Cannes poderá acoller a Indiana
A canle Fox News ven de informar que os representantes de Steven Spielberg están tentando asegurar-se de que Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull sexa o filme que abra este ano o Festival de Cinema de Cannes, que escomezará o vindeiro 15 de maio.
Isto sería o pistoletazo de saída para a moi agardada secuela das aventuras de Indiana Jones, e unha espléndida oportunidade para toda a equipa e mais o reparto de desfilar pola alfombra vermella do prestixioso Palais de Cannes.
Os rumores ademáis din que a Paramount non planea facer ningunha presentación prévia paraa prensa, polo que a estrea de Cannes sería realmente unha prmícia mundial e a primeira oportunidade exclusiva de mirar este filme antes da súa estrea oficial, o 22 de maio.
A Fada dos Dentes
O antigo loitador de wrestling reconvertido a actor Dwayne Johnson protagonizará o papel principal en The Tooth Fairy, unha comédia fantástica da 20th Century Fox que se vai rodar a partir do mes de agosto. Michael Lembeck (The Santa Clause) será o director.
Johnson fará o papel dunha persoa corrente que se verá envolta nunha loita por salvar ao reino máxico dos dentes onde vive a famosa fada.
The Tooth Fairy conta cun guión de Lowell Ganz e Babaloo Mandel coa colaboración de Joshua Sternin e Jeffrey Ventimilia.
Johnson é o protagonista do filme da Disney Witch Mountain, que se estreará axiña, e asemade poderemos ve-lo este verán nas carteleiras xunto a Steve Carell na comédia da Warner Brothers Get Smart.
Nos países anglosaxóns a Fada dos Dentes é o persoaxe que coma o rato Peres en España deixa regalos aos nenos cando se lles caen os dentes de leite.
Volve a Xustiza
A Warner Brothers regresa coa Liga da Xustiza, e aposta por un lanzamento en 2009, agora que ven de rematar a folga de guionistas.
A Warners tentara que A Liga da Xustiza, o filme baseado na popular franquía da DC Comics, entrase en produción xa hai meses, pero tiveron que adia-lo indefinidamente en xaneiro, co que os contratos que tiñan cos membros do reparto expiraron. Naquel intre xa dixeran que os estudos non querían seguir adiante até que os guionistas lle deran outro repaso ao libreto do filme.
Os guionistas Kieran e Michele Mulroney están ocupados pulindo o guión, que se agarda que estea de volta nos estudos dentro dalgunhas semanas, mentres que aos actores lles aconsellaran que seguiran poñéndo-se en forma para entraren nos seus uniformes de super-heroes. O director George Miller está facendo labouras de preprodución en Austrália, pero non está nada claro se o filme se rodará alí ou en Canadá.
Adam Brody, contratado para facer o papel de Flash, é o actor de máis sona dentro do reparto para o filme. O rapeiro Common fará o persoaxe de Lanterna Verde, mentres que o resto dos papeis serán para actores menos coñecidos, coma Armie Hammer Jr. (Batman) e Megan Gale (Wonder Woman).
Gañadores dos prémios do Anime
A Feira Internacional de Anime de Tóquio (TAF), a feira de comércio máis importante do mundo adicada aos debuxos xaponeses, ven de presentar “Evangelion 1.0: (Non) Estás só” co seu prémio á Millor Animación do ano.
Os debuxos, a última entrega da franquía da Hideaki Anno TV sobre os rapaces que pilotan robots xigantes en loita contra invasores extra-terrestres, foi un grande éxito o ano pasado cando foi distribuida nos Estados Unidos, recadando 19 millóns de dólares.
A TAF anunciou asemade outros prémios nas súas dúas seccións principais: Traballos Nominados, para séries e películas emitidas, exhibidas ou vendidas nos pasados 12 meses, e Traballos Enviados, para séries e filmes remitidos polo público en xeral en todo o mundo.
O grande prémios na sección de Traballos Nominados foi para Adventures in the NPM, unha curta taiwanesa de Helen Huang que é unha guía animada polo Museu do Palácio Nacional en Taipei. A obra de Grzegorz Jonkajtys Ark e mais a de Moin Samadi The Lost Puppet foron seleccionadas coma Mencións de Honra na categoría xeral, o que supón o segundo prémio. Christmas in Taxi de Young-kwang acadou o Prémio Especial, e a obra de Takashi Kato The Clockwork City e mais a de Guillaume Briet BistRobot gañaron mencións de honra na categoría de estudantes.
A TAF terá lugar do 27 ao 30 de marzo en Tóquio (Xapón). O ano pasado a feira amosou traballos de 270 empresas diferentes, incluindo 55 estranxeiras, e atraiu a 107.713 visitantes.
Shazam ainda non está morto
O director Peter Segal revelou á prensa que a recentemente rematada folga de guionistas de Hollywood adiara o seu proxecto de filme sobre Shazam, pero que agora xa está de novo de volta para o traballo.
“Coido que ainda acontecerá“, dixo Segal (Get Smart) a un grupo de xornalistas no decurso da WonderCon en San Francisco na pasada fin de semana. “Pero o tempo vai ser un factor clave de agora en adiante, porque… normalmente estariamos a traballar nun guión mentres estabamos facendo a post-produción de Get Smart, así que agora que rematamos a post-produción, estamos listos para escomezar coa preprodución do seguinte proxecto“.
Pero Segal dixo que non non quería apurar-se para facer un guión para o filme, baseado na venerábel figura do Capitán Marvel, un persoaxe clásico da DC Comics. Segal confirmou asemade que o título agora é Billy Batson and the Legend of Shazam (en España Billy Batson foi traducido coma Memo Batson).
“Realmente non queremos apresurar-nos con algo coma Shazam“, dixo Segal. “Quero dicir que vai ser un filme realmente grande, grande en perspectivas e grande en prezo. Así que queremos asegurar-nos de que temos un guión sólido e prestar atención ao reparto e a toda a preprodución que hai ao redor disto. Xa sabedes, cando estea ben, farémo-lo“.
O vindeiro filme de Segal é Get Smart, baseado na série cómica de espías O Superaxente 86 dos anos 60. A estrea está prevista para o 20 de xuño.

