O orfanato e REC trunfan en Franza

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O OrfanatoO orfanato, de Juan Antonio Bayona, foi galardonada este domingo co Grande Prémio do Festival de cinema fantástico de Gérardmer, no centro de Franza, no que Rec, de Jaume Balagueró e Paco Plaza, colleitou os galardóns do xurado e mais do público.

O rei da montaña, de Gonzalo López-Gallego, a terceira produción española a concurso neste festival que cumpre quince edicións, non levou ningún prémio.

Rec gañou os prémios do xurado normal e mais do xove, ademáis do galardón do público. O da crítica recaíu na americana Diary of the dead, de George Romero.

A francesa Dans la peau, de Arnaud Malherbe, gañou o prémio na sección de curtametraxes.

Cleese no día que parou a Terra

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

John CleeseO veterán dos Monty Python John Cleese está en negociacións para se unir a Keanu Reeves, Jennifer Connelly e Jaden Smith no reparto do vindeiro remake do clásico da ciéncia-ficción de 1951 The Day the Earth Stood Still (O día que parou a Terra, traducida en España coma “Ultimato á Terra“).

Cleese interpretaría ao físico Dr. Barnhardt, un prémio Nobel que ten un papel chave á hora de averiguar cal é a misión e mais o sinificado da chegada do extra-terrestre Klaatu (interpretado por Reeves). No reparto tamén figuran Kathy Bates e Jon Hamm.

Scott Derrickson (O Exorcismo de Emily Rose) será o director do filme, que está a se rodar arestora en Vancouver e ten prevista a súa estrea para o vindeiro 12 de decembro.

Del Toro considera facer o Hobbit

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Guillermo del ToroGuillermo del Toro está en conversas para dirixir as novas entregas da obra literária de J.R.R. Tolkien, O Hobbit, segundo revelan as nosas fontes en Hollywood. O nome de Del Toro estivo sempre nunha listaxe de directores que poderían poñer en marcha o tan agardado proxecto.

O director do Señor dos Aneis, Peter Jackson, era o grande favorito dende un primeiro intre para dirixir estas precuelas, pero abandonou o proxecto por mor dunha rifa legal que mantivo coa New Line Cinema. Unha vez foron resoltos os problemas xudiciais en decembro, O Hobbit está de novo en marcha, e con Jackson no papen de produtor executivo.

Por mor da folga de guionistas, non hai ainda ningún nome vencellado ao proxecto para reescribir a adaptación deste grande clásico do xénero fantástico de Tolkien, ainda que non se agarda que unha vez remate a folga se tarde moito en atopar un guionista. Del Toro e Jackson supervisarán o desenvolvemento do guión.

A fotografía principal dos dous filmes nos que se dividirá a precuela e que se rodarán simultáneamente, escomezará en 2009. O custe do orzamento está estimado nuns 100 millóns de euros por cadansúa entrega. O lanzamento da primeira parte tería lugar en 2010 e a segunda en 2011.

Concurso no ambiente do Second Life

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Second LifePara 2008, a Simetria, Associação Portuguesa do Fantástico, vai lançar a sua presença virtual no Second Life, a mais divulgada realidade virtual que junta mais utilizadores do que Portugal tem habitantes.

Há alguns anos que a Simetria luta por um espaço físico para retomar as suas actividades como as tertúlias e a projecção de filmes e não sabe quando esse espaço irá-lhes ser disponibilizado. Até lá, não queren parar a sua actividade de divulgação e promoção da FC&F de uma forma que seja ao mesmo tempo educativa, mas também agradável, informal, e porque não? irreverente.

Em 1996 a Simetria foi pioneiros a fazer a sua divulgação via Internet com o lançamento do primeiro site português sobre a temática e com a sua mailing list de divulgação de novidades. Doze anos mais tarde, chegou a altura da Simetria inovar uma vez mais, e da divulgação em duas dimensões - a página Web, o email - passar para as três dimensões: a realidade virtual.
Lér mais

Marvel e Lionsgate: fin á folga

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Unha imaxe da folgaA Lionsgate e mais os Estudos Marvel veñen de chegar a un acordo temporal co Sindicato de Guionistas dos Estados Unidos  para rematar coa folga de guionistas de Hollywood e que lles permitirá traballar nos proxectos destas empresas.

A Marvel Studios, unha filial da Marvel Entertainment Inc., está a producir versións de Iron Man e do Incríbel Hulk.

Os guionistas e os produtores retomaron as súas conversas esta mesma semana e poideron asemade rematar cunha folga que xa duraba tres meses e que xa detivo moitas producións na televisión americana. Ainda que a Marvel non é unha empresa das grandes dentro dos estudos cinematográficos, este acordo pon-lle presión aos estudos importantes para que cheguen a acordos semellantes cos guionistas.

Entre os vindeiros filmes da Lionsgate están The Eye, e entre as súas séries da televisión están Mad Men e unha nova série, Fear Itself.

Lee fará un anime en vivo

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Jieho LeeO realizador Jieho Lee confesou nunha rolda de prensa á que tivo acceso NOVA FANTASIA que o seu vindeiro proxecto será unha versión con acción real dun popular anime xaponés.

Esquecín que se supón que non debería falar disto, e nen sequera permitir que vos o saibades“, dixo Lee mentres facía a presentación da súa fábula urbá The Air I Breathe. Lee non quixo confirmar máis detalles sobre este proxecto.

Lee está ademáis traballando nun filme en China, baseado nun guión de seu. “Ambos os dous proxectos son obras de acción dirixidas polo persoaxe, que é algo que quero continuar facendo“, dixo Lee.

The Air I Breathe (”O aire que respiro”) marca o debut na dirección de filmes grandes de Lee e está baseado nun provérbio chinés. Está protagonizado por Forest Whitaker, Sarah Michelle Gellar, Kevin Bacon, Andy Garcia e Brendan Fraser e estreou-se nos Estados Unidos o pasado día 25.

Páxina seguinte »