King Kong cumpre 75 anos
O monstroso gorila que aterrorizou e enterneceu a moitos cumpre hoxe 75 anos, e os seus seguidores festexarán-o na Grande Mazá cun concurso de berros e coa proxección do filme que o lanzou á fama o 2 de marzo de 1933.
Dirixido por Merian Cooper e Ernest Schoedsack, o filme causou daquela sensación entre o público que acudiu a vé-lo a un dos teatros mais emblemáticos de Manhattan, o Radio City Music Hall, e dende aquela King Kong converteu-se nunha das iconas da cidade dos rañaceos.
Os neoiorquinos festexarán ao gorila que, namorado, escalou até o mais alto do Empire State, asistindo á proxección do filme de aventuras e realizando un concurso de berros para ver que voz se asemella mais á da actriz canadiana Fay Wray, que interpretou a Ann Darrow, a atractiva muller que cativou á besta.
O King Kong orixinal, un filme descrito pola crítica da época como “exótica” e de “fantasía”, conta as aventuras dun xigantesco símio capturado e levado até a Grande Mazá en plena época da Grande Depresión americana, para ser exposto perante a xente, á que causa pánico, e que remata de forma dramática.
Lér mais
Rowling demanda a un fan de Potter
A autora da saga de Harry Potter, J.K. Rowling, sentiría-se “explotada” se unha empresa publicase unha enciclopédia non oficial do seu persoaxe.
Steve Vander Ark ven de escribir The Harry Potter Lexicon, un libro de referéncia de 400 páxinas baseado no seu popular sítio Web de fans de Potter. Rowling e mais a Warner Brothers, que produce as películas de Harry Potter, van demandar a RDR Books, unha editorial independente que planeou publicar o devandito libro no pasado novembro.
“Estou moi frustrada de que un antigo fan decida utilizar o meu traballo para obter benefícios financeiros“, dixo Rowling nunha declaración perante un xulgado de distrito en New York. “Coido que o libro da RDR constitúe un pirateo de Harry Potter da clase dos que estiven tentando impedir e que tanto eu coma creadora deste mundo e mais os fans de Harry Potter, sentirían-se explotados por esta publicación“.
A demanda foi presentada en outubro e pretende deter a publicación e pide compensacións polos danos aos dereitos de autor e ás leis federais de marcas rexistradas por todos os benefícios que se obteñan.
Rowling dixo que planea escribir unha enciclopédia definitiva de Harry Potter ela mesma, que incluiría material que non entrou nas súas novelas e que doaría os benefícios á caridade.
RDR Books dixo que Vander Ark, un libreiro, ten pronunciado conferéncias de Harry Potter en Inglaterra, Canadá e mais os Estados Unidos e que algúns argumentos seus foron utilizados pola Warner en lanzamentos en DVD dos filmes de Potter.
A compañía e mais Vander Ark dixeron que o libro só promocionaría a venda das obras de Rowling e que o sítio Web de Vander Ark foi citado coma “un sítio estupendo” pola mesma Rowling.
Indiana en Cannes
Tal e coma anunciaba NOVA FANTASIA nunha impactante exclusiva nacional, confirmou-se que Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull será a película que inaugure o Festival de Cinema de Cannes o vindeiro día 18 de maio, catro días antes da súa estrea mundial prevista para o 22 do mesmo mes. Os membros do reparto xa foron notificados para que fagan as súas maletas e estean na Riviera francesa para compareceren na alfombra vermella do Grand Palais.
Moorcok, Grande Mestre
A Science Fiction and Fantasy Writers of America ven de anunciar que o creador de Elric de Melniboné, Michael Moorcock, foi galardonado co prémio Grande Mestre 2008, Memorial Damon Knight, que recoñece a exceléncia nunha vida de contribucións á ciéncia-ficción e á fantasía. O prémio será entregado no decurso da fin de semana dos prémios Nebula, do 25 ao 27 de abril en Austin, Texas.
Os Megas en desenvolvemento
Jonathan Mostow asociará-se coa Virgin Comics para desenvolver un filme baseado en Os Megas, unha novela gráfica ambientada nun universo alternativo publicada pola Virgin e baseada nunha ideia orixinal de Mostow.
A novela gráfica, que conta cun guión de John Harrison e debuxo de Peter Rubin, vai sobre uns Estados Unidos governados por unha clase dirixente chamada Os Megas, para os que hai unha clase especial de leis. Un detective que acredita na monarquía verá derrubar-se os seus princípios após de investigar un crime que revela unha fea verdade sobre esta sociedade da elite.
Non está claro se Mostow escribirá o guión ou dirixirá esta adaptación cinematográfica; el e mais o xefe cretivo da Virgin Comics, Gotham Chopra, e o xefe executivo Sharad Devarajan axiña van mercar os dereitos sobre este proxecto.

