A Universal ven de contratar a Shane Abbess para que dirixa Source Code, un thriller de ciéncia-ficción que a empresa produtora de Mark Gordon financiará para os estudos. O director australiano fixo Gabriel, o seu primeiro filme, por menos de 125.000 euros. Source Code é unha história escrita por Ben Ripley, e durante algún tempo [...]

O director Guillermo del Toro dixo os fans que houbo “moito movemento” nas últimas datas coas súas conversas para dirixir os vindeiros filmes do Hobbit, que serán producidos por Peter Jackson, pero que ainda non hai ren asinado. No seu sítio Web, Del Toro dixo: “Devezo por compartir novas convosco, pero teredes que ser pacientes [...]

O actor cómico Jackie Chan, nomeado “embaixador olímpico” polo comité organizador de Beijing 2008, criticou duramente a aqueles que se opoñen á tiranía do governo comunista chinés chamándoos “rapaces malos“. As protestas contra o governo chinés, representado polo facho olímpico exhibido estes días en várias partes do mundo, amolaron moito aos tiranos e asasinos que [...]

A Leomax Entertainment producirá o filme de terror psicolóxico Grace, protagonizado por Jordan Ladd (Grindhouse). O director debutante Paul Solet adaptou o filme a partir dunha curtametraxe del mesmo e que vai sobre unha muller que descubre que o seu fillo abortado volve á vida.

O título da segunda película de Expediente X xa é oficial: The X-Files: I Want to Believe (”Eu quero creer”). Este subtítulo é ben coñecido polos fans da série de televisión, é o lema que aparece nun póster que ten o axente Mulder na súa oficina, e reflicte moi ben a filosofía dos asuntos sobrenaturais. [...]

A gañadora da edición deste ano do prémio James Tiptree, Jr., que se concede ás obras de ciéncia-ficción ou fantasía que exploren os roles de xénero, foi a novela de Sarah Hall The Carhullan Army. O prémio dotado con 1.000 dólares (630 euros) entregará-se o vindeiro 25 de maio na WisCon en Madison, Wisconsin.

keep looking »
  • Publicidade