Os proxectos de Sam Raimi

20 de Decembro de 2007 por Editor  
Arquivado en Cinema

Sam RaimiO director da saga de Spiderman, Sam Raimi, regresará ás súas raíces no xénero fantástico encargándo-se do filme Drag Me to Hell, un thriller sobrenatural que escribiu xunto co seu irmán Ivan Raimi.

Após Drag Me to Hell, Raimi ten xa apuntado na axenda escomezar con O Hobbit para a New Line e mais a MGM agora que Peter Jackson, que será o produtor executivo dos filmes, xa deixou claro que non será o director.

Drag Me to Hell
, un conto con moralexa sobre unha persoa non moi intelixente que recibe un meigallo, comenzará a se producir a primeiros do ano que ven. Estará financiado pola Ghost House, unha empresa que crearon Raimi e Rob Tapert hai anos coa Mandate Pictures.

Raimi e Tapert producirán xunto con Grant Curtis, e Josh Donen será o produtor executivo xunto con Nathan Kahane e Joe Drake, ambos da Mandate.

Tapert dixo que os irmáns Raimi escribiron o guión moito antes da formación da Ghost House. Orixinalmente titulába-se The Curse [O Meigallo] e foi completado xusto despóis de que os irmáns colaboraran no filme de 1992 Army of Darkness [O exército das tebras], que dirixiu Sam Raimi.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!