Sam Raimi irá ao inferno

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Ellen PageEllen Page (Juno) será a protagonista de Drag Me to Hell (”Léva-me ao Inferno”), un filme de terror que Sam Raimi dirixirá de seguido. A Universal Pictures acadou os dereitos de distribución para esta película, cuxa rodaxe dará comezo o vindeiro 17 de marzo en Los Angeles.

Segundo din, o filme é un conto con moralina incluída sobre unha persoa que recibe sen o desexar un enmeigamento sobrenatural. Esta fita marcará o regreso de Raimi ao xénero de terror após de dirixir a triloxía de Spiderman.

Raimi e mais o seu irmán Ivan escribiron o guión. A empresa do parceiro de Sam Raimi, Rob Tapert, a Ghost House Pictures, será a encargada da produción xunto con Grant Curtis e Josh Donen. Nathan Kahane e mais Joe Drake serán os produtores executivos.

Bell atopa o amor en Roma

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Kristen BellKristen Bell protagonizará a comédia romántica con toques fantásticos When in Rome, un filme que dirixirá Mark Steven Johnson (Ghost Rider) a partir dun guión de seu queescribiu para a Disney.

Gary Foster, Andrew Panay e Rikki Bestall serán os produtores deste filme que comezará a serodar o 31 de marzo en New York e Roma.

Bell (da série da Galega Heroes) interpretará a unha exitosa axente inmobiliária en New York que non pode conseguir unha relación duradeira. Cando a súa irmá pequena casa en Roma de súpeto, voa até alí para a voda e após de recoller algunhas moedas nunha “fonte do amor” na na capital italiana, ewscomeza a atopar unha manchea de namorados agardando pro ela na casa.

Bell aparecerá asemade axiña na série Fanboys (con temática da Guerra das Galáxias) para a Weinstein Co.

Decepción trekkie

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Cartace do filmeA Paramount ven de dar un disgusto aos afeccionados, ao adiar a estrea da moi agardada nova entrega da saga de Star Trek até o 8 de maio de 2009, cando orixinalmente estaba prevista para o nadal deste mesmo ano, e todo coa intención de aproveitar a tempada de verán.

Star Trek vai-se mudar até o verán porque iso ten moito potencial nas billeteiras“, dixo o voceiro da Paramount Michael Vollman. “Non se precisan novos xiros no guión. Hai xa dous terzos da rodaxe rematados, e de telo feito no nadal, tería sido unha magnífica película asemade“.

Star Trek XI é ún dos moitos filmes que os estudos veñen de adiar por mor da recentemente rematada folga de guionistas, e ainda que oficialmente neste caso os motivos non teñen ren que ver co guión nin co reparto, hai quen pensa que todo podería deber-se ao esforzo por incorporar a novos persoaxes a última hora.

Ademáis do caso de Star Trek XI, outro filme que verá adiada a súa data de estrea é o protagonizado por Brad Pitt e Cate Blanchett The Curious Case of Benjamin Button, que pasa do 26 de novembro ao 19 de nadal. Pola súa banda, Case 39 pasa do 22 de agosto ao 10 de abril de 2009 e a comédia de Eddie Murphy Nowhereland pasa do 26 de setembro ao 12 de xuño de 2009.

A Warner demandada por “Watchmen”

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Capa do cómicA Twentieth Century Fox ven de demandar á Warner Brothers polos dereitos para desenvolver, producir e distribuir un filme baseado na clásica novela gráfica de Alan Moore e Dave Gibbons Watchmen. A Fox afirma que posúe os dereitos de copyright exclusivos e mais os dereitos contractuais sobre o devandito cómic.

A produción deste filme está baixo o control do director Zack Snyder, quen xa incluíu no seu reparto a Jackie Earle Haley, Billy Crudup, Patrick Wilson, Carla Gugino e Malin Akerman.

A política dos estudos é non facer comentários sobre os xuizos pendentes, segundo dixo un voceiro.

A Fox quere asociar-se coa Warners para sacar adiante o proxecto, baseándo-se en que segundo din entre 1986 e 1990 adquiriron todos os dereitos cinematográficos sobre a famosa série de 12 números publicados pola DC Comics e sobre os guións de Charles McKeown e Sam Hamm. En 1991, a Fox asignou algúns destes dereitos nunha compensación coa Largo International, pero mantendo os dereitos exclusivos para distribuir a primeira película que se fixera sobre os Watchmen, segundo din na demanda. Lér mais

Os Coen nun mundo xudeu alternativo

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

A capa do libroA Columbia Pictures ven de adquirir os dereitos cinematográficos sobre unha novela con universos alternativos do escritor Michael Chabon titulada The Yiddish Policemen’s Union e quere que os recén nominados ao Oscar, os irmáns Joel e Ethan Coen a dirixan.

Os Coen - cuxo filme Non é país para Vellos está nominado a oito Oscars, terían que adaptar o libro e producir o filme xunto co seu parceiro Scott Rudin.

O libro está ambientado nunha América procedente dunha História alternativa na que os inmigrantes xudeus están por ser desprazados polos plans do governo para lle entregar unha vila de Alaska aos nativos esquimais. Neste telón de fondo hai unha novela negra de mistério na que un poli duro investiga o asasinato dun xénio do xadrez adicto á heroína que podería ser o Mesías.

Finou Roy Scheider

16 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

Roy ScheiderO actor Roy Scheider, que alcanzou fama internacional coma o xefe de policía Martin Brody na película de Steven Spielberg Tiburón, finou o pasado luns aos 75 anos de idade, segundo informaron fontes do hospital da Universidade de Arkansas.

O voceiro da institución, David Robinson, non especificou a causa do falecemento, ainda que traballadores do centro explicaron que o intérprete americano recebira tratamento por un mieloma múltiple durante os últimos dous años.

Tanto Scheider coma Richard Dreyfuss, que encarnaba a un oceanógrafo, protagonizaron Tiburón (1975), a fita que inaugurou a era dos “billeteirazos” de Hollywood xa que foi o primeiro filme que sobrepasou a barreria dos 100 millóns de dólares nas salas.

Os afeccionados ao xénero lembrarémos-lle ademáis polas súas aparicións na série SeaQuest ou máis recentemente nos filmes menores Dracula II e Dracula III.

Páxina seguinte »