poderán facer na súa história: “Unha obra de teatro póde-se facer mil veces e ninguén se queixa por iso. Non é unha aldraxe, coido. De feito, espero que o remake será moi diferente e non tebntará facer a mesma cousa“.

