A Porta de Orión
O popular sítio Web de información do xénero fantástico en español Mas Allá de Orión ven de se renovar, acadando un domínio de seu e pasándo-se ao xestor de contidos de Wordpress. Invitámos-vos a lle botar unha ollada para coñecerdes o último en rumores e novas diversas en español por este ligazón.
Prémio UPC
Ven de se convocar o Prémio da Universidade Politécnica de Cataluña de novela curta de ciéncia-ficción para obras inéditas escritas en francés, inglés, castelán ou catalán e que convoca coma todos os anos o Consello Social da UPC. O prazo de presentación rematará o 15 de setembro de 2008. As bases podédelas consultar neste ligazón.
O Xogo de Ender será un videoxogo
3 de Febreiro de 2008 por Editor
Arquivado como Videoxogos
O produtor independente de videoxogos Chair Entertainment Group ven de anunciar un acordo de asociación co escritor Orson Scott Card para crear unha série de xogos baseados na súa série de libros do Xogo de Ender.
Baixo os termos do acordo, Chair obtén os dereitos exclusivos para desenvolver videoxogos para todas as consolas do mercado e mais o PC. En colaboración con Card, a Chair escomezará a programar a finais deste ano un videoxogo inspirado na parte da “Sala de Batalla” do libro O Xogo de Ender.
“Dende o intre no que comecei a traballar con Donald Mustard e mais a súa equipa da Chair, souben que estes eran os tipos que eu qiería que fixeran o primeiro videoxogo do Xogo de Ender“, dixo Card.
Lér mais
Freddy volve a Elm Street
Os sócios da Platinum Dunes Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form apostan por relanzar a saga de Pesadelo en Elm Street para os estudos New Line Cinema.
A série, que escomezou en 1984 co filme de Wes Craven Pesadelo en Elm Street, céntra-se no icónico asasino das poutas de ferro Freddy Krueger, que enmeiga os soños dos adolescentes e mátaos mentres durmen. Orixinalmente interpretado por Robert Englund, Freddy apareceu en nove filmes e dúas séries de televisión e foi a franquía máis lucrativa da New Line até O Señor dos Aneis.
O proxecto non é o primeiro intento de revivir unha série de terror por parte do trío de produtores, que están a preparar nestes intres o comezo da rodaxe do novo Venres 13 para maio. Ese filme, dun guión dos autores de Freddy vs. Jason Damian Shannon e Mark Swift, será dirixido por Marcus Nispel, quen previamente xa traballara con Platinum Dunes no recente remake da Matanza de Texas.
Na Rogue Pictures, a equipa da Platinum Dunes está a preparar un thriller de exorcismos que será dirixido por David Goyer e mais un remake de Near Dark que realizará Samuel Bayer. Bay, Fuller e Form están a desenvolver asemade un remake do clásico da Universal de Alfred Hitchcock Os Paxaros, con Martin Campbell dirixindo a Naomi Watts.
Romanek ten medo do Lobishome
Mark Romanek, que estaba á fronte do proxecto para facer o remake do clásico da Universal O Lobishome, ven de abandoar o barco.
Romanek (One Hour Photo) presentou várias queixas aos estudos ao respecto do tempo de produción e mais do orzamento, mália ter 100 millóns de dólares ao seu dispór (o filme só custará 85 millóns de dólares por aforro de impostos ao se rodar en Inglaterra). Ademáis cítan-se coma sempre as habituais “diferéncias creativas” coma causa da ruptura.
A nova versión de Wolf Man, escrita por Andrew Kevin Walker (Sleepy Hollow), tiña previsto o comezo da rodaxe en marzo, e a data de estrea era en 2009. Benicio Del Toro, Anthony Hopkins e Emily Blunt están entre o reparto. Agárda-se agora que a Universal dea a coñecer o nome do novo director a finais desta mesma semana.
A DreamWorks aposta polo Paranormal
A DreamWorks ven de adquirir os dereitos sobre o filme independente do director Oren Peli Paranormal Activity, unha película que vai sobre casas enmeigadas, rodado cunha cámara de man e feito cun orzamento moi limitado. No recente Slamdance Film Festival, que corre paralelo ao cada vez máis poderoso de Sundance, recebiu moi boas críticas cando foi exhibido. Ainda que o filme será distribuido internacionalmente pola IM Global, será lanzado nos Estados Unidos directamente ao mercado do DVD.
Nado e criado en Israel, Peli chegou aos Estados Unidos aos 19 anos e comezou unha carreira de programador de videoxogos antes de se converter en director de cinema. Rodou Paranormal Activity no prazo dunha semana cunha cámara de alta definición na súa própia casa e con dous actores descoñecidos, Katie Featherstone e Micah Sloat, quen á súa vez tiveron que manexar a cámara a maior parte do tempo.

