A Paixón dos guionistas de Mel Gibson
Un dos escritores que redactaron o guión de A Paixón de Cristo, a terceira película como director de Mel Gibson, demandou ao realizador ao considerar que lle negou unha “xusta compensación” pola sua laboura no filme.
Benedict Fitzgerald, que escribiu o texto da película xunto a Gibson, reclama ao seu director cinco millóns de dólares na demanda interposta hoxe no Tribunal Superior de Los Angeles. No documento, de 21 páxinas, Fitzgerald acusa a Gibson de fraude, incumprimento de contrato e prácticas de negócio inxustas.
Fitzgerald sostén que sofriu un “engano” e “tácticas conspiratórias” por parte de Gibson, quen lle asegurou que se trataría dun proxecto pequeno, que custaría entre catro e sete millóns de dólares e que daría poucos benefícios.
Nembergantes, o filme de terror gore A Paixón de Cristo resultou ser unha das películas que máis cartos recadaron en 2004, con máis de 600 millóns de dólares amasados en billeteiras de todo o mundo. Fitzgerald di que cobrou polo seu traballo 75.000 dólares e que mesmo tivo que lle pedir emprestados a Gibson 200.000 máis en concepto de gastos.
Ameaza xudicial contra O Hobbit
Os herdeiros do creador de O Señor dos Aneis, J.R.R. Tolkien, demandaron ao estudo cinematográfico que lanzou a triloxía baseada nos seus libros, argumentando que este non lles pagou parte das gañanzas das exitosas películas.
A herdeira do escritor, unha organización benéfica británica chamada The Tolkien Trust, e mais a editorial orixinal de O Señor dos Aneis, a HarperCollins, presentaron a querela contra New Line Cinema o lúns nun Tribunal Superior de Los Angeles.
A demanda alega que a New Line debía pagar o 7,5% dos ingresos brutos dos filmes aos herdeiros de Tolkien e demáis demandantes. O voceiro da New Line non quixo responder ás preguntas dos xornalistas.
Lér mais

