Babylon, recurtada á metade?

11 de Abril de 2008 por Editor  
Arquivado en Cinema

Babylon ADAlgúns médios de comunicación din que é só un rumor, pero outros fan-se eco da nova como se fose real, e é que seica o vindeiro filme de ciéncia-ficción do director francés Mathieu Kassovitz, Babylon AD, podería sofrir un recurte de 90 minutos para o seu lanzamento nos Estados Unidos, no canto das 2 horas e 40 minutos que dura a versión orixinal, que si que poderá ser vista en Europa.

A película xa recurtada, obrigada polas ordes recibidas dende a 20th Century Fox, foi xa enviada á oficina censora do Reino Unido, para que lle poñan a calificación por idades. Seica o que pretende a Fox é que a calificación nos Estados Unidos sexa de para maiores de 13 anos, mentres que en Europa será para maiores de 18.

O filme está protagonziado por Michelle Yeoh e Vin Diesel e que se saiba, non contén especiais escenas de sexo nin violéncia.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!