Bruening recupéra-se
Justin Bruening, o protagonista da vindeira série da canle de televisión NBC Knight Rider (O coche fantástico), confirmou que está a se recuperar da leixón no xoenllo que sofriu nunha escena de loita hai uns días. O episódio piloto poderá aparecer o vindeiro 17 de febreiro nas pantallas, pero os seguintes episódios deberán agardar ao remate da folga de guionistas.
A República nunca existiu!
Tendo por editor a Octávio dos Santos, A República Nunca Existiu! é uma antologia de contos de história alternativa sobre o que teria acontecido se o Rei D. Carlos nunca tivesse sido assassinado a 1 de Fevereiro de 2008. Inserido nas comemorações do centenário do regicídio, esta antologia, uma edição da Saída de Emergência, conta com 14 autores, entre os quais João Aguiar, Miguel Real, José Manuel Lopes, Maria de Menezes, Octávio dos Santos, Luís Richheimer de Sequeira e Gerson Lodi-Ribeiro.
Quantum Of Solace
O título do vindeiro filme de James Bond será Quantum of Solace (algo así coma Anaco de consolo), segundo veñen de anunciar os produtores nunha rolda de prensa celebrada o día 24 nos Estudos Pinewood ás afóras de Londres, onde está a se rodar a película.
Daniel Craig regresará no papel de 007. A 22ª entrega desta venerábel saga é a continuación do filme de 2006 Casino Royale e retomará os acontecementos onde ficaron na anterior parte, con James Bond considerando a vinganza após da traizón do seu amor, Vesper Lynd.
A rodaxe escomezou nos estudos Pinewood a primeiros deste mes. Após de Londres, a rodaxe continuará en Áustria, Itália e Panamá. Judi Dench regresa no papel da xefa do MI-6, M, e Mathieu Amalric (Le scaphandre et le papillon) interpreta ao vilán de turno. No reparto está incluida ademáis a actriz ucraína Olga Kurylenko no papel da misteriosa “rapaza Bond” Camille.
Quantum of Solace ten prevista a súa estrea en Inglaterra e nos Estados Unidos para o vindeiro 7 de novembro.
O novo Joker morreu
Heath Ledger, quen interpreta ao Joker na vindeira peleícula da saga de Batman, The Dark Knight, foi atopado morto o pasado 22 de xaneiro nunha casa en Manhattan, por mor posébelmente dunha sobredose de drogas, segundo desvelou a Policía de New York nun primeiro intre. Ledger tiña 28 anos.
O voceiro da Policía, Paul Browne, dixo á Prensa que Ledger tiña unha cita para unha masaxe nun apartamento de Manhattan. O porteiro do edifício foi quen atopu morto ao actor ás 3:26 horas do serán.
O actor australiano gañara unha nominación ao Oscar polo seu papel de vaqueiro gai en Brokeback Mountain e tiña moitas outras grandes actuacións ás súas costas.
Ledger viña de rematar o papel do malvado Joker na vindeira secuela de Batman, que dirixe Christopher Nolan, e que está prevista para se estrear en xullo. Últimamente estaba a rodar The Imaginarium of Doctor Parnassus en Inglaterra baixo as ordes do director Terry Gilliam.
Lér mais
World of Warcraft supera os 10 millóns de usuários
24 de Xaneiro de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
O xogo de rol multixogador masivo online (MMORPG nas suas siglas en inglés) World of Warcraft (WoW) ven de superar os dez millóns de usuários, un logro de especial releváncia, pois a diferéncia de entornos virtuais coma Second Life, a proposta creada pola Blizzard Entertainment require un pago aos seus xogadores dende o primeiro momento.
Segundo ven de anunciar a Blizzard, milleiros de novos xogadores suscribiron-se a WoW durante o pasado nadal en todas partes do mundo. World of Warcraft axunta agora a máis de 2 millóns de suscriptores en Europa, a máis de 2,5 millónes en Norteamérica e a aproximadamente 5,5 millóns en Ásia.
O estudo de videoxogos aproveitou o fito dos 10 millóns de usuários para relembrar que WoW foi o xogo de computador máis vendido do mundo en 2005 e 2006, e que en 2007 só foi superado por World of Warcraft: The Burning Crusade, o primeiro paquete de expansión do mesmo xogo.
A segunda expansión de World of Warcraft, Wrath of the Lich King, está en desenvolvemento, tal e coma se desvelou no festival de xogos da empresa en agosto de 2007.
Os Razzies: o millor do pior
Un ano máis o Razzies, os “anti-Oscar”, están de volta, e cunha clara deducción: o millor consello para os actores que queiran ser nominados é facer várias películas ao ano. Así asegúran-se que todas elas serán malas, e que as súas actuacións non pasarán desapercibidas para os críticos.
Así, Lindsay Lohan e Eddie Murphy acadaron múltiples nominacións o luns para os Razzies, que “prémian” ao pior que Hollywood produciu no decurso do ano anterior.
Pero este ano, por fin, os galardóns pasaron lonxe do cinema fantástico, e foi o thriller de Lohan I Know Who Killed Me, no que interpreta a dous persoaxes, o que recebiu nada menos ca nove nominacións, liderando as candidaturas deste ano, e incluindo a pior película de 2007. Pola súa banda, Eddy Murphy con Norbit regresou un ano máis á palestra dos piores con oito nominacións.
Os Razzies, folga de guionistas mediante, serán dados a coñecer no decurso dunha gala o vindeiro 23 de febreiro, un día antes dos Oscars.

