As relíquias da morte serán dous filmes

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Libros

A capa do libro en galegoHarry Potter e as relíquias da morte, a sétima e definitiva entrega das aventuras do meigo máis popular da literatura, será levada ao cinema en dúas películas que se estrearán en novembro de 2010 e maio de 2011, respectivamente.

Segundo soubo NOVA FANTASIA por médio das súas fontes en Los Angeles, os estudos Warner Bros e os produtores da franquía, baseada nos persoaxes da escritora inglesa J.K. Rowling, anunciarán este xoves que pretenden converter esa obra en dúas películas que se estrearán por separado.

As fitas levarán por nome, simplemente, Harry Potter e as relíquias da morte: Parte I e Harry Potter e as relíquias da morte: Parte II, segundo desvelou o produtor David Heyman.

O director David Yates, que xa se fixo cargo das tarefas de realización en Harry Potter e a Orde do Fénix e Harry Potter e o mistério do Príncipe - en produción -, volverá a se poñer tras das cámaras para dirixir estes dous filmes, que se rodarán de forma continuada.

O escritor Steve Kloves será o encargado de redactar o guión, unha tarea que xa realizou en sete das oito fitas que compoñen a saga.

Regresan os Tomates Asasinos!

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Un tomate asasinoO produtor M. Dal Walton III ven de anunciar que chegou a un acordo coa Killer Tomato Entertainment para producir un remake do clásico filme de terror de culto O ataque dos tomates asasinos (1978).

Kent Nichols e Douglas Sarine, creadores do sítio Web de humor Ask a Ninja [Pregúnta-lle a un Ninja], adaptarán o filme orixinal, e Nichols fará o seu debut coma director nunha longametraxe.

O filme orixinal do ataque dos tomates asasinos xerou tres secuelas, incluindo unha protagonizada por George Clooney, así coma unha série de debuxos animados.

Raimi no zoo dos monstros

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Monster ZooA Paramount Pictures ven de adquirir os dereitos para facer un filme baseado en Monster Zoo, unha novela gráfica de Douglas TenNapel que ainda está por se publicar en primavera pola editorial Image nos Estados Unidos.

A empresa de Sam Raimi e Josh Donen, a Buckaroo Entertainment producirá esta película xunto a Ellen Goldsmith Vein, pertencente ao Gotham Group. Raimi, que está a preparar o thriller sobrenatural da Universal Drag Me to Hell, comprometeu-se a producir mentres a súa axenda llo permita.

TenNapel, entre cuxas novelas gráficas xa publicadas están Earthworm Jim e Cat Scratch, narra a história dun rapaz que descubre que o zoo da súa cidade contén animais moito máis abraiantes do normal.

Petersen dirixe a resisténcia contra os áliens

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema

Wolfgang PetersenWolfgang Petersen (Poseidon) dirixirá o thriller de ciéncia-ficción Uprising para a Columbia Pictures.

Douglas Wick e Lucy Fisher (Gladiator) serán os produtores por médio da súa empresa filial da Sony, a Red Wagon.

A história vai sobre os esforzos da resisténcia dalgúns cidadáns após de que a Terra fose ocupada por unha poderosa raza extra-terrestre. Charles Leavitt (Blood Diamond) está a escribir o guión.

Petersen previamente traballara para os mesmos estudos cando fixo Das Boot, Na liña de fogo e Air Force One.

A Hora Undécima

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como TV

A hora undécimaRufus Sewell e Marley Shelton serán a parella protagonista da nova série dramática de ciéncia-ficción da canle CBS, Eleventh Hour, baixo a produción de Jerry Bruckheimer.

Baseado nunha série inglesa da canle ITV, Eleventh Hour céntra-se en Jacob Hood (Sewell), un conselleiro científico especial do governo, quen xunto coa súa gardacostas Rachel (Shelton), salva á xente dos piores abusos da ciéncia.

Na série orixinal, os papeis estaban interpretados por Patrick Stewart e Ashley Jensen.

A versión da CBS, que estará ambientada nos Estados Unidos, conta cun guión de Mick Davis e será dirixida por Danny Cannon.

Shelton é o recente protagonista do filme dobre de Robert Rodriguez e Quentin Tarantino Grindhouse.

Os Harbinger chegan ao cinema

13 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

A capa do comicA Paramount Pictures adquiriu os dereitos da série do cómic de ciéncia-ficción Harbinger que publica a editorial Valiant Comics e ten previsto converti-lo nun filme de acción real que posíbelmente se encargue de dirixir Brett Ratner.

Alexandra Milchan producirá xunto con Ratner e Jay Stern. O proxecto podería aparecer baixo o selo da MTV Films.

Creada por Jim Shooter, a série de Harbinger converteu-se nun éxito cando foi publicada por primeira vez nos anos 90. Os Harbingers son humanos con poderes que poden ser desbloqueados por harbingers “omega”. O xoven Pete Stanchek terá que se enfrontar cun antigo e poderoso omega que utiliza os seus poderes para se converter nun malvado industrial.

Ratner (X-Men 3) tiña ganas de atopar unha oportunidade de facer unha nova saga de superheroes, pero dende o comezo. O proxecto será escrito mentres Ratner continúa o seu traballo na dirección doutros filmes que ten pendentes.

Páxina seguinte »