E o Oscar vai para…
O xénero fantástico estivo este ano representado por tres filmes gañadores na gala dos prémios Oscar da Académia de cinema de Hollywood.
O Oscar aos millores efectos especiais recaiu en O compás dourado, que venceu sorpresivamente a Transformers e mais a Piratas do Caribe 3, dous filmes que partían coma claros favoritos na carreira.
Pola súa banda, Brad Bird gañou o seu segundo Oscar (o primeiro fora en 2004 con Os Incríbeis) grazas ao filme de debuxos animados Ratatouille, que leva camiño de se converter nunha grande lenda por mor dos moitos prémios que xa recadou dende a súa estrea. De todos os xeitos, Ratatouille só gañou ún dos cinco Oscars aos que estaba nominado.
Finalmente, o terceiro Oscar da noite foi a parar a Tim Burton polo seu filme musical Sweeney Todd The Demon Barber of Fleet Street (”O terríbel barbeiro da rúa Fleet”), que foi galardonado co prémio á millor dirección artística. A película de Burton recebiu críticas non demasiado positivas, por mor do seu exceso co sangue e mais as súas reminiscéncias dos filmes de terror da Hammer, pero se cadra foi precisamente iso o que miraron de bó os membros da Académia.
Harry Potter en galego
Onte púxose á venda Harry Potter e as reliquias da morte, última entrega da serie de novelas de J. K. Rowling, publicado por Editorial Galaxia.
Para celebrar este lanzamento Editorial Galaxia organizou unha série de actividades na FNAC da Coruña e na Casa do Libro de Vigo co fin de lles ofrecer aos harrypotólogos a posibilidade de compartir a espera do lanzamento dun xeito entretido. Unha hora antes da posta á venda da sétima entrega de Harry Potter tivo lugar un concurso de disfraces de personaxes desta série de libros. Tamén houbo unha charla-presentación a cargo dun grupo de lectores e coñecedores cualificados das aventuras de Harry Potter.
Editorial Galaxia vén publicando, en colaboración con Ediciones Salamandra de Barcelona, a serie Harry Potter en lingua galega. A última entrega, Harry Potter e as reliquias da morte, foi traducida por Laura Sáez, quen tamén prepara a tradución de Harry Potter e a Orde do Fénix. Carlos Acevedo é o tradutor de Harry Potter e o misterio do príncipe.
Este último libro narra os acontecementos que seguen directamente ao libro anterior: Harry Potter e o misterio do príncipe, e conclúe co enfrentamento final, largamente esperado, entre Harry Potter e o mago Lord Voldemort. Éste é o único libro da serie que non inclúe algún comentario da crítica no interior de la portada, na que en cambio se pode ler: “We now present the seventh and final installment in the epic tale of Harry Potter“.
Con estas novas saídas editoriais no ano 2008 Editorial Galaxia presenta en lingua galega a série completa do popular personaxe. O compromiso entre os editores é ofrecer aos seus lectores as obras ao mesmo tempo nas tres lénguas, de xeito que os lectores galegos poidan acceder á novela de J. K. Rowling nas mesmas datas que calquera outro lector do estado español. Este á a filosofía na que Editorial Galaxia vén desenvolvendo a súa política de traducións nos últimos anos. As novelas de Paul Auster, Martin Amis, Andrea Camilleri, Daniel Kehlmann están a ser publicadas á par que as outras línguas europeas.
Verbinski súma-se á animación
O director de Piratas do Caribe, Gore Verbinski, fará o seu primeiro filme de debuxos animados asociándo-se co realizador Graham King para producir o proxecto.
O filme de acción e aventuras está baseado nunha ideia orixinal de John B. Carls, un empregado da empresa de Verbinski Blind Wink Productions, ten un orzamento inicial duns 60 millóns de euros e unha aposta polo ano 2010 coma data de lanzamento. O guionista John Logan (Sweeney Todd) está en conversas para se encargar de escribir o libreto deste filme e das súas posíbeis secuelas.
King financiará o desenvolvemento do filme, ainda sen título. A Warner Brothers ou outros estudos serán a sede do proxecto após de que se remate de escribir o guión.
Verbinski está a procurar un grupo de deseñadores para este novo filme, incluindo ao xénio dos efectos especiais Mark “Crash” McCreery e mais ao xefe de guionistas e artista de bocetos James Ward Byrkit, ambos dos cales xa traballaran con el nos seus filmes de piratas. O coprodutor David Shannon traballará como artista conceptual neste proxecto. Os realizadores decidirán se traballar nunha unidade de animación de seu ou se ir a uns estudos de gravación unha vez estea rematado o guión.
