Natasha Henstridge (Species), James Cromwell e David James Elliott protagonizarán Impact, un telefilme de desastres e ciéncia-ficción dividido en dúas partes sobre unha estrela anana que choca contra a Lúa e causa estragos na Terra. Os actores alemáns Benjamin Sadler e Florentine Lahme tamén forman parte do reparto.
Producida pola compañía muniquesa Tandem Communications, Jaffe/Braunstein Films [...]

A 20th Century se fixo cos dereitos de Zero-G, un videoxogo de ciéncia-ficción da Union Entertainment creado por Daniel Jevons, e que ainda está por aparecer. O seu argumento é un thriller baseado nun ataque devastador con armas nunca vistas até agora contra unha cidade americana.
O proxecto é pasar ao cinema este xogo contando para [...]

Joel Silver, produtor do vindeiro filme dos irmáns Wachowski Speed Racer, confirmou que esta película aparecerá xunto a un documental de 20 minutos adicado á família fictícia do protagonista. Serán, obviamente, dados falsos destinados a vender millor a liña de xoguetes que pensan lanzar con motivo da estrea da longametraxe.

A actriz israelí Ayelet Zurer ven de se facer co papel feminino protagonista para interpretar xunto a Tom Hanks a precuela de O Código da Vinci que vai facer a Columbia Pictures, Anxos e Demos.
Ewan McGregor está en conversas para se unir ao reparto deste thriller, baseado, coma o seu predecesor, nunha novela de Dan [...]

A Urco Editora anúncia a primeira das súas traducións na rede. Hoxe saíu a primeira delas, Sleepy Hollow e outros relatos, que xa é posíbel descargar en formato txt a través deste ligazón provisional no seu blogue. Ademáis, os suscriptores poden solicitar a versión maquetada en formato pdf, que non é pública.

O actor americano Wesley Snipes foi condeado a 36 meses de cárcere, o máximo que pedía o fiscal, por vários delitos fiscais dos que foi atopado culpábel nun xuízo celebrado en febreiro, segundo fuentes judiciales.
O xuiz federal William Terrell decidiu impoñer a máxima condea, mália que nos últimos días várias estrelas de Hollywood, coma Denzel [...]

O pasado día 14 morreu Hazel Court (1926 – 2008), unha das actrices máis queridas da época clásica do cinema de terror.
Nacida en Sutton Coldfield, Birmingham, Inglaterra, non fixo a súa primeira aparición nun filme de xénero fantástico até 1952, con O Barco Pantasma (Ghost Ship). Tamén apareceu en filmes “camp” coma Devil Girl from [...]

Após de coñecermos as novas sobre a súa nova série de televisión, ven de se saber que o director español Álex de la Iglesia levará ao cinema ún dos millores cómics de todos os tempos: A marca amarela, o álbum que, protagonizado por Blake & Mortimer, aupou a Edgard P. Jacobs, o seu autor, ao [...]

Xa é oficial: Guillermo del Toro dirixirá as dúas películas baseadas en O Hobbit, o clásico de J.R.R. Tolkien, coma precedentes da saga d’O Señor dos Aneis, que dirixiu Peter Jackson (nesta ocasión produtor executivo). O cineasta mexicano, que gañou tres prémios Oscar con O laberinto de Pan, rodará as películas en Nova Celándia.
Os estudos [...]

keep looking »
  • Publicidade