Primeiros candidatos aos Oscar

9 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Cartace de Sete filmes veñen de pasar o curte inicial para a nominación final ao Oscar de Hollywood aos millores efectos especiais. Estes son: O ultimato de Bourne, Sigo coma Deus, O compás dourado, Eu son lenda, Piratas do Caribe 3, 300 e Transformers.

Tres dos contendentes serán os candidatos definitivos para o prémio, o que se anunciará o vindeiro día 22 de xaneiro. Os Oscars deberán celebrar-se, se nada falla (por exemplo, o boicot dos guionistas en folga) o vindeiro 24 de febreiro en Hollywood.

Pola súa banda, algúns xornais americanos adiantaron a selección de sete filmes que teñen todas as papeletas para formar parte do trío de finalistas ao Oscar para a millor maquillaxe, e tamén hai unha grande representación do xénero fantástico: 300, Harry Potter e a Orde do Fénix, Sweeney Todd: O barbeiro diabólico da rúa Fleet, Piratas do Caribe 3, Le Scaphandre et le papillon, La Vie en rose e Norbit.

A póla da Académia que entrega este Oscar fará o curte definitivo o vindeiro día 19 de xaneiro e daí sairán os tres finalistas.

Finalistas do prémio Minotauro

9 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Libros

O prémio MinotauroO xurado de quinta edición do Prémio Minotauro, formado por Fernando Delgado, Ángela Vallvey, Pere Matesanz, Olga Rubio, Juan Eslava Galán, Laura Falcó, Clara Tahoces (gañadora da cuarta edición) e José López Jara como secretário, decidirá cal será a obra gañadora de entre as cinco finalistas da quinta edición do Prémio Internacional de Literatura Fantástica e de Ciéncia-Ficción convocado por Edicións Minotauro e Cafés Marcilla.

  • Ángeles de titanio de Klaus Gordonkraff (alcume)
  • Aquamarine de Vera Parkhutik
  • El libro de Nobac de Federico Fernández Giordano
  • Rey Sátiro de Antonio Domínguez Leiva
  • Switch in the Red de Anónima de las 9:59 (alcumeo)

O fallo do Prémio Minotauro  terá lugar en Madrid o vindeiro 7 de febreiro de 2008. O gañador desta quinta edición recebirá 18.000 €, o que convirte ao prémio no millor dotado a nivel mundial dentro do xénero fantástico e da ciéncia-ficción.

Esta quinta cita consolida o Prémio Minotauro coma ún dos máis importantes e de maior prestíxio do panorama internacional. A convocatória pechou-se o pasado 5 de novembro e recebíron-se un total de 221 manuscritos. A maior parte deles (134) procede de España, pero tamén hainos de Arxentina (36) e México (21) especialemente.

Novas rapazas Bond

9 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Olga KurylenkoA actriz ucraína Olga Kurylenko (Hitman) ven de ser contratada para o papel protagonista feminino no vindeiro filme que interpretará Daniel Craig na pel de 007, cuxa produción escomezou o pasado día 7 de xaneiro en Londres. O anúncio foi realizado polos produtores Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Productions Ltd., a Sony Pictures Entertainment e mais a Metro-Goldwyn-Mayer.

Olga Kurylenko interpretará á perigosa e atractiva Camille, que desafía a Bond e lle axuda a aceptar as consecuéncias emocionais da traizón de Vesper“, dixeron Wilson e Broccoli nunha declaración conxunta, referíndo-se ao papel de Vesper Lynd (Eva Green) no anterior filme, Casino Royale.
Lér mais

Máis pingas do novo Terminator 4

9 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Terminator 4James Middleton, ún dos produtores asociados da vindeira película Terminator 4, desvelou que o governador de Califórnia, Arnold Schwarzenegger, definitivamente non estará neste filme nin en ningún outro que se faga no futuro dentro da nova triloxía que agardan realizar.

Middleton tamén botou abaixo algúns rumores sobre o papel de John Connor, decindo que o persoaxe terá un papel moi relevante no filme, titulado Terminator Salvation: The Future Begins. Middleton dixo que este filme presentará a un novo persoaxe principal.

É post-apocalíptico” dixo Middleton nunha entrevista concedida no descanso dunha convención de fans dos cómics en Los Angeles, onde estaba a promocionar a vindeira série da canle Fox Terminator: The Sarah Connor Chronicles (na que el é produtor consultivo).
Lér mais

Radcliffe coas vítimas do Holocausto

9 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Daniel RadcliffeO protagonista de Harry Potter, o xove actor Daniel Radcliffe, donou o primeiro par de gafas que levou posto cando era neno a unha exposición en Liverpool, Inglaterra, sobre os horrores do Holocausto.

O actor uniu-se asemade a outros famosos e membros do público que deixaron alí as súas gafas para que todas xuntas formen unha grande vía de camiño-de-ferro, en relembranza dos trens que levaron a moitas vítimas dos nazis aos campos de concentración en toda Europa.

A exposición abrirá o 21 de xaneiro e a vila portuária albergará as conmemoracións co gallo do Día do Holocausto en Inglaterra o 27 de xaneiro, aniversário da liberación de Auschwitz.

Jason Isaacs, que interpreta ao malvado Lucius Malfoy nos filmes de Potter, tamén tomará parte no servizo relixioso.

Radcliffe, ten 18 anos e a súa nai é xudea. Entregou as gafas metálicas e ovaladas que levou postas dende que tiña 6 anos.

Os organizadores queren acadar un total de 110.000 pares de gafas. Cando se instalen dentro da sala de baile principal do Concello de Liverpool, os espellos multiplicarán o número de gafas totais e darán a semellanza de seren 330.000 pares, o número estimado de xudeus ingleses que había nos tempos do Holocausto.

Após de que se clausure a exposición, as gafas dos famosos serán poxadas para actos de caridade, mentres que as dos demáis serán entregadas a diversas origanizacións que as repartirán en países subdesenvolvidos.