Akira ao cinema
Leonardo DiCaprio vai-se asociar á Warner Brothers para producir un filme de acción real baseado no popular manga e anime Akira.
Ruairi Robinson foi contratado para dirixir o que nun princípio será un filme épico dividido en dúas partes. A película marcará o debut na realización de longametraxes de Robinson, cuxa curta animada de ciéncia-ficción Fifty Percent Grey foi nominada a un Oscar. Gary Whitta escribirá a adaptación, que DiCaprio producirá a través da súa empresa Appian Way.
Akira é todo un clásico para os afeccionados. Orixinou-se en 1988 coma un manga (un cómic xaponés) e despóis converteu-se nun anime (película de debuxos animados xaponeses), con guión e dirección de Katsuhiro Otomo. A história está ambientada nunha cidade futurista alumeada polas luces de neón, chamada Nova Tóquio en 2019, onde un membro dunha banda de moteiros é obrigado a participar nun experimento do governo que desata os seus poderes até daquela agochos. O líder da banda deberá atopar un xeito de deter a vaga de destrución causada.
Akira leva moito tempo en desenvolvemento pola compañía, cos produtores Jon Peters e Basil Iwanyk implicados en diversos intres, así coma os directores Stephen Norrington e Pitof. Os dereitos caducaron, pero a Warner mercounos outra vez a Robinson, que é o que ten a ideia de adaptar o filme en dúas partes.
A história, nombergantes, trasladará-se até “Nova Manhattan”, unha cidade reconstruida polos xaponeses. Os estudos agardan que se todo vai ben podamos falar da estrea da primera parte alá polo verán de 2009.
O Fantasporto 2008 xa está aquí!
O 28º Festival Internacional de Cinema do Porto, o Fantasporto 2008, comeza mais cedo este ano. A 28ª edición volve elevar a cidade do Porto a capital mundial do cinema fantástico. Ademáis do aumento de salas onde van ser exibidos os filmes Fantas (Teatros Rivoli e Sá da Bandeira, e outras 10 salas de cinema Lusomundo espalladas por Portugal), a apertura oficial está marcada para o início do festival, o luns 25 de febreiro ás 21:30h no Grande Auditório do Teatro Rivoli.
A sesión de apertura será antecedida por un espectáculo multimédia e animación diversa na entrada do Rivoli. Un cordón vermello, robots de luces e teatro de rúa axudarán ao glamour co que se vai celebrar este início de festa. Na sala, unha apertura diferente, un espectáculo que antecede á grande antestrea que marca o início do evento.
Haberá cinema para todos os gostos nesta edición. Confirmado está o filme Breath de Kim Ki Duk, realizador ben coñecido do público do Fantasporto por filmes coma The Isle ou The Bow. Integra o núcleo de filmes que foron seleccionados para a 18ª Semana dos Realizadores e para a Sección Oficial Competitiva Orient Express. Para este sector foron escollidos os millores filmes da produción oriental do ultimo ano. Do Xapón, Corea do Sul, Tailandia, entre outros. Cinema de terror, acción e ciéncia-ficción con impronta do Oriente constrúe esta sección. Hai tamén que contar, ainda, com o mais recente filme de Chan wook Park, o responsábel por Oldboy aqui apresentando unha história de amor “tecnolóxica”: I’m a Cyborg, But That’s Ok é o filme.
Lér mais
Yates para Harry Potter VII?
O realizador David Yates (Harry Potter e a Orde do Fénix) está a traballar na sexta entrega da saga do xove meigo e moitos agardan que sexa el o finalmente escollido para se encarregar da dirección da sétima e derradeira entrega desta série cinematográfica.
Unha desas persoas que agardan é a escritora de novelas xuvenís Lois Lowry, quen cobiza pola adaptación do seu libro The Giver, ao que Yates tamén está vencellado. Agora, no seu blog oficial, Lowry revela que o filme baseado no seu libro adiará-se até que Yates fique libre para facer Harry Potter e as Relíquias da Morte após de todo.
No seu blog, a escritora di: “Malas novas dende a fronte de The Giver. David Yates, o director que está a traballar arestora no vindeiro filme de Harry Potter, e que se supoñía que ía dirixir despóis The Giver, decidiu que quere rodar antes a derradeira entrega da saga de Potter, pospoñendo asemade The Giver por vários anos“.

