Spielberg xa ten actor para o seu Tintín

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Cinema, Cómic

Thomas SangsterA espera foi longa pero ao cabo todo chega. Tintín, ún dos persoaxes de cómic más carismáticos, cativadores e aglutinador de todo tipo de xeracións chegará á pantalla en carne e óso da man dos prestixiosos directores Steven Spielberg e Peter Jackson. Encarnará-o un xove inglés de tan só 17 anos: Thomas Sangster.

Steven Spielberg e Peter Jackson decidiron que sexa o rapazolo inglés Thomas Sangster (Love Actually, A derradeira lexión) o que faga o papel do clásico persoaxe na primeira das películas que pretenden rodar, xa que se todo vai ben, tamén fará as outras dúas da proxectada triloxía.

Seica Sangster xa estivo en Los Angeles traballando na preprodución cos dous directores e tamén con Andy Serkis, que interpretou a Gollum en O Señor dos Aneis e que nesta triloxía dará vida ao Capitán Haddock.

Tamén se soubo que no filme se utilizará animación en 3D e a tecnoloxía de captura de movemento, coma fixo Robert Zemeckis con Beowulf.

A rodaxe da primeira entrega de Tintín comezará en outono e seica será o mesmo Spielberg quen a dirixirá (a estrea estaría prevista para 2009), co guionista Steven Moffat (The office). Peter Jackson fará-se cargo da segunda, ainda sen data. Da terceira, non se sabe ren ainda.

Os rumores apuntan a que se cadra a história baseará-se en O Segredo do Unicórnio, á que seguiría a súa continuación no cómic O Tesouro de Rackham o Vermello. Ainda que se trata de dúas das millores histórias de toda a série, moitos fans seguen soñando con ver outros títulos coma Tintín no Tíbet, O loto azul, Aterraxe na lúa ou O templo do Sol.

A clave secreta do Universo

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

Stephen Hawking ven de publicar en castelán e catalán A clave secreta do universo, o seu primeiro relato de ficción, escrito coa sua filla Lucy, e na que propón unha fantástica viaxe polo sistema solar. É unha novela infantil, na que uns nenos viaxan polo Sistema Solar subidos nun cometa.

Jericho, cancelada

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Breves

A CBS ven de cancelar a série Jericho por mor da súa baixa audiéncia. O remate será o 25 de abril pero os fans terán resposta áspreguntas que ficaron abertas ao longo da saga televisiva. Esta é a segunda vez que se dá por pechada a série, após de que o ano pasado os fans obrigaran á súa continuación cunha campaña de cartas.

Senderrol: sendeirismo e Rol da man

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Fans

SenderrolO xogo de rol inspirado no Señor dos Aneis Senderrol é unha proposta para disfrutar do lecer en contacto coa naturaleza e de un modo totalmente innovador. O xove afeccionado ao sendeirismo Marcos Franco ven de poñer en marcha este proxecto que pretende enganchar a todos os amantes da aventura. A ruta arrinca en Conxo, preto de Santiago, segue na parróquia de Laraño e remata no monte Curuxeira, superando os seis kilómetros.

Unha vez no punto de partida, a través do teléfone móbil recíben-se as indicacións correspondentes. Coa axuda da topoguía, os xogadores poden emprender a procura das pistas que lle permitirán atopar un tesouro. No percorrido os participantes deberán descifrar un enigma, reconstruíndo a história cos obxectos estratéxicamente repartidos polo espazo elixido. “Todo isto naceu de xeito espontáneo“, dixo Marcos Franco nunha entrevista ao xornal El Correo Gallego. “O que quería era crear unha ruta de sendeirismo interactiva e vivir unha história que se convirtise nunha misión“.

O xogo apóia-se nunha Web que inclúe todas as indicacións necesárias. Poden apuntar-se grupos de tres persoas coma mínimo. A tarifa non supera os doce euros.

Ainda que a de Compostela é a primeira ruta que lanza Senderrol, o promotor da iniciativa non desbota ampliar o mapa de xogos a outras cidades galegas e españolas.

Ambientado na novela de J.R.R. Tolkien, La Ruta del Anillo é o primeiro xogo de Senderrol que promove Franco. A experiéncia está aberta a todos os públicos e o percorrido póde-se realizar calquera día do ano e a calquera hora. O tour dura aproximadamente tres horas e varía segundo a destreza dos xogadores. Coa axuda da topoguía, un documento que inclúe un mapa e mais as instrucións para a aventura, todo é máis doado.

Os nominados para os Hugos

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como Libros

O prémio Hugo de 2007Veñen de se facer públicos os nominados para os prémios Hugo deste ano. Os gañadores serán dados a coñecer no decurso da 66ª Convención Mundial de Ciéncia-Ficción, que terá lugar en Denver (Arizona) do 6 ao 10 de agosto.

Esta é a listaxe completa dos candidatos:

Millor Novela: The Yiddish Policeman’s Union por Michael Chabon, Brasyl de Ian McDonald, Rollback de Robert J. Sawyer, The Last Colony de John Scalzi, Halting State de Charles Stross.

Millor Novela Curta: Fountains of Age de Nancy Kress, Recovering Apollo 8 de Kristine Kathryn Rusch, Stars Seen Through Stone de Lucius Shepard, All Seated on the Ground de Connie Willis, Memorare de Gene Wolfe

Millor Conto Longo: The Cambist and Lord Iron: A Fairytale of Economics de Daniel Abraham, The Merchant and the Alchemist’s Gate de Ted Chiang, Dark Integers de Greg Egan, Glory de Greg Egan, Finisterra de David Moles

Millor Conto: Last Contact de Stephen Baxter, Tideline de Elizabeth Bear, Who’s Afraid of Wolf 359? de Ken MacLeod, Distant Replay de Mike Resnick, A Small Room in Koboldtown de Michael Swanwick

Millor Libro de Non-Ficción: The Company They Keep: C.S. Lewis and J.R.R. Tolkien as Writers in Community de Diana Glyer; Breakfast in the Ruins: Science Fiction in the Last Millennium de Barry Malzberg; Emshwiller: Infinity x Two de Luis Ortiz; Brave New Words: The Oxford Dictionary of Science Fiction de Jeff Prucher; The Arrival de Shaun Tan

Lér mais

Queren facer unha película de V

24 de Marzo de 2008 por Editor  
Arquivado como TV

VKenneth Johnson, creador da série clásica do ano 1983 V, revelou nunha entrevista que agarda poder facer unha película baseada na súa novela secuela V: The Second Generation.

A novela, da Tor Books, é unha secuela á popular minisérie na que os áliens reptiliáns conquistan a Terra e un reducido grupo de humáns resisten á invasión. V: The Second Generation retoma a história 20 anos despóis de que os Visitantes secaran os océanos e subxugaran aos terrícolas.

Vários estudos importantes xa me preguntaron, están moi interesados en converte-lo nun filme“, desvelou  Johnson na entrevista. “Estamos a explorar todas esas posibilidades. Certamente o feito de que a novela estea xa nas librarías tivo un grande impacto na xente que está interesada en V coma película, porque non só indica que hai unha audiéncia para máis V… tamén é marabilloso poder poñer unha novela de tapa dura na mesa dun produtor executivo. Iso ten un peso de seu“.