Finou E. Gary Gygax

5 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans, Videoxogos

E. Gary GygaxO creador de Dragóns e Mazmorras e lendário pionéiro dos xogos de rol Ernest Gary Gygax finou aos 69 anos de idade por mor de complicacións cardiorrespiratórias após de múltiples ataques ao corazón.

Xogador toda a súa vida, Gygax escomezou coma moitos outros nenos da súa idade, con xogos de estratéxia que ían dende o xadrez até o pinocle (un xogo de cartas). O seu gusto polos xogos atopou un novo xeito de os vivir cando a finais dos anos 50 atopou as miniaturas de Gettysburg. A súa fascinación medrou até o punto de converte-lo nunha nova forma de arte, e daquela ficou namorado na ciéncia-ficción. Así é coma naceu a súa procura ao longo de toda a vida por desenvolver algún tipo de xogo baseado no xénero fantástico.

En 1966, xunto cos seus parceiros Bill Speer e Scott Duncan, fundou a IFW ( International Federation of Wargamers), unha organización que serviu coma paraugas para vários clubes de xogos de guerra nos Estados unidos. E isto medraría cando comezou a publicar unha revista de seu, unha das primeiras da súa clase.

Gygax axudou a organizar a primeira Gen CON (unha convención adicada aos xogos) hai 41 anos. Actualmente esta convención é a máis importante do mundo do seu xénero. As súas habilidades coma organizador e desenvolvedor de xogos continuaron medrando até que un día a princípios dos anos 70 el e mais Dave Arneson crearon un xogo de rol de mesa chamado Dungeons and Dragons (Dragóns e Mazmorras). O resto é história.
Lér mais

O novo bebé de Rosemary

5 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O bebe de RosemaryCorre o rumor de que a compañía de Michael Bay, a Platinum Dunes, está a manter conversas coa Paramount para facer un remake do filme clásico de terror de 1968 O bebé de Rosemary (traducido en España coma La cemilla del diablo).

Os produtores Brad Fuller e Andrew Form están á procura de guionistas para que se encarguen do material, baseado na novela orixinal homónima do escritor Ira Levin.

O filme orixinal ía sobre unha xove parella de recén casados de Manhattan, interpretados por John Cassavetes e Mia Farrow, e sobre un embarazo que se convirte nalgo moi sinistro.

Lohman tamén irá ao Inferno

5 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Alison LohmanAlison Lohman será a sustituta de Ellen Page (Juno) no papel protagonista do vindeiro thriller sobrenatural de Sam Raimi, Drag Me to Hell.

A nominada ao Oscar Ellen Page fora a inicialmente escollida para esta produción da Ghost House Pictures e da Mandate Pictures, pero tivo que abandoar por mor de conflitos na súa axenda.

Este filme marcará o regreso de Raimi á dirección após das súas exitosas tres películas de Spiderman, e vai sobre unha persoa que recibe un meigallo.

A rodaxe en Los Angeles escomenzará o día 31, dúas semanas despóis do previsto inicialmente. Sam Raimi e mais o seu irmán Ivan escribiron o guión.

O último traballo de Lohman fora poñendo unha voz no filme de animación dirixido por Robert Zemeckis Beowulf.

Byrne e Cage queren saber

5 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Nicolas CageRose Byrne ven de se facer co papel protagonista xunto a Nicolas Cage no thriller de ciéncia-ficción Knowing para os estudos Summit Entertainment e Escape Artists.

Byrne (Sunshine) interpretará á filla dunha muller que enterrou unha cápsula do tempo en 1962 que contiña as datas de asasinatos de figuras políticas salientábeis, a morte no incéndio dun hotel da esposa dun profesor (Cage) e mais un inminente apocalipse mundial. Após de que o profesor descubra o seu contido e a avise, a inicialmente escéptica Byrne comezará a relembrar estraños incidentes da súa infáncia.

Alex Proyas (Eu, Robot) dirixirá un guión de Ryne Douglas Pearson, revisado posteriormente por Juliet Snowden, Stiles White, Stuart Hazeldine e mais o mesmo Proyas.

A produción está prevista para escomezar o vindeiro 25 deste mes en Melbourne, Austrália.

O Lobeto de neno

5 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

O LobetoO xove actor australiano Kodi Smit-McPhee (Romulus, My Father) ven de abandoar o reparto do filme X-Men Origins: Wolverine, no que ía interpretar ao cativo Logan.

Smit-McPhee tivo que deixar a película por mor dunha troca nas datas de rodaxe. No seu lugar, agora traballará na versión cinematográfica da novela post-apocalíptica de Cormac McCarthy The Road, na que aparecerá xunto a Viggo Mortensen e Charlize Theron.

O seu paisano Troye Mellet, de 13 anos e residente en Perth, ocupará o posto vacante e interpretará á versión xove do mutante Logan (Hugh Jackman).

A rodaxe escomezou no Federal Park de Sydney a pasada semana, onde se estaba a celebrar un completo carnaval dos anos 70.