* * * *   1 votos

A capa do cómicApós de coñecermos as novas sobre a súa nova série de televisión, ven de se saber que o director español Álex de la Iglesia levará ao cinema ún dos millores cómics de todos os tempos: A marca amarela, o álbum que, protagonizado por Blake & Mortimer, aupou a Edgard P. Jacobs, o seu autor, ao máis alto da Novena Arte.

O mesmo de la Iglesia ven de confirmar a nova no fóro da súa páxina oficial. O proxecto está ainda nun estado embrionário pero todo indica que a película rodará-se en inglés, será protagonizada por Kenneth Branagh (sen dúbida o actor máis indicado para o papel) e será escrita por de la Iglesia coa colaboración do seu guionista habitual, Jorge Guerricaechevarria.

En 1997 xa se produciu unha série de debuxos animados (Blake e Mortimer) cos protagonistas da saga. A marca amarela, así coma os trece álbumes que forman a série de Blake & Mortimer, están editados en español por Norma Editorial e en portugués pola Meribérica e coma é habitual non existe ningún proxecto para traduci-los á nosa língua.



Chúzame! chúzame - menéame menéame - Digg It! digg it!

 

Relacionadas:

Comentários

This entry was posted o Domingo, 27th Abril 2008 ás 8:07 am na categoría de Cinema. You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. Podes deixar unha resposta ou ligar-nos dende o teu sítio web.
1 comentário

  1. Luís Graça on 29 Outubro 2008 8:42 pm

    Olá, amigos galegos.

    Sou um jornalista e escritor português de Lisboa que gosta muito da Galiza, onde já esteve por várias vezes.

    Vim aqui parar ao vosso blogue porque estou a dar um curso de Escrita Criativa, a partir de álbuns de comics.

    Para a semana vamos escrever a partir da leitura de “A marca amarela”, um dos 10 álbuns de comics que eu levaria para uma ilha deserta.

    Por curiosidade, digo-vos os outros álbuns que escolhi para o meu curso: “A balada do mar salgado” (Hugo Pratt); “Astérix e o Caldeirão” (Goscinny/Uderzo); “A trompa de névoa” (Cavaleiro Ardente, de François Craenhals); “Clic 1″ e “Clic 2″ (Milo Manara).

    Também gosto muito dos álbuns de Prado, que tive o prazer de conhecer na Amadora. E o desprazer de não encontrar o ano passado em Beja, onde estava prevista a sua presença, no festival de Comics.

    A semana passada conheci a Fátima Elias e o Jesus Pesquero, das Bibliotecas da Corunha, num seminário sobre Bibliotecas e Comics.

    Grande abraço.

O teu nome (obrigatório)

E-mail (obrigatório)

Páxina web

Di-nos o que pensas

Breves
  • A recentemente estreada Quantum of Solace levou-se esta pasada fin de semana a meridande parte dos espectadores que acodiron ás salas de cinema e recadou 70,4 millóns de dólares, case 30 millóns máis cá súa predecesora, o filme de 2006 Casino Royale.

  • A Faculdade de Ciéncias e Tecnoloxía da UPV deu a coñecer o nome do gañador do prémio Alberto Magno 2008. Santiago García Albás foi o gañador con La parte del Ángel mentres que o cubano José Miquel Sánchez foi o segundo con Espuelas de Microván.

  • Guillermo del Toro confirmou que está atrás do remake de O Orfanato e que está ademáis a engadir un novo proxecto á súa longuísima lista: Pinocho, que seica será un filme con monicreques de tamaño real.

  • Os irmáns Marlan e Shawn Wayans están a rematar o terceiro esbozo de guión para a súa versión da clásica sitcom dos anos 50 Os Munsters. Os guionistas, produtores e actores non participarán no reparto deste filme, descrito coma o reinício dos persoaxes clásicos.

  • As candidaturas aos Prémios do Cinema Europeo de 2008 foron presentadas este sábado en Sevilla e o filme español de terror O Orfanato acadou catro nominacións. O vindeiro 6 de decembro coñecerán-se os gañadores en Copenhagen (Dinamarca).

  • O Quantum of Solace de James Bond regresou esta fin de semana cun abraiante récord nos despachos de billetes de 38,6 millóns de dólares obtidos en Inglaterra, Franza e Suécia. O novo de 007 arrasou o anterior récord no Reino Unido que tiña Harry Potter e o Cáliz de Fogo con 25,3 millóns e obtivo nada menos ca o 70% do mercado de espectadores que acodiron ao cinema.

  • O remake que Rob Zombie fixo en 2007 do filme Halloween terá unha secuela. O produtor Malek confirmou os seus plans para unha segunda parte, coa preprodución agardada para o mes de xaneiro. A rodaxe escomezará en marzo.

  • Stephen Graham completará o reparto de actores para o filme de terror da Relativity Season of the Witch. Nicolas Cage e Ron Perlman serán os protagonistas deste filme cuxa rodaxe escomezará este mes en Áustria e Hungría.

    •