Verbinski súma-se á animación

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Gore VerbinskiO director de Piratas do Caribe, Gore Verbinski, fará o seu primeiro filme de debuxos animados asociándo-se co realizador Graham King para producir o proxecto.

O filme de acción e aventuras está baseado nunha ideia orixinal de John B. Carls, un empregado da empresa de Verbinski Blind Wink Productions, ten un orzamento inicial duns 60 millóns de euros e unha aposta polo ano 2010 coma data de lanzamento. O guionista John Logan (Sweeney Todd) está en conversas para se encargar de escribir o libreto deste filme e das súas posíbeis secuelas.

King financiará o desenvolvemento do filme, ainda sen título. A Warner Brothers ou outros estudos serán a sede do proxecto após de que se remate de escribir o guión.

Verbinski está a procurar un grupo de deseñadores para este novo filme, incluindo ao xénio dos efectos especiais Mark “Crash” McCreery e mais ao xefe de guionistas e artista de bocetos James Ward Byrkit, ambos dos cales xa traballaran con el nos seus filmes de piratas. O coprodutor David Shannon traballará como artista conceptual neste proxecto. Os realizadores decidirán se traballar nunha unidade de animación de seu ou se ir a uns estudos de gravación unha vez estea rematado o guión.

Akira ao cinema

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

AkiraLeonardo DiCaprio vai-se asociar á Warner Brothers para producir un filme de acción real baseado no popular manga e anime Akira.

Ruairi Robinson foi contratado para dirixir o que nun princípio será un filme épico dividido en dúas partes. A película marcará o debut na realización de longametraxes de Robinson, cuxa curta animada de ciéncia-ficción Fifty Percent Grey foi nominada a un Oscar. Gary Whitta escribirá a adaptación, que DiCaprio producirá a través da súa empresa Appian Way.

Akira é todo un clásico para os afeccionados. Orixinou-se en 1988 coma un manga (un cómic xaponés) e despóis converteu-se nun anime (película de debuxos animados xaponeses), con guión e dirección de Katsuhiro Otomo. A história está ambientada nunha cidade futurista alumeada polas luces de neón, chamada Nova Tóquio en 2019, onde un membro dunha banda de moteiros é obrigado a participar nun experimento do governo que desata os seus poderes até daquela agochos. O líder da banda deberá atopar un xeito de deter a vaga de destrución causada.

Akira leva moito tempo en desenvolvemento pola compañía, cos produtores Jon Peters e Basil Iwanyk implicados en diversos intres, así coma os directores Stephen Norrington e Pitof. Os dereitos caducaron, pero a Warner mercounos outra vez a Robinson, que é o que ten a ideia de adaptar o filme en dúas partes.

A história, nombergantes, trasladará-se até “Nova Manhattan”, unha cidade reconstruida polos xaponeses. Os estudos agardan que se todo vai ben podamos falar da estrea da primera parte alá polo verán de 2009.

O Fantasporto 2008 xa está aquí!

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Fans

Cartace do FestivalO 28º Festival Internacional de Cinema do Porto, o Fantasporto 2008, comeza mais cedo este ano. A 28ª edición volve elevar a cidade do Porto a capital mundial do cinema fantástico. Ademáis do aumento de salas onde van ser exibidos os filmes Fantas (Teatros Rivoli e Sá da Bandeira, e outras 10 salas de cinema Lusomundo espalladas por Portugal), a apertura oficial está marcada para o início do festival, o luns 25 de febreiro ás 21:30h no Grande Auditório do Teatro Rivoli.

A sesión de apertura será antecedida por un espectáculo multimédia e animación diversa na entrada do Rivoli. Un cordón vermello, robots de luces e teatro de rúa axudarán ao glamour co que se vai celebrar este início de festa. Na sala, unha apertura diferente, un espectáculo que antecede á grande antestrea que marca o início do evento.

Haberá cinema para todos os gostos nesta edición. Confirmado está o filme Breath de Kim Ki Duk, realizador ben coñecido do público do Fantasporto por filmes coma The Isle ou The Bow. Integra o núcleo de filmes que foron seleccionados para a 18ª Semana dos Realizadores e para a Sección Oficial Competitiva Orient Express. Para este sector foron escollidos os millores filmes da produción oriental do ultimo ano. Do Xapón, Corea do Sul, Tailandia, entre outros. Cinema de terror, acción e ciéncia-ficción con impronta do Oriente constrúe esta sección. Hai tamén que contar, ainda, com o mais recente filme de Chan wook Park, o responsábel por Oldboy aqui apresentando unha história de amor “tecnolóxica”: I’m a Cyborg, But That’s Ok é o filme.
Lér mais

Yates para Harry Potter VII?

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

David YatesO realizador David Yates (Harry Potter e a Orde do Fénix) está a traballar na sexta entrega da saga do xove meigo e moitos agardan que sexa el o finalmente escollido para se encarregar da dirección da sétima e derradeira entrega desta série cinematográfica.

Unha desas persoas que agardan é a escritora de novelas xuvenís Lois Lowry, quen cobiza pola adaptación do seu libro The Giver, ao que Yates tamén está vencellado. Agora, no seu blog oficial, Lowry revela que o filme baseado no seu libro adiará-se até que Yates fique libre para facer Harry Potter e as Relíquias da Morte após de todo.

No seu blog, a escritora di: “Malas novas dende a fronte de The Giver. David Yates, o director que está a traballar arestora no vindeiro filme de Harry Potter, e que se supoñía que ía dirixir despóis The Giver, decidiu que quere rodar antes a derradeira entrega da saga de Potter, pospoñendo asemade The Giver por vários anos“.

Tres actores e un papel

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Jude LawConfirmando un rumor que levaba tempo dando voltas pola Rede, axéncias de novas internacionais veñen de informar que Jude Law, Johnny Depp e Colin Farrell aparecerán os tres facendo o papel do defunto Heath Ledger no filme por rematar de Terry Gilliam The Imaginarium of Doctor Parnassus.

Os tres actores interpretarán o papel de Tony neste filme fantástico, que Ledger deixou inconcluso mentres o rodaba até que finou en xaneiro pasado. Ainda non está moi claro de que xeito poderán entrar os tres actores nun mesmo papel.

A rodaxe deste filme rematara en Londres e viña de se mudar a Vancouver, Canadá, cando foi suspendido por mor do pasamento de Ledger.

The Imaginarium of Doctor Parnassus descríbe-se coma un conto fantástico sobre unha compañía de teatro que pode controlar a imaxinación dos demáis.

Mutantes até na soupa

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

LobetoA 20th Century Fox ven de engadir tres novos superheroes ao seu filme X-Men Origins: Wolverine, con Ryan Reynolds para o papel de Deadpool, o actor do show de televisión Friday Night Lights Taylor Kitsch facendo de Gambito e o artista de hip-hop Will.i.am no papel de John Wraith.

Liev Schreiber, Danny Huston e Lynn Collins darán o toque final ao reparto interpretando a Victor Creed/Dentes de Sabre, ao Coronel William Stryker e mais a Kayla Silver Fox.

Hugh Jackman repetirá o seu papel protagonista no papel de Lobeto (Wolverine) neste filme secuela de X-Men que Gavin Hood está a rodar en Nova Celándia, Austrália e New Orleans. O filme estreará-se o 1 de maio de 2009.

David Benioff escribiu o guión, que seica revelará as orixes misteriosas do persoaxe de Lobeto e presentará a outros mutantes nunca vistos até agora na franquía dos Homes X. Lér mais

Páxina seguinte »