Exposición de cinema fantástico en Madrid

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

A kryptonita nas mans de Lex LuthorA kryptonita de Superman ou as mans de Johnny Depp en Eduardo Manstesouras están ao alcance de calquera cinéfilo na sala de exposicións Mejía Lequerica de Madrid, onde dende onte día 6 se amósan-se mais de 100 obxectos orixinais do cinema fantástico pertencentes á colección privada de Maite Mínguez Ricart.

A exposición Viaje Fantástico, que estará aberta ao público até o próximo 16 de marzo, é unha das actividades paralelas á quinta edición da Mostra de Sci Fi de Cine Fantástico.

Este ciclo cinematográfico proxecta dende onte e até o próximo domingo no cine Palafox de Madrid os novos filmes de Michel Gondry - Rebobine, por favor -, George Romero - O diário dos mortos - ou Park Chan-wook - I’m a Cyborg, but that’s ok -, entre outros títulos inéditos nas salas comerciais españolas.

A paixón de infáncia polo xénero fantástico” levou a Maite Mínguez Ricart a coleccionar mais de 1.800 pezas de “probada autenticidade“, coma as máscaras de Batman, Freddy Krueger ou Jason, o asasino de Venres 13, que conseguiu viaxando por todo o mundo e en prestixiosas casas de poxas como Sotheby’s ou Christie’s, explicou ela mesma en Madrid. Unha afeizón reconvertida en interese profisional desde que Mínguez Ricart criou fai 20 anos unha fundación que lle introduciu no campo da produción e distribución cinematográfica.
Lér mais

Englund porá-lle voz ao Buitre

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como TV

O buitreRobert Englund será a voz do Buitre, o primeiro super-falcatruán que se enfrontará a Spiderman na vindeira série de debuxos animados The Spectacular Spider-Man, segundo anunciaron fontes da canle CBS - Warner Network.

Englund é coñecido entre os fans polo seu papel coma Freddy Krueger na franquía de Pesadelo en Elm Street e unirá-se a un reparto que inclúe (alomenos na versión orixinal) a Peter MacNicol coma Doutor Octopus, Lacey Chabert coma Gwen Stacy, Vanessa Marshall coma Mary Jane Watson e Josh Keaton coma Peter Parker.

No episódio de estrea, Survival of the Fittest, Peter Parker regresa ao instituto no seu terceiro ano e deberá enfrontar-se ao seu primero verdadeiro desafío, o que representa o grupo de supermalvados coñecido coma The Enforcers, e tamén ao primeiro vilán, o Buitre.

007, fóra de Perú

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

007Quantum of Solace, a vindeira 22ª película da saga de James Bond, non se rodará finalmente en Cusco, Perú, por mor do tempo atmosférico que resulta imprevisíbel.

As condicións metereolóxicas, imposíbeis de predicir, poderían dar ao traste coa produción, segundo informaron fontes próximas aos estudos.

Segundo Margarita Morales, de Iguana Productions, a compañía peruana que axuda á inglesa EON Productions na rodaxe, os ingleses non queren arriscar-se a entrar na cidadela inca sen saber de antemán se o tempo lles será favorábel.

Non van filmar porque se requerían unhas condicións especial para o filme e estas xa non existen. A suspensión débe-se principalmente aos trocos climáticos“, dixo Morales.

Morales negou que a decisión dos estudos se debese ás protestas ou aos conflitos políticos que están a ter lugar na rexión.

O novo cómic de Star Trek

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cómic

A capa do cómicUnha nova série de cómics da editorial IDW retomará a série de Star Trek alí onde ficou orixinalmente na televisión, cunha crónica da até agora nunca narrada cuarta tempada das andanzas da nave espacial Enterprise. Star Trek Year Four: The Enterprise Experiment contará cun guión de D.C. Fontana, un escritor que escomezou a súa carreira coma axudante do creador da série, Gene Roddenberry, e que mesmo escribiu algúns dos episódios para a televisión.

Ademáis de Fontana, e entrando por primeira vez no terreo do guión nos cómics, estará o veterán debuxante de Star Trek Gordon Purcell, cuxo traballo conta xa con máis de 50 números da série regular de Star Trek, escomezando polos anos 80. Purcell contará ademáis co seu colaborador habitual Terry Pallot no tinteiro, con Derek Chester, outro fixo de Star Trek: Deep Space Nine e os videoxogos de Star Trek, colaborando con Fontana na história e no guión. Os ilustradores coñecidos coma Sharp Brothers proporcionarán as capas para os cinco números da série.

The Enterprise Experiment representa a segunda série da IDW Star Trek: Year Four, que revela as aventuras nunca antes vistas da misión quinquenal da U.S.S. Enterprise. A nova série incluirá unha secuela ao famoso episódio de Fontana O Incidente Enterprise, no que Kirk se facía pasar por un romulán para se facer cun dispositivo de camuflaxe último modelo. Nesta nova história, os esforzos da Federación para adaptar totalmente o novo dispositivo ás naves da frota estelar conducirá a un experimento que sae moi mal, atrapando a Kirk e mais a Spock noutra dimensión. Ao mesmo tempo, as forzas romulanas rodean á Enterprise, tentando vingar-se polo roubo da súa tecnoloxía. Os últimos capítulos da série proporcionarán unha secuela aos primeiros dous números, mentres que o império Klingon entra en escena.

Compléta-se o reparto de Unborn

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Carla GuginoMeagan Good, Carla Gugino, Jane Alexander, Idris Elba e Rhys Coiro serán as acompañantes de Gary Oldman e Odette Yustman no thriller sobranatural da Rogue Pictures Unborn. A produtora Platinum Dunes, propiedade de Michael Bay, Andrew Form e Brad Fuller será a que fináncie este filme que conta co guión e mais a dirección de David Goyer. O argumento xira ao redor dunha rapaza (Yustman) atormentada polo alma dun rapaz que morreu no Holocausto.

Good (The Love Guru) interpretará á millor amiga da rapaza, e Gugino (Spy Kids) será a súa nai, para o que supoñemos deberán de lle aplicar unha boa dose de maquillaxe avellentador. Alexander será unha supervivinte do Holocausto cuxo irmán regresa en forma de espíritu. Elba (American Gangster) fará o papel dun cura que axuda a un rabino (Oldman) a executar exorcismos. Coiro será o profesor colega do persoaxe de Yustman, mentres que Cam Gigandet interpretará ao seu mozo.

A rodaxe deste filme deu comezo o pasado 5 de marzo en Chicago.

Sangue para Skarsgard

7 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como TV

Alexander SkarsgardAlexander Skarsgard ven de se unir ao reparto de True Blood, a nova série dramática de vampiros que vai facer a canle americana HBO. A série, baseada na saga de Southern Vampire da escritora Charlaine Harris, céntra-se na história de amor entre un vampiro, Bill (Stephen Moyer), e Sookie (Anna Paquin), unha camareira que pdoe ler a mente dos demáis.

Skarsgard terá un papel fixo nesta série coma vampiro viquingo que leva vivo máis de mil anos.

O actor recentemente rematou a rodaxe da minisérie da mesma canle Generation Kill, un relato íntimo da invasión de Irak de David Simon (The Wire) e Ed Burns.

Páxina seguinte »