Fantasporto prémia ao cinema español
A película Rec, producida pola Filmax e por Castelao Productions, e dirixida por Jaume Balagueró e Paco Plaza, obtivo o grande prémio do Festival de Cinema de Porto (Fantasporto) na sua 28ª edición clausurada onte e acadou ademáis o prémio do público.
No festival foron tamén premiados os filmes españois O Orfanato, producida polo mexicano Guillermo del Toro, e A Habitación de Fermat, dirixida por Rodrigo Sopeña e Luis Piedrahita.
O Orfanato acadou o prémio de realización para o seu director, Juan Antonio Bayona, e o de millor actriz para Belén Rueda, mentres que A Habitacion de Fermat gañou o de millor argumento e mais o prémio especial Mèlies de Prata.
O galardón principal da sección oficial do Festival de Cinema Fantástico de Porto recaiu sobre o filme de Balagueró e Plaza premiado xa o mes pasado co Goya da Académia de España á millor actriz revelación pola interpretación de Manuela Velasco.
En outubro Rec obtivera tamén en España dous prémios do Festival de Sitges o millor director e a millor actriz e, en xaneiro, gañou outras dúas distincións en Franza no Festival de Gérardmer.
Lér mais

