Tres actores e un papel

21 de Febreiro de 2008 por Editor  
Arquivado en Cinema

Jude LawConfirmando un rumor que levaba tempo dando voltas pola Rede, axéncias de novas internacionais veñen de informar que Jude Law, Johnny Depp e Colin Farrell aparecerán os tres facendo o papel do defunto Heath Ledger no filme por rematar de Terry Gilliam The Imaginarium of Doctor Parnassus.

Os tres actores interpretarán o papel de Tony neste filme fantástico, que Ledger deixou inconcluso mentres o rodaba até que finou en xaneiro pasado. Ainda non está moi claro de que xeito poderán entrar os tres actores nun mesmo papel.

A rodaxe deste filme rematara en Londres e viña de se mudar a Vancouver, Canadá, cando foi suspendido por mor do pasamento de Ledger.

The Imaginarium of Doctor Parnassus descríbe-se coma un conto fantástico sobre unha compañía de teatro que pode controlar a imaxinación dos demáis.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!