Kane, produción europea

10 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Max Von SydowMax Von Sydow e Pete Postlethwaite unirán-se ao protagonista James Purefoy no reparto de Solomon Kane, un filme baseado nas novelas “pulp” de Robert E. Howard. Rachel Hurd-Wood, Alice Krige e Mackenzie Crook xa foran anteriormente integradas no reparto, segundo confirmou o produtor parisino Samuel Hadida, xefe da Davis Films.

Planeada coma a primeira dunha triloxía, Solomon Kane é o relato épico dun soldado do século XVI atormentado polos males cometidos no seu pasado, e que está á procura da redención en loita cun sinistro poder que ameaza ao reino.

O filme será adaptado a partir dos libros de Howard, o mesmo autor de Conan o Bárbaro. Os libros da saga de Kane foran publicados na década de 1920 e 1930.

Michael J. Bassett (Deathwatch) dirixirá a partir dun guión de seu para os coprodutores Hadida e Paul Berrow, presidente da Epic Tales. A rodaxe escomezará en Praga este mesmo mes.

Finalistas do Philip K. Dick 2008

10 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Libros

Ven de se facer pública a listaxe de candidatos a este prémio á millor novela do ano pasado publicada directamente nos Estados Unidos en formato peto. O gañador e mais outras novelas salientábeis darán-se a coñecer o venres 21 de marzo no decurso do congreso Norwescon 31, a celebrar no Hotel Doubletree en Washington.

  • Grey, de Jon Armstrong
  • Undertow, de Elizabeth Bear
  • From the Notebooks of Dr. Brain, de Minister Faust
  • Nova Swing, de M. John Harrison
  • Gradisil, de Adam Roberts
  • Ally, de Karen Traviss
  • Saturn Returns, de Sean Williams

O Prémio Philip K.Dick está patrocinado pola Philadelphia Science Fiction Society e a cerimónia está patrocinada pola NorthWest Science Fiction Society. O gañador do ano pasado foi Spin Control de Chris Moriarty, cunha mención especial para Carnival de Elisabeth Bear.