Jericho á procura dun novo fogar
Carol Barbee, produtora executiva da série post-apocalíptica Jericho, recentemente cancelada pola CBS, revelou que está a menter conversas con outras cadeas de televisión á procura dalgunha que queira seguir emitindo os episódios desta saga, ainda que sexa nalgunha por cable.
“Non podo dicir demasiado sobre negociacións específicas, porque non son a única que está a ter esas conversas“, dixo Barbee nunha entrevista o pasado 24 de marzo, a víspera de que a CBS emitise o derradeiro episódio. En Galiza a série puido seguir-se a través da canle estatal Telecinco, con non moi bós resultados de audiéncia, pero nos Estados Unidos, cando foi cancelada a primeira vez, a CBS recebiu unha chea de mensaxes rogando que a repuxesen, cousa que ao cabo aconteceu.
Se Jericho non consigue acomodo nalgunha coutra canle, Barbee dixo que poderían tentar dar-lle vida dalgún outro xeito: “Definitivamente, hai unha série de Internet que hai que facer, e sempre falamos sobre unha novela gráfica, e… unha película“.
Pero o tempo está a se rematar. Jericho pechou a súa segunda tempada en novembro, xusto cando escomezou a folga de guionistas. Dende aquela, o reparto e a equipa de rodaxe ficaron libres para outros proxectos, os decorados da série ficaron desmantelados ou destruídos e a mesma Barbee foi enviada a outra série, Swingtown, creada por Mike Kelley, e que se vai rodar no mesmo plató onde se facía Jericho.
M. Jon Harrison gaña o Prémio Dick 2008
Xa se coñece o gañador do Prémio P.K. Dick 2008 á millor novela publicada directamente en formato peto nos Estados Unidos durante o ano pasado. No decurso da Norwescon anunciou-se o resultado do Prémio Philip K. Dick de 2008:
Finalista e Mención especial: From the Notebooks of Dr. Brain, Minister Faust (Del Rey).
Vencedor: Nova Swing, de M. John Harrison (Bantam. En España: Bibliópolis).
Premios británicos de CF 2007
A pasada fin de semana, no decurso da Orbital/Eastercon (congreso anual británico de ciéncia-ficción, que sempre ten lugar na Páscua) déron-se a coñecer os gañadores dos Prémios BSFA 2007, que foron os seguintes:
Millor novela: Brasyl de Ian McDonald
Millor relato: Lighting Out de Ken MacLeod
Millor ilustración: Cracked World (portada de disLocations) de Andy Bigwood
Millor Novela de 1958: Non-Stop, de Brian Aldiss (esta é unha categoría especial para celebrar o médio século de existéncia dos prémios).
Spielberg xa ten actor para o seu Tintín
A espera foi longa pero ao cabo todo chega. Tintín, ún dos persoaxes de cómic más carismáticos, cativadores e aglutinador de todo tipo de xeracións chegará á pantalla en carne e óso da man dos prestixiosos directores Steven Spielberg e Peter Jackson. Encarnará-o un xove inglés de tan só 17 anos: Thomas Sangster.
Steven Spielberg e Peter Jackson decidiron que sexa o rapazolo inglés Thomas Sangster (Love Actually, A derradeira lexión) o que faga o papel do clásico persoaxe na primeira das películas que pretenden rodar, xa que se todo vai ben, tamén fará as outras dúas da proxectada triloxía.
Seica Sangster xa estivo en Los Angeles traballando na preprodución cos dous directores e tamén con Andy Serkis, que interpretou a Gollum en O Señor dos Aneis e que nesta triloxía dará vida ao Capitán Haddock.
Tamén se soubo que no filme se utilizará animación en 3D e a tecnoloxía de captura de movemento, coma fixo Robert Zemeckis con Beowulf.
A rodaxe da primeira entrega de Tintín comezará en outono e seica será o mesmo Spielberg quen a dirixirá (a estrea estaría prevista para 2009), co guionista Steven Moffat (The office). Peter Jackson fará-se cargo da segunda, ainda sen data. Da terceira, non se sabe ren ainda.
Os rumores apuntan a que se cadra a história baseará-se en O Segredo do Unicórnio, á que seguiría a súa continuación no cómic O Tesouro de Rackham o Vermello. Ainda que se trata de dúas das millores histórias de toda a série, moitos fans seguen soñando con ver outros títulos coma Tintín no Tíbet, O loto azul, Aterraxe na lúa ou O templo do Sol.
A clave secreta do Universo
Stephen Hawking ven de publicar en castelán e catalán A clave secreta do universo, o seu primeiro relato de ficción, escrito coa sua filla Lucy, e na que propón unha fantástica viaxe polo sistema solar. É unha novela infantil, na que uns nenos viaxan polo Sistema Solar subidos nun cometa.
Jericho, cancelada
A CBS ven de cancelar a série Jericho por mor da súa baixa audiéncia. O remate será o 25 de abril pero os fans terán resposta áspreguntas que ficaron abertas ao longo da saga televisiva. Esta é a segunda vez que se dá por pechada a série, após de que o ano pasado os fans obrigaran á súa continuación cunha campaña de cartas.

