Filme de Bioshock?

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Corre o rumor de que unha compañía “das grandes” está proxectando adaptar ao cinema o popular videoxogo Bioshock da empresa 2K. O rumor inclúe o detalle de que seica o filme podería utilizar unha tecnoloxía semellante á de 300 de Zack Snyder.

Hayek no circo dos freaks

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Salma HayekSalma Hayek ven de asinar para protagonizar o papel feminino protagonista no filme de terror sobrenatural da Universal Pictures Cirque du Freak, na que se medirá a John C. Reilly e que marcará o seu primeiro papel protagonista dende que foi nai. A produción escomezará o mes que ven.

Paul Weitz dirixirá o filme, que está baseado na saga homónima composta polos 12 libros para nenos da escritora Darren Shan.

Reilly interpretará a unha vampiresa que recruta a un rapaz de 14 anos para que lle sirva como axudante. O xoven convírte-se nun médio-vampiro que chegará a ser o catalizador nunha batalla entre os vampiros e os seus rivais os vampaneses. Hayek interpretará a Madame Truska, a muller barbuda.

Negocian pola Lente

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

A portada de Amazing StoriesA produtora de Ron Howard, a Imagine Entertainment, e mais a Universal Pictures están a negociar cos herdeiros do lendário escritor de ciéncia-ficción E.E. “Doc” Smith para lles mercar os dereitos sobre as súas novelas da saga de Lensman. Estas novelas, publicadas por primeira vez na década de 1930, son moi importantes na ciéncia-ficción porque foron as primeiras que se concebiron coma unha série.

“Doc” Smith é considerado polos especialistas coma o pai do xénero “space opera”. A série Lensman foi moitas veces citada coma influéncia principal para escritores e cineastas actuais, incluindo a George Lucas e a súa Guerra das Galáxias ou ao creador de Babylon 5 J. Michael Straczynski.

Imagine e Universal están a negociar con Al Trestrail, neto de Smith e albacea do seu testamento, están a negociar un acordo por 18 meses renovábeis. “A opción sería por 18 meses, con outros 18 meses máis de seren necesários“, dixo. “Estámolo a negociar arestora. Só podemos chegar a este punto se coidamos que imos chegar a unha sociedade beneficiosa que resultará alomenos nun filme“. Lér mais

Novo Web da Simetria

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

O sítio Web da Simetria, Associação Portuguesa de Ficção Científica e Fantástico, entrou em 2008 com um novo visual. Chegou a vez de assumir a nova geração de ferramentas orientadas à Web 2.0, com capacidade de interligação com tudo e mais alguma coisa, comentários, feeds para as diversas áreas, pesquisa avançada… e tudo o mais que a mente desejar.

Finou Frank Capra Jr.

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Frank Capra Jr. (1934-2007), produtor e director de cinema americano, fillo do máis famoso Capra, finou o pasado 19 de decembro aos 73 anos. Entre os seus traballos de xénero fantástico saliéntan-se o seu primeiro filme, Marooned, tres das das secuelas do Planeta dos Símios e Firestarter.

Haberá terceira parte de Starship Troopers

12 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O tenente RicoA história dun planeta invadido por insectos xigantes alieníxenas e un exército de resisténcia repleto de rapaces guapos terá unha terceira parte: as novas imaxes de Starship Troopers: Marauder xa están aquí.

Após unha desafortunada segunda parte lanzada directamente ao vídeo, a terceira parte traerá a volta de Casper Van Dien como Rico, regreso ao que non se suma o director da original, Paul Verhoeven, que nesta terceira parte é sustituido por Ed Neumeier.

O reparto podería completarse cos nomes de Jolene Blalock, Boris Kodjoe, Stephen Hogan, Amanda Donohoe, Stelio Savante, Marnette Patterson, Cécile Breccia, John Falkow e Joe Vaz, segundo informou a páxina Web creada para a ocasión, Starshiptroopers3.net.

Páxina seguinte »