Gilliam sustitúe a Ledger con Depp?

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Johhny DeppSegundo un rumor que está a correr pola Rede e pola prensa internacional, o director Terry Gilliam está a procurar a Johnny Depp para que se faga co papel que interpretaba o defunto actor Heath Ledger no filme que está a se rodar arestora The Imaginarium of Doctor Parnassus. A Ledger quedában-lle seis semanas para rematar o seu traballo no filme cando foi atopado morto nun apartamento de New York o pasado día 22.

Hai un intre no filme no que Heath cae ao interior dun espello máxico“, dixo unha fonte dos estudos. “Nese intre podería mudar nouro persoaxe, e aí é onde Johnny podería entrar. É un filme estrano, fantástico, de viaxes polo tempo, así que o persoaxe de Heath podería doadamente mudar de apariéncia. Sería un intre decisivo. Johnny non está a traballar agora mesmo, así que todos están a lle rogar que se una ao proxecto“.

Gilliam previamente xa traballara con Depp en Medo e Noxo en Las Vegas e no filme incompleto (logo reconvertido en documental) O Home que matou a Don Quixote, unha fita que despóis mudou o seu título a Lost in La Mancha.

O cómic chega a Angoulême

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cómic

A mascota do FestivalEn 35 anos, a cidade de Angoulême, ao suroeste de Franza, impregnou-se da cultura do cómic, feita de creatividade e liberdade. A rúa Goscinny desemboca na rúa Hergé, murais xigantes con personaxes de cómic penden das fachadas e os debuxantes asinan as súas obras por todas as partes: no recinto do festival, nos cafés, as tendas e mesmo nunha peixería do centro.

A 35ª edición do festival internacional do cómic que aquí se celebra, a máis importante por audiéncia de Europa, abriu as súas portas o día 24 cunha nova organización e no contexto da vitalidade excepcional que vive o sector.

Dende o mediodía os fans agardaban á porta das casetas instaladas en pleo centro desta cidade do suroeste de Franza; casetas que albergan exposicións, encontros con autores, tendas, talleres…

Uns mil autores pasaron por aquí até o domingo 27. Cada ano o festival atrae a unhas 200.000 persoas, das que até un 7% veñen de fóra de Franza. Estas cifras amosan a boa saúde económica do sector: uns números que fan palidecer os doutras pólas da edición.
Lér mais

Os Irmandiños no Guinness

30 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Irmandiños: A RevoltaA recreación da batalla dos Irmandiños, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta e celebrada o pasado mes de outubro no castelo de Monterrei, ven de entrar no popular libro Guinness dos récords coma o xogo de rol en vivo celebrado que concentrou a un meirande número de participantes de todo o mundo.

O xogo desenvolveu-se o pasado mes de outubre e contou con preto de mil participantes procedentes de toda Galiza, vários puntos de España e mesmo de Franza, entre xogadores, actores e persoal da organización. A primeira edición celebrou-se en 2006 e, por mor do seu éxito, repetiu-e o pasado outubro. Os seus organizadores afirman que se converteu nun referente a nivel estatal. Ademáis, salientan a capacidade deste xogo para implicar á xoventude nunha actividade que además de divertir enmarca-se dentro dun episódio da história de Galiza e revaloriza o seu património artístico.

Os Irmandiños: A Revolta
, a edición do xogo de rol celebrada en outubre e que entrou no Guinness enmarcou-se na Segunda Revolta Irmandiña. Os participantes pertencían a dous bandos e recrearon a batalla que libraron señores e labregos en 1467.

Agora, a Dirección Xeral xa pensa na vindeira edición; Monterrei volverá ser o escenário da cita. O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, salientou que o recoñecemento do Guinness servirá para dar máis cobertura ao feito e que poida participar xente doutros países.

Bruening recupéra-se

24 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Justin Bruening, o protagonista da vindeira série da canle de televisión NBC Knight Rider (O coche fantástico), confirmou que está a se recuperar da leixón no xoenllo que sofriu nunha escena de loita hai uns días. O episódio piloto poderá aparecer o vindeiro 17 de febreiro nas pantallas, pero os seguintes episódios deberán agardar ao remate da folga de guionistas.

A República nunca existiu!

24 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Tendo por editor a Octávio dos Santos, A República Nunca Existiu! é uma antologia de contos de história alternativa sobre o que teria acontecido se o Rei D. Carlos nunca tivesse sido assassinado a 1 de Fevereiro de 2008. Inserido nas comemorações do centenário do regicídio, esta antologia, uma edição da Saída de Emergência, conta com 14 autores, entre os quais João Aguiar, Miguel Real, José Manuel Lopes, Maria de Menezes, Octávio dos Santos, Luís Richheimer de Sequeira e Gerson Lodi-Ribeiro.

Quantum Of Solace

24 de Xaneiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Quantum of SolaceO título do vindeiro filme de James Bond será Quantum of Solace (algo así coma Anaco de consolo), segundo veñen de anunciar os produtores nunha rolda de prensa celebrada o día 24 nos Estudos Pinewood ás afóras de Londres, onde está a se rodar a película.

Daniel Craig regresará no papel de 007. A 22ª entrega desta venerábel saga é a continuación do filme de 2006 Casino Royale e retomará os acontecementos onde ficaron na anterior parte, con James Bond considerando a vinganza após da traizón do seu amor, Vesper Lynd.

A rodaxe escomezou nos estudos Pinewood a primeiros deste mes. Após de Londres, a rodaxe continuará en Áustria, Itália e Panamá. Judi Dench regresa no papel da xefa do MI-6, M, e Mathieu Amalric (Le scaphandre et le papillon) interpreta ao vilán de turno. No reparto está incluida ademáis a actriz ucraína Olga Kurylenko no papel da misteriosa “rapaza Bond” Camille.

Quantum of Solace ten prevista a súa estrea en Inglaterra e nos Estados Unidos para o vindeiro 7 de novembro.

« Páxina anteriorPáxina seguinte »