Xa hai mulleres en Terminator

25 de Abril de 2008 por Editor  
Arquivado en Cinema

Moon BloodgoodA espectacular modelo californiana Moon Bloodgood (Journeyman) está en conversas finais para se facer co papel feminino protagonista no filme de McG Terminator Salvation: The Future Begins, a cuarta entrega da popular franquía de ciéncia-ficción.

Bloodgood protagonizaría o filme xunto a Christian Bale, Sam Worthington e Anton Yelchin na secuela, que está a ser producida por Halcyon Co. e será distribuida pola Warner Brothers no verán de 2009.

Bloodgood interpretará a unha feroz loitadora da resisténcia humana contra as máquinas. A fotografía principal da rodaxe ten previsto o seu escomezo o vindeiro 5 de maio.

Bloodgood foi a protagonista dunha série ainda non vista en Galiza, Journeyman, que emitiu a canle americana NBC e ademáis está a rodar Street Fighter: The Legend of Chun-Li.

Comentários

Di-nos o que pensas...
e por certo, se queres que apareza unha imaxe xunto ao teu comentário, fai-te cun gravatar